Conversa Wikipedia:Homónimos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Observacións[editar a fonte]

Só uns detalles. A páxina Albino paréceme discutible como homónimo e non é o mellor exemplo. Realmente só tería o homónimo do mutante albino (con ausencia de melanina), un concello de Italia, e o nome Albino, pero este só como nome, é dicir, para explicar a etimoloxía da que procede como nome ou curiosidades sobre o mesmo (páxina sen facer). Os demais Albinos son persoas con nomes e APELIDOS, polo que non son homónimos, xa que as páxinas terán que ter como nome Albino Pérez, ALbino III, Albino Sánchez etc. Esta reflexión debería máis ben estar na páxina de homónimos Albino, pero póñoa aquí porque xusto se elixiu como exemplo nesta páxina. Por outro lado, o número de ligazóns para saber o tema primario pode ser un bo indicador en wikipedias con moitas páxinas, pero na nosa, que aínda non ten tantas, ás veces ter poucas ligazóns significa simplemente que case ninguén fixo páxinas sobre un tema concreto e non que o tema non sexa importante. Outras veces hai temas que son tan xerais e elementais, que non se ligan sempre, senón só en determinados casos. Por exemplo, a palabra célula (bioloxía) aparece case en cada páxina sobre bioloxía e podería ter miles de ligazóns, pero na práctica ten menos, porque ao ser un termo tan elemental moitas veces non se pon a ligazón, porque non se cre necesaria, agás en casos que sexa especialmente útil. Outras veces un termo xa queda "collido" como nome de páxina simplemente porque se fixo primeiro, e despois pode facerse outro homónimo que pode ser máis relevante ou tema primario que o anterior, pero que se fixo despois, e xa hai que poñerlle unha paréntese para diferenciar o título. Moitas veces é difícil saber cal é o tema primario. Nas páxinas con ortografía parecida ou nomes moi parecidos, que se poden confundir, xeralmente abonda con usar un modelo "Non confundir" (por exemplo, tirosina/tiroxina ou cisteína/cistina).--Miguelferig (conversa) 11 de xaneiro de 2016 ás 23:15 (UTC)

Miguelferig, a proposta indica que non hai forma exacta de determinar un tema prioritario e que haberá que debaterlo nos casos en que sexa necesario ata acadar un consenso. Sobre o exemplo de Albino penso que xa é habitual poñer nas páxinas de homónimos que coinciden con antropónimos as persoas que teñen ese nome, aquí e no resto de wikis, mira na inglesa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 09:56 (UTC)
Pois entón habería que facer unha para cada nome. Potencialmente algunhas desas páxinas terían miles de entradas. A min paréceme que as páxinas con igual nome (só o nome de pía, pero distinto apelido) igual poderían estar nunha Categoría, pero como páxina de homónimos non as vexo, sobre todo cando teñen apelidos. Outra cousa son os casos en que non teñen apelidos cono Xoan, o apóstolo, ou Xoán o presbítero, no que a denominación é esencialmente "Xoán", ou o apóstolo Mateo e o mestre Mateo, que son máis coñecidos así.--Miguelferig (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 10:06 (UTC)
Xa te entendo, é o que se fai en Antón (homónimos), creo que tes razón ti Miguelferig, penso que hai que amañar a páxina Albino e quitarlle os artigos de persoeiros. Espero a ver se alguén comenta algo máis e se non amañareino eu nuns días. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 11:32 (UTC)
  • Symbol comment vote.svg Comentario Cambiei o exemplo de Albino cara Afonso I para que quede máis claro. O número de ligazóns é un dos posibles factores listados, pero non ten porque ser determinante. O uso histórico extra-wiki probablemente teña máis peso en moitos casos. O tema primario hai que determinalo caso por caso sempre. {{Non confundir}} xa está indicado e recomendado para os casos de pares de termos de ortografía semellante, pero non é funcional no caso de que haxa máis de dous, ahí faise necesario o uso de homónimos. Banjo tell me 12 de xaneiro de 2016 ás 12:01 (UTC)
Si, está mellor, penso, o exemplo de Afonso I.--Miguelferig (conversa) 12 de xaneiro de 2016 ás 16:12 (UTC)

