Saltar ao contido

Wikipedia en bretón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en bretón
Logotipo
 Instancia de
 Nome oficial
Wikipedia e brezhoneg (br) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
 Produto ou servizo
 Licenza
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
2004 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02718r7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Wikipedia en bretón (en bretón: Wikipedia e brezhoneg) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua bretoa.

Esta versión da enciclopedia contén 91.110 artigos e 90.875 usuarios, dos cales 133 son activos.[1]

A Wikipedia en bretón creouse en xuño de 2004. En agosto de 2008 tiña máis de 20 000 artigos, sendo a Wikipedia número 56 con maior número de artigos. Chegou aos 30 000 artigos[2] o 25 de outubro de 2009, clasificándose no posto 51 das 250 edición de Wikipedia que existían daquela. En febreiro de 2010, tiña máis de 31 000 artigos, e en abril de 2011, tiña máis de 37 000, situándose no posto 52 segundo o número de artigos. En xullo de 2014 a enciclopedia conseguiu 50 000 artigos, converténdose na Wikipedia número 71 por número de artigos. O 1 de xaneiro de 2017, a cifra superou os 60 000 artigos.

É a segunda meirande Wikipedia dunha lingua celta, só por detrás da Wikipedia en galés e por diante da Wikipedia en irlandés (malia o feito de que esta última teña máis falantes).

Versión de 2006 do logo.

Os artigos están escritos na ortografía peurunvan. Algúns estudantes das escolas Diwan contribuíron[3] fundando clubs de Wikipedia.

Non-Cabale de l'Ouest tamén axudou no desenvolvemento da Wikipedia en bretón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]