Wikipedia en zulú
| Wikipedia en zulú | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
A Wikipedia en zulú é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua zulú. Foi creada en novembro de 2003, conseguindo 186 artigos o 13 de maio de 2009, e 766 o 25 de abril de 2016, sendo daquela a edición 247 segundo o número de artigos.[1]
Esta versión da enciclopedia contén 12.298 artigos e 26.162 usuarios, dos cales 57 son activos.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Malia que foi a terceira lingua africana en chegar aos 100 artigos,[3] o seu progreso foi lento, e foi superada por outras linguas africanas.
Como a lingua zulú é mutuamente intelixible coa lingua xhosa, xa que ambas son linguas nguni, é posible que os artigos na edición en xhosa sexan facilmente traducidos ao zulú.
En xaneiro de 2012, a Wikipedia en zulú foi proposta para o seu peche. A proposta foi rexeitada en marzo de 2012.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ List of Wikipedias
- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ "IOL SciTech". Arquivado dende o orixinal o 2008-01-15. Consultado o 2009-05-13.
- ↑ Proposals for closing projects/Closure of Zulu Wikipedia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en zulú |
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en zulú |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wikipedia en zulú (en zulú)
- Wikipedia en zulú (móbil) (en zulú)