Saltar ao contido

Wikipedia en scots

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en scots
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome oficial
Scots Wikipaedia (sco) Editar o valor en Wikidata
 Lingua
 Alfabeto
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Economía e industria
 Produto ou servizo
Datas
 Fundación / creación
23 de xuño de 2005 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0gttt6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Wikipedia en scots (en scots: Scots Wikipaedia) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua scots. Foi creada o 23 de xuño de 2005, e acadou os 1 000 artigos en febreiro de 2006, e os 5 000 en novembro de 2010. A Wikipedia en scorts é unha das oito Wikipedias escritas nunha lingua ánglica ou nun pidgin/crioulo baseado no inglés, sendo as outras a Wikipedia en inglés, a Wikipedia en inglés simple, a Wikipedia en anglosaxón, a Wikipedia en pitcairnés, a Wikipedia en tok pisin, a Wikipedia en patois xamaicano e a Wikipedia en sranan tongo.

En agosto de 2020, esta edición en scots recibiu o escrutinio dos medios de comunicación pola mala calidade dos seus escritos e descubriuse de que polo menos 20.000 artigos foran escritos por un editor que non falaba o idioma. Esta atención levou a unha revisión máis ampla do contido da wiki por falantes escoceses e editores da comunidade Wikipedia.[1] Elimináronse a maioría dos artigos deste usuario, o que levou a unha diminución do número total de artigos do proxecto de preto de 55 000 en 2018[2] a arredor de 40 000 en 2021.

Esta versión da enciclopedia contén 34.221 artigos e 125.819 usuarios, dos cales 142 son activos.[3]

  1. Harrison, Stephen (2020-09-09). "What Happens to Scots Wikipedia Now?". Slate Magazine (en inglés). Consultado o 2020-10-11. 
  2. "Wikipedia Statistics - Tables - Scots". stats.wikimedia.org. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2021. Consultado o 2021-06-21. 
  3. "List of Wikipedias". meta.wikimedia.org. Wikimedia Foundation. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]