Viber
| Viber | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| Características | |||||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||||
|
Versións
20.4.0 versión estábel (4 de xullo de 2023)
14.9 versión estábel (16 de marzo de 2021) 15.8.0.15 versión estábel (7 de agosto de 2021) 15.0 versión estábel (30 de marzo de 2021) 15.1.0 versión estábel (17 de abril de 2021) 15.2.0 versión estábel (29 de abril de 2021) 15.8.0.6 versión estábel (29 de xullo de 2021) 15.7.0.3 versión estábel (15 de xullo de 2021) 15.6.0.1 versión estábel (2 de xullo de 2021) 15.7.0.5 versión estábel (16 de xullo de 2021) 15.6.0.5 versión estábel (2 de xullo de 2021) 15.6.5.1 versión estábel (11 de xullo de 2021) 15.5.0.15 versión estábel (21 de xuño de 2021) 15.2.1 versión estábel (30 de abril de 2021) 15.4.0 versión estábel (27 de maio de 2021) 15.9.0.2 versión estábel (19 de agosto de 2021) 13.3.1.22 versión estábel (7 de xullo de 2021) 15.9.0.5 versión estábel (20 de agosto de 2021) 15.9.0 versión estábel (19 de agosto de 2021) 15.3.0 versión estábel (16 de maio de 2021) 15.8.0 versión estábel (1 de agosto de 2021) 15.7.0 versión estábel (15 de xullo de 2021) 15.5.0 versión estábel (16 de xuño de 2021) 15.7.1 versión estábel (20 de xullo de 2021) 15.5.5 versión estábel (29 de xuño de 2021) 15.6.0 versión estábel (4 de xullo de 2021) 19.0.0.1 versión estábel (1 de decembro de 2022) 15.9.0 versión estábel (17 de agosto de 2021) 15.7.0.24 versión estábel (15 de xullo de 2021) 15.1.0.5 versión estábel (19 de abril de 2021) 15.0.0.0 versión estábel (29 de marzo de 2021) 15.2.0.0 versión estábel (29 de abril de 2021) 15.3.0.5 versión estábel (17 de maio de 2021) 15.4.0.6 versión estábel (28 de maio de 2021) 6.8.0 versión estábel (17 de maio de 2017) 20.2.0 versión estábel (12 de xuño de 2023) 20.4.0.0 versión estábel (30 de xuño de 2023) 6.5.5 versión estábel (20 de xaneiro de 2017) 20.4.3.0 versión estábel (2 de xullo de 2023) 20.3.0.1 versión estábel (14 de xuño de 2023) 15.8.0.1 versión estábel (2 de agosto de 2021) 15.5.0.0 versión estábel (17 de xuño de 2021) 15.7.0.24 versión estábel (15 de xullo de 2021) 15.4.1 versión estábel (4 de xuño de 2021) 15.4.0 versión estábel (28 de maio de 2021) 15.5.0.0 versión estábel (17 de xuño de 2021) 15.6.0.3 versión estábel (1 de xullo de 2021) 15.6.0.3 versión estábel (1 de xullo de 2021) 15.3.0 versión estábel (18 de maio de 2021) 14.9.1.0 versión estábel (19 de marzo de 2021) 15.2.0.0 versión estábel (29 de abril de 2021) 15.8.0.1 versión estábel (29 de xullo de 2021) 15.9.0.1 versión estábel (17 de agosto de 2021) 18.8.0.0 versión estábel (3 de novembro de 2022) | |||||||||||
|
Licenza
| |||||||||||
|
Plataforma
| |||||||||||
|
Linguaxe de programación
| |||||||||||
|
Dispositivo de entrada
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
Viber é unha aplicación para GNU/Linux, Windows, macOS, iOS, Android, Windows Phone, Blackberry, Nokia, Bada e Firefox que permite ás persoas usuarias realizar chamadas gratuítas de teléfono e enviar mensaxes de texto de balde a calquera persoa que teña a aplicación instalada. Viber funciona en redes 3G, 4G e WiFi.
Viber Media é unha empresa con sede en Chipre con centros de desenvolvemento en Belarús e Israel.
