WhatsApp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
WhatsApp logo.svg
  WhatsApp

Pantalla
Desenvolvedor: WhatsApp Inc.
Última versión: 2.11.7 (12 de decembro de 2013)
Sistema operativo: Android, BlackBerