Saltar ao contido

Inglés simple

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O inglés simple (en inglés, Simple English) é unha lingua controlada, isto é, un idioma artificial baseado na simplificación do vocabulario e da gramática dunha lingua natural, neste caso do inglés, e que xurdiu para a súa utilización nos documentos e manuais de mantemento na industria aeroespacial.

A finais da década de 1970 a AEA (Association of European Airlines, ou Asociacións das Liñas Aéreas Europeas) indagaron coa AECMA (European Association of Aerospace Industries, ou Asociación Europea de Industrias Aeroespaciais) a maneira de mellorar a lexibilidade da documentación de mantemento na industria da aviación civil. AECMA consultou o tema coa AIA (Aerospace Industries Association, ou Asociación de Industrias Aeroespaciais) de Estados Unidos coa finalidade de obter asistencia a este proxecto. O resultado do esforzo fixo que se declarase o que se denomina a AECMA Simplified English Guide (guía de inglés simplificado da AECMA).

O 15 de febreiro de 1986 escribiuse o primeiro conxunto de regras para a escritura de documentos. Continuouse coa súa elaboración e refinado das propostas até que o día 15 de xaneiro de 2005 se escribiu a primeira versión da especificación, nun documento denominado ASD-STE100.

Características

[editar | editar a fonte]

O principal obxectivo do inglés simple é manter os textos tan lexíbeis e simples como sexa posíbel. Cando se escriben frases neste idioma, débese facer que a complexidade dependa só do contido, non da estrutura da frase.

Todos aqueles que apoian esta lingua mencionan entre as súas vantaxes:

  • Reduce a ambigüidade.
  • Promove a comprensión daquelas persoas cuxo idioma materno non é o inglés.
  • Fai que as traducións sexan máis sinxelas e baratas.
  • Facilita a tradución automática.

O inglés simple baséase no inglés básico (Basic English) de C. K. Ogden, sendo máis estrito no uso de construcións gramaticais ao tempo que é máis laxo á hora de aceptar vocabulario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]