Algúns medios alertaron sobre os riscos no uso de Viber debido ao pouco respecto polo dereito á privacidade dos seus usuarios, xa que, por exemplo, a aplicación almacena a información sobre os seus contactos.[1][2][3] É posible, porén, solicitar a Viber a eliminación de devandita información, aínda que a eliminación real dos datos persoais evidentemente queda a vontade da empresa e sen forma de que a persoa usuaria a verifique. A plataforma de Viber contaba en 2013 cunha base de datos de 200 millóns de usuarios activos, segundo declaracións do seu fundador, o empresario israelí Talmon Marco.[4]
Historia
[editar | editar a fonte]Viber lanzouse o 2 de decembro de 2010 exclusivamente para a plataforma iOS do iPhone, como competencia directa de Skype. Posteriormente, en 2011, realizouse un prelanzamento para a plataforma Android pero cun número de usuarios restrinxido a 50.000; a versión sen restricións lanzouse o 19 de xullo de 2012. A versión de Viber para Blackberry e Windows Phone foi lanzada o 8 de maio de 2012.[5]
Cando se alcanzaron os 90 millóns de usuarios, o 24 de xullo de 2012, agregouse o servizo de mensaxes a grupos e voz en alta definición para Android e iPhone. As versións para as plataformas Series 40 de Nokia, Symbian[6] e Bada[7] de Samsung foron anunciadas o mesmo día.[8]
Inicialmente, a posibilidade de facer chamadas de voz estaba dispoñible só para iPhone e Android, coa promesa de que tamén estaría dispoñible proximamente para as demais platafromas. A limitación estaba fundada en que as bases de Blackberry VOS e Series 40 non soportaban a funcionalidade de VoIP.[9]
Como se prometeu, o 22 de setembro de 2012, a funcionalidade de chamadas con alta definición e mensaxes a grupos estivo dispoñible para Windows Phone e Nokia soamente, como parte dunha asociación exclusiva con Nokia.[10][11]
Viber con voz foi oficialmente presentado para todos os dispositivos con Windows Phone o 2 de abril de 2013.[12]
En agosto de 2013, presentouse ao público Viber para Linux na súa versión beta, aínda que só estaban dispoñibles para descarga executables de 64 bits.[13]
O 13 de febreiro de 2014, Rakuten anunciou que adquirira Viber por 900 millóns de dólares.[14]
Características e funcionamento
[editar | editar a fonte]Entre as funcións principais de Viber atópanse o servizo de chamadas e mensaxaría de texto gratuítas entre usuarios de Viber. Tamén conta cun servizo de videochamada e outras características como o intercambio de ficheiros de imaxes e de son. Á hora de agregar contactos, a plataforma Viber realízao de xeito automático, polo que se se ten un contacto almacenado no teléfono que utiliza Viber, este agregarase.
Versións idiomáticas
[editar | editar a fonte]Viber non está dispoñible en galego e conta con versións en máis de 30 idiomas, entre os cales están o inglés, castelán, catalán, árabe, dinamarqués, chinés tradicional e simplificado, francés, alemán, italiano, ruso, hebreo e portugués.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Viber incluído entre as aplicación que facilitan datos persoais sen autorización". [En castelán]
- ↑ "Malas prácticas de seguridade nos datos de Viber ameazan a privacidade dos usuarios". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 20 de maio de 2016. [En castelán]
- ↑ "Por que non debemos usar Viber". [En castelán]
- ↑ "200.000.000 usuarios de móbil". [En inglés]
- ↑ Viber dispoñible para BlackBerry® e Windows Phone 7 Arquivado 12 de maio de 2012 en Wayback Machine.. [En inglés]
- ↑ "Nokia Store: Baixa Viber e moitos xogos, fondos, tons e aplicacións no teu teléfono Nokia". Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2013. Consultado o 20 de maio de 2016. [En inglés]
- ↑ "Viber para Bada. Mensaxes gratuítas en Samsung Bada". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2013. Consultado o 20 de maio de 2016. [En inglés]
- ↑ "Viber chega a Symbian, S40 e Bada, con chamadas de voz en alta definición e mensaxes a grupos". [En inglés]
- ↑ Por que Viber non terá pronto chamadas de balde para Blackberry? [En inglés]
- ↑ "Viber para teléfonos intelixentes Nokia Lumia na actualización v2.2, engade chamadas de voz en alta definición". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2012. Consultado o 20 de maio de 2016. [En inglés]
- ↑ "Viber chega a Symbian, S40 e Bada, con chamadas en alta definición e con mensaxes a grupos para Nokia Lumia". [En inglés]
- ↑ "Lanzamento de Viber con voz para Windows Phone 8". [En inglés]
- ↑ "A popular aplicación IM/VoIP para móbil Viber dispoñible para Linux". [En inglés]
- ↑ "O xigante xaponés de internet Rakuten adquire Viber por 900 millóns". [En inglés]