Saltar ao contido

Rumble Fish

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rumble Fish
Stewart Copeland Editar o valor en Wikidata
 Título
Rumble Fish Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua orixinal
 Cor
 Formato de imaxe
Autoría
 Interpretado por
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
Temática
 Ambientado en
 Baseado en
 Inspirado na obra de
 Personaxes
Smokey (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Publicación
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Custo
10.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Formato de distribución
Datas
 Data de publicación
21 de outubro de 1983 (Brasil, Canadá, Estados Unidos de América)
3 de agosto de 1984 (Alemaña)
1983 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración91 min e 94 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Puntuación da crítica
63/100 Metacritic (5 de xaneiro de 2026)
6.3/10 Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021)
74% Rotten Tomatoes (6 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Identificadores
VIAF192613458 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0000-6F44-0000-H-0000-0000-N Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/026rdr Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: tt0086216 Filmaffinity: 224690 Allocine: 290 Rottentomatoes: m/rumble_fish Mojo: rumblefish Allmovie: v42295 TCM: 88745 Metacritic: movie/rumble-fish TV.com: movies/rumble-fish Netlix: 923565 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Rumble Fish é un filme estadounidense de 1983 dirixido por Francis Ford Coppola. Participou no Festival Internacional de Cinema de Donostia, onde obtivo a Cuncha de Ouro ao mellor filme.

Características

[editar | editar a fonte]

A película está baseada na novela homónima da autora adolescente Susan E. Hinton. Apenas uns meses antes sorprendera a Hinton o éxito de Rebeldes[1] (The Outsiders), tamén levada á gran pantalla por Coppola no mesmo ano de 1983.

Rumble Fish foi cualificada polo propio director como “de arte e ensaio para adolescentes[2]”. Tivo unha mala acollida comercial[3][4] nos Estados Unidos que contrastou co éxito, tanto de crítica como de portelo, nas salas europeas.

A banda de Rusty James (Matt Dillon) vese envolvida nunha pelexa coa banda rival. No momento de maior violencia da lea aparece “The Motorcycle Boy” (Mickey Rourke), o irmán máis vello de Rusty James que se convertera en lenda marxinal, en realidade un decadente heroe aborrecido da vida ao que Rusty James quere desesperadamente imitarse. Tras o rescate do irmán vemos vagar as personaxes, sen aparente saída, por escenarios de drogadicción, abandono e delincuencia.

Significación

[editar | editar a fonte]

A aposta da crítica pola perdurabilidade de Rumble Fish apunta en varias direccións[5][6][7][8]: o virtuosismo de certas escenas, o uso dramático do branco e negro e das incrustacións de imaxes en cor, a banda sonora (Stewart Copeland) e especialmente as reflexións sociais ou filosóficas -sobre a familia, sobre a miseria, sobre o tempo, sobre os modelos heroicos...-, por veces tinguidas de ironía.

Rumble Fish supón un achado de actrices -Diane Lane- e de novos actores –daquela érano Matt Dillon e Mickey Rourke e na lista figura, por exemplo, Nicolas Cage-. Tense destacado tamén o papel dos secundarios, algún habitual das preferencias coppolianas (Dennis Hopper) e outros coma Tom Waits.

  1. Xuvenil Alfaguara, tradución de Antón Palacio, 1989, 185 pp. ISBN 84-204-5061-8.
  2. "Cine Archivo // Ficha Película". www.cinearchivo.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-12. 
  3. "Folha de S.Paulo - Coppola dá duas versões do sonho americano - 2/2/1994". www1.folha.uol.com.br. Consultado o 2020-04-12. 
  4. "amemóriadotempo: Rumble Fish – Juventude Inquieta". amemóriadotempo. quarta-feira, 12 de novembro de 2014. Consultado o 2020-04-12. 
  5. Bastenier, M. A. (2008-02-07). "'La ley de la calle', Rusty no estuvo allí". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-12. 
  6. ""O Selvagem da Motocicleta": a utopia rebelde em um aquário". cinematório (en portugués). 2018-07-09. Consultado o 2020-04-12. 
  7. Clarín.com. ""La ley de la calle", por Netflix: Una (gran) pequeña obra maestra". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2020-04-12. 
  8. Delorme, Stéphane. (2007). Francis Ford Coppola. Madrid: El País. ISBN 978-84-9815-954-7. OCLC 804152224. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]