Wikipedia en ladino
| Wikipedia en ladino | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
A Wikipedia en ladino (en ladino: Wikipedia per ladin) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua ladina. Foi creada en agosto 2020.[1] A Wikipedia en ladino non debe ser confundida coa Wikipedia en sefardí, cuxo outro nome é ladino.
Esta versión da enciclopedia contén 183.153 artigos e 13.650 usuarios, dos cales 30 son activos.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A Wikipedia en ladino comezou como un proxecto en Wikimedia Incubator no ano 2005.[3] Por mor da existencia de moitos dialectos en lingua ladina e a escasa difusión do ladino padrón, tomou moito tempo convertelo nun proxecto definitivo de Wikipedia: uns 15 anos dende a creación do proxecto e 3 anos dende o inicio da participación das institucións.[4][5] Acadou os seus primeiros 1000 artigos o 14 de novembro de 2019, mentres aínda era unha wiki test en Wikimedia Incubator.[6]
Características
[editar | editar a fonte]Os artigos poden ser escritos en ladino padrón (ladino dolomitano) ou nun dos cinco dialectos existentes: Gherdëina, Badiot, Fascian, Fodom, Anpezan (os dous últimos case nunca son usados).[7]
Debido a razóns lingüísticas, está estreitamente relacionada coa Wikipedia en romanche e coa Wikipedia en friulano.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Al é nasciü la Wikipedia Ladina – La Usc di Ladins". www.lausc.it (en Ladin). Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2020. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ "Wp/lld – Wikimedia Incubator". incubator.wikimedia.org. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ SPA, Südtiroler Informatik AG | Informatica Alto Adige. "Tutti i comunicati | Sezione | Amministrazione provinciale | Provincia autonoma di Bolzano – Alto Adige". Amministrazione provinciale (en italiano). Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Internet ladin – La Usc di Ladins". www.lausc.it (en lld-lld). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2021. Consultado o 20 de decembro de 2020.
- ↑ "Café ladin – Wikimedia Incubator – 1000 articles". incubator.wikimedia.org. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ Redazione. "WIKIPEDIA IN LADINO | Portale Radio e TV" (en italiano). Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "E' nata Wikipedia in ladino – TGR Trento". TGR (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2021. Consultado o 19 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en ladino |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en ladino |