Wikipedia en inglés simple
| Wikipedia en inglés simple | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||
A Wikipedia en inglés simple, como o propio nome xa di, usa a lingua inglesa na súa forma máis simple e accesíbel ao usuario que non ten esa lingua como lingua nai. Os artigos da Wikipedia en inglés simple poden ser usados para axudar en tarefas escolares ou soamente para o desfrute de aprender sobre novas ideas. Wikipedistas con pouco coñecemento do inglés tamén poden traducir a partir dos artigos dela.
Esta versión da enciclopedia contén 285.723 artigos e 1.865.737 usuarios, dos cales 3.314 son activos.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Artigos da Wikipedia en inglés simple conteñen menos palabras e gramática máis doada que a Wikipedia en inglés común. A Wikipedia en inglés simple serve para persoas con diferentes necesidades, como estudantes, nenos, adultos con dificultade de aprendizaxe e estudantes de inglés. Outras persoas empregan esta Wikipedia porque a súa linguaxe simple lles axuda a comprender ideas científicas ou complexas.
Cando a Wikipedia en inglés simplificado comezou, a Wikipedia en inglés común xa tiña 150.000 artigos, e sete Wikipedias noutras linguas tiñan cada unha máis de 15.000 artigos. Xa que as outras Wikipedias teñen actualmente tantos artigos, a maior parte dos artigos en inglés simplificado están traducidos doutras Wikipedias, é dicir, dificilmente son creados novos artigos para esta Wikipedia.
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]- 7 de abril de 2004: 1.000 artigos.
- 27 de setembro de 2005: 5.000 artigos.
- 30 de xullo de 2006: 10.000 artigos.
- 14 de outubro de 2007: 20.000 artigos.
- 7 de xuño de 2008: 30.000 artigos.
- 3 de novembro de 2008: 40.000 artigos.
- 6 de xaneiro de 2009: 50.000 artigos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en inglés simple |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en inglés simple |