Saltar ao contido

Recursividade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anuncio de cacao cunha imaxe recursiva. A muller mostra un paquete idéntico ó do propio anuncio, contendo así a outra muller que mostra outro paquete máis pequeno, de forma recursiva.
Imaxe recursiva formada por un triángulo. Cada triángulo está composto doutros máis pequenos, compostos á súa vez da mesma estrutura recursiva.

A recursividade, ou recursión, é a propiedade pola cal un proceso, estrutura ou definición se aplica a si mesma de maneira autosemellante, é dicir, que se pode repetir un número indefinido de veces.[1] O termo emprégase en diversas disciplinas, como a lingüística, a lóxica, as matemáticas ou as ciencias da computación.[2][3]

En matemáticas e informática, a recursividade refírese a un método de definición no que unha función ou obxecto se describe facendo referencia a si mesmo, sempre que exista unha condición inicial que evite unha cadea infinita de repeticións.[4] Especificamente, defínense un número potencialmente infinitos de puntos para unha función utilizando unha expresión finita que pode referirse a outros puntos da función, sempre que ocorra dun xeito no que non poida suceder unha cadea infinita de referencias. É dicir, isto permite definir conxuntos ou operacións infinitas mediante regras finitas.

Na lingüística, a recursividade é a capacidade dunha lingua para inserir unha estrutura dentro doutra do mesmo tipo, como ocorre cando unha frase contén outra frase, o que posibilita crear expresións de complexidade potencialmente ilimitada.[5]

Definición formal

[editar | editar a fonte]

En matemáticas e ciencia da computación, unha serie ou clase de obxectos exhiben un comportamento recursivo se poden definirse coas seguintes dúas propiedades:

  1. Existe un caso base (ou varios) simple.
  2. Hai un conxunto de regras que reducen tódolos outros casos a un caso base.
  1. "RECURSIVO". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2025-10-13. 
  2. Dean, Walter; Naibo, Alberto (2025). Zalta, Edward N.; Nodelman, Uri, eds. Recursive Functions (Summer 2025 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  3. "Mathematics for Computer Science. Spring 2015; MIT" (PDF). ocw.mit.edu (en inglés). 
  4. "Apontamentos/ Recursividade" (PDF). www.dcc.fc.up.pt. Consultado o 13 de outubro de 2025. 
  5. S.A, Priberam Informática. "recursividade". Dicionário Priberam da Língua Portuguesa (en portugués). Consultado o 2025-10-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

----

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.