Memoria principal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A memoria principal son circuítos integrados capaces de almacenar información dixital, ós que teñen acceso o microprocesador do equipo de computación. Poseen unha menor capacidade de almacenaxe que a memoria secundaria, pero unha velocidade millóns de veces superior. Nos ordenadores son empregados dous tipos destes dispositivos:

  • Memoria ROM: almacena códigos de programas gravados en fábrica, ás veces protexidos por dereitos de autor.
  • Memoria RAM: almacena datos que poden ser escritos e borrados atendendo ós procesos de computación

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.