Wikipedia en éuscaro
Wikipedia en éuscaro | |
---|---|
Logo da Wikipedia en éuscaro. | |
Portada da Wikipedia en éuscaro do ano 2016. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Éuscaro |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 6 de decembro do 2001 |
Na rede | |
https://eu.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en éuscaro (en éuscaro: Euskarazko Wikipedia;[1] ou Euskal Wikipedia), é a edición en éuscaro da Wikipedia. O 18 de xullo de 2018 acadou os 300.000 artigos. Esta versión da enciclopedia contén 448.553 artigos e 167.931 usuarios, dos cales 777 son activos.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A portada púxose en marcha o 7 de novembro do 2003, aínda que anteriormente o primeiro artigo xa se realizara o 6 de decembro do 2001.
O 25 de xaneiro do 2008 a Wikipedia en éuscaro recibiu o premio ou galardón Sareko Argia do 2008 concedido pola revista Argia, pola súa achega á presenza do éuscaro en Internet.
O 18 de abril do 2011 superou os 70.000 artigos. Ese mesmo día a Wikipedia en éuscaro superou en cantidade os artigos da Wikipedia en galego (70.762 artigos), tornándose a cuarta Wikipedia das escritas en linguas que se falan na Península Ibérica trala Wikipedia en castelán, a Wikipedia en portugués e a Wikipedia en catalán. A Wikipedia en vasco sitúase no terceiro lugar de Wikipedias en linguas que se falan en Francia por detrás da Wikipedia en francés e da Wikipedia en catalán, por diante da Wikipedia en bretón, a Wikipedia en occitano ou a Wikipedia en corso.
O 19 de setembro do 2014 chegou aos 200.000 artigos.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Txokoa
[editar | editar a fonte]En xullo do 2009 reorganizouse a sección Txokoa ("O Recuncho", similar á sección "A Taberna" doutras wikipedias) da Wikipedia e trala correspondente proposición e votación engadíronse a esta novas seccións.
Portais
[editar | editar a fonte]A inicios do ano 2010 a Wikipedia en éuscaro tiña 12 portais realizados polos seus usuarios, centrados en países, linguas e historia.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]Número de artigos | Ano |
---|---|
1.000 | 2004 |
10.000 | 2006 |
20.000 | 2007 |
30.000 | 2008 |
50.000 | 2009 |
60.000 | 2010 |
120.000 | 2011 |
130.000 | 2012 |
200.000 | 2014 |
250.000 | 2016 |
300.000 | 2018 |
Logos
[editar | editar a fonte]Á parte do logo principal superior, a Wikipedia en éuscaro adoita utilizar diferentes logos, xa sexa pola Euskal Astea ou para celebrar calquera outro acontecemento ou celebración importante no País Vasco:
-
Logo da Euskal Astea ("Semana Vasca").
-
Logo da Euskal Astea, 2009.
-
Logo dos 25.000 artigos da Wikipedia Vasca.
-
Logo dos 50.000 artigos.
-
Wikipedia en éuscaro. 2008.
-
Logo antigo da Wikipedia en éuscaro utilizado ata o ano 2010.
-
Premio Argia concedido pola revista Argia.[3]
-
10 anos da Wikipedia en éuscaro.
-
Logo dos 200.000 artigos da Wikipedia en éuscaro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Idoia Etxeberria (24 de abril de 2008). "Jakintza eta auzolana". Berria. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2009.
- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ Argia.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en éuscaro |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en éuscaro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jakintza eta auzolana (en galego, O saber e o traballo en equipo). Noticia no diario Berria. (en éuscaro)
- Euskarazko Wikipediak behar zaitu. (en galego, A Wikipedia en éuscaro necesítate)Arquivado 12 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.. Noticia no diario Gara. (en éuscaro)
- Enziklopediak, euskal wikipediaren behar eta hutsune nagusiak antzematen. (en galego, A Enciclopedia, buscando as principais necesidades e baleiros da enciclopedia vasca). Noticia no suplemento Gaur8 do diario Gara. (en éuscaro)
- Documental sobre a Wikipedia en éuscaro, emitido o 9 de xuño de 2010 na cadea de televisión ETB3. (en éuscaro)