Propostas[editar a fonte]

A min non me parece correcto que os concellos galegos teñan que ocupar o nome principal (tema primario) por defecto, aínda que haxa outros artigos igual ou máis importantes ca eles, como Avión, Barro e Touro que son "cousas" comúns. Ou por haber outro concello que se chame igual como Sada e Sada, Navarra. E tampouco me gusta que nas páxinas de concellos, e lugares, a aclaración vaia despois dunha coma en vez de entre parénteses, por exemplo Sada, Navarra en vez de Sada (Navarra). Non me gusta sobre todo porque ó poñer unha ligazón interna, a Wikipedia autocompleta o que vai despois da barra vertical, engadindo só o que non está no parénteses. Por exemplo ó escribir [[avión (medio de transporte)|]] autocompleta a [[avión (medio de transporte)|avión]]. Isto foi un costume que creo que se copiou da Wikipedia inglesa. Pero en cambio case todas as Wikipedia empregan os parénteses entre elas a española, portuguesa, catalá, éuscara, occitana, francesa, italiana, alemá, neerlandesa, polaca, rusa, usbeca e húngara. En cambio a coma só a empregan a Wikipedia inglesa e algunhas Wikipedias máis pero que as editan poucos usuarios e copian as formas da Wikipedia inglesa, como as Wikipedias vietnamita, malaia e waray-waray ou samareño. Así creo que na votación podería haber tres apartados, un para aprobar a páxina Wikipedia:Homónimos e outros dous para propoñer incluír as miñas propostas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de xaneiro de 2016 ás 08:59 (UTC)

Symbol comment vote.svg Comentario Separo en temas:

  • Concellos galegos como tema primario: Collendo algúns dos exemplos, Avión (medio de transporte) ten bastantes posibilidades de ter máis "peso" que Avión como tema primario. Pero iso hai que revisalo en cada caso. O máis axeitado é tratalo individualmente nas conversas dos artigos correspondentes, ou se hai varios a tratar en conxunto facer unha proposta, preferiblemente na taberna primeiro, se non hai consenso claro pois a votación. A proposta deste texto é para definir unha guía de como determinar o tema primario, pero os casos concretos deberán determinarse de forma independente.
  • Topónimos con comas no canto de parénteses: Isto ven definido en Wikipedia:Toponimia. Sería cuestión de propoñer unha modificación nesa norma de considerarse máis axeitado o uso de parénteses para esos casos. De novo entendo que debería ser unha proposta independente, xa que afecta a outra norma anteriormente xa establecida.

Para calquera destas dúas cuestións eu recomendaría consultalo antes na taberna, pero se consideras necesarias esas votacións podes inicialas en calquera momento, non teñen por que ser necesariamente dependentes do texto desta proposta. Banjo tell me 12 de xaneiro de 2016 ás 12:18 (UTC)

Antes publiquei isto en na taberna e Estevo(aei) mandoume publicalo aquí. Xa, xa sei, pero xa que se vai a votar sobre a homonimia, crin que se podería aproveitar para facer todo xunto. Pois cando acabe a túa votación abro outra para tratar o da coma e parénteses. E o dos artigos galegos, pois proporeino na taberna. @Banjo:. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de xaneiro de 2016 ás 21:32 (UTC)
Outro exemplo similar a Avión e avión é Ceilán (un par de lugares de parroquias de Galicia pouco coñecidos), e o país Ceilán (Sri Lanka desde 1972), moito máis coñecido. Penso que a redirección Ceilán debería ir a Sri Lanka e non ser unha páxina de homónimos (a de homónimos debería ser "Ceilán (homónimos)").--Miguelferig (conversa) 15 de xaneiro de 2016 ás 21:10 (UTC)