Wikipedia en wolof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en wolof
Logo da Wikipedia en wolof.
Tipoenciclopedia en liña
ComercialNon
RexistroOpcional
LinguasWolof
LicenzaCreative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada
Licenza de documentación libre de GNU
PropietarioWikimedia Foundation
Lanzamento2005
Na rede
https://wo.wikipedia.org/

A Wikipedia en wolof é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua wolof. A Wikipedia en wolof foi creada a comezos de 2005, xunto coa Wikipedia en bambara e a Wikipedia en fula. En abril de 2007, Ibrahima Fall (nome de usuario Ibou), un estudante senegalés que vive en Italia, comezou a engadir contido subtancial á Wikipedia en wolof.[1] En novembro de 2007 tiña 500 artigos, e en agosto de 2015 contaba con 1028 artigos.[1][2]

Esta versión da enciclopedia contén 1.693 artigos e 15.456 usuarios, dos cales 15 son activos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Lih, Andrew. The Wikipedia Revolution: How a Bunch of Nobodies Created the World's Greatest Encyclopedia. Hyperion, Nova York. 2009. Primeira edición. ISBN 978-1-4013-0371-6. p. 158.
  2. "List of Wikipedias". Meta. Consultado o 2017-12-28. 
  3. All Wikipedias ordered by number of articles

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]