Saltar ao contido

Wikipedia en xaponés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Wikipedia en xaponés
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Nome oficial
ウィキペディア日本語版 (ja) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
 Alfabeto
 Produto ou servizo
 Licenza
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
Datas
 Fundación / creación
11 de maio de 2001 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/019w2t Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Wikipedia en xaponés (en xaponés: ウィキペディア日本語版; Wikipedia Nihongo-ban) é a edición xaponesa de Wikipedia, unha enciclopedia libre e aberta. Esta edición é a oitava máis grande despois da Wikipedia en inglés, alemán, francés, polaco, italiano, español e ruso. Comezou en marzo de 2001, e esta versión da enciclopedia contén 1.497.714 artigos e 2.603.883 usuarios, dos cales 24.856 son activos.[1]

En marzo de 2001 creáronse tres novas Wikipedias: a alemán, a catalá, e a xaponesa. A páxina orixinal http://ja.wikipedia.com estaba escrita en rōmaji, posto que o software non permitía caracteres xaponeses.

O primeiro artigo foi "Nihongo Non Funimekusu" (aínda que era incorrecto, probablemente quería dicir onso taikei, fonoloxía) e estaba escrito en rōmaji.

O 1 de setembro de 2002, o software foi actualizado á "Fase III" e os artigos foron trasladados á nova versión. Foi neste punto no que se traduciu o software interface ao xaponés.

O 17 de decembro de 2009, a Wikipedia en xaponés é excedida pola Wikipedia en italiano con pouco máis de 639 000 artigos, o 22 de marzo de 2011 é superada pola Wikipedia en español con pouco máis de 740 000 artigos, o 21 de setembro de 2011 é superada pola Wikipedia en ruso con pouco máis de 769 000 artigos e o 21 de outubro pola Wikipedia en neerlandés con pouco máis de 773 000 artigos.

A Wikipedia en xaponés, é a Wikipedia con máis contribucións anónimas de entre as dez maiores Wikipedias.[2]
  1. All Wikipedias ordered by number of articles
  2. Ver Wikistats, ja, en, de, fr (31 de maio de 2008; English stats updated to October 2006, German February 2008).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]