Saltar ao contido

WeChat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
WeChat
 Composto por
Implicados
 Distribuidor/a
 Desenvolvedor/a
Características
 Formato de distribución
 Versións
4.1.0.13 versión estábel (31 de outubro de 2025)
8.0.32 versión estábel (6 de xaneiro de 2023)
2.6.3.78 versión estábel (30 de maio de 2018)
8.0.35 versión estábel (25 de abril de 2023)
8.0.40 versión estábel (20 de xullo de 2023)
8.0.50 versión estábel (7 de xaneiro de 2024)
7.0.10 versión estábel (15 de xaneiro de 2020)
2.1
6.6.3 (1260) (9 de febreiro de 2018)
6.0.8
2.3.6
2.1
2.6.1.75 Editar o valor en Wikidata
 Licenza
 Plataforma
 Linguaxe de programación
Datas
 Fundación / creación
21 de xaneiro de 2011 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
2011 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1 de marzo de 2023restrição de acesso (pt) Traduciraxencia gobernamental Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
Identificadores
Freebase/m/0h_9v3h Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+86-95017 e +86-10690700367 Editar o valor en Wikidata
Facebook: wechatapp Twitter: wechatapp Instagram: wechatapp Youtube: UCFkxNvRQLTqFHo2B5sQORVw GitHub: tencent-wechat Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

WeChat ou Weixin (en chinés simplificado: 微信; en pinyin: Wēixìn; en galego: Micromensaxes) é unha aplicación móbil de mensaxería instantánea e pagamento que actúa tamén como rede social. É desenvolvida por Tencent. Foi lanzada por primeira vez en 2011, converténdose na meirande aplicación móbil do mundo en 2018 con máis de mil millóns de usuarios activos ao mes.[1] A versión chinesa de WeChat, Weixin, foi descrita coma unha "aplicación para todo" e unha super-app pola súa gran variedade de funcións.[2] WeChat ofrece servizos de mensaxe de texto e voz, difusión de mensaxes a unha audiencia, videoconferencia, videoxogos, pago móbil, publicación de fotografías e vídeos, así como envío de xeolocalización.

As contas rexistradas usando un número de teléfono chinés son xestionadas pola marca Weixin, e os seus datos son gardados na China baixo os termos de servizo e a política de privacidade de Weixin. Pola súa banda, os usuarios foráneos rexístranse en WeChat, polo que contan cuns termos de servizo máis liberais e unha mellor política de privacidade; así mesmo, os seus datos son xestionados nos Países Baixos (no caso dos usuarios da Unión Europea) ou en Singapur (o resto de usuarios non chineses).[3] Calquera interacción entre usuarios de WeChat e Weixin está suxeita aos termos de servizo e políticas de privacidade de ambas marcas.

Contra 2010, Tencent xa conseguira unha grande base de usuarios co seu programa de mensaxería para ordenadores, QQ. Recoñecendo as posibilidades dos smartphones nese mercado, o seu director executivo Ma Huateng decidiu investir en alternativas ao seu propio servizo, QQ.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]