Vilachá, Pereira, O Pino
Coordenadas: 42°53′54″N 8°22′53″O / 42.898208333333, -8.3814194444444
Vilachá | |
---|---|
![]() Casa no centro de Vilachá con fonte ou bebedoiro | |
Parroquia | Pereira |
Concello | O Pino |
Poboación | 76 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vilachá é unha aldea de parroquia de Pereira, no concello do Pino, a menos de 200 m ao sur da estrada nacional N-547, que vai de Lugo a Santiago, a uns 700 m ao sur do Camiño de Santiago e a uns sete quilómetros ao leste do aeroporto internacional de Lavacolla. Segundo o IGE[1], en 2019 tiña 76 habitantes (38 homes e 38 mulleres).
Trátase dunha zona rural de pouca pendente, numerosos regatos e unha vexetación conformada principalmente por eucaliptos, piñeiros e, aínda que en menor medida, carballos. Ao igual que no resto de parroquias do concello do Pino, son frecuentes en Vilachá os agros de millo e verza. Apenas a 600 m ao sur discorre o río Brandelos, que nesta parte acaba por adentrarse no concello de Touro.
Outros topónimos desta área próxima a Vilachá son, ao norte, Cotera (que estriba o Castro de Amenal), ao leste a Fonte Peña de Arca (a 170 m da rúa da Casilla, no Pedrouzo) e a Corredoira do Monte, e, por fin, ao sueste, en dirección ás terras do concello de Touro, os topónimos de Debaixo das Quenllas e As Fontiñas (en dirección á ermida de San Cidre ou Sidro, en Bama).
Esta localidade conta con varios exemplos de hórreos tipo O Pino.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Hórreo tipo O Pino en Vilachá
Casa de cachotaría reconstruída con ladrillo (feísmo de fagocito con paries nudum)
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Pereira[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Pereira no concello do Pino (Provincia da Coruña) | |
---|---|
A Alta de Pereira | Alvarín | Alvite | O Amenal | O Ameneiral | O Castro | Cimadevila | A Igrexa | Vilachá |
Parroquias do Pino[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2021. Consultado o 28 de abril de 2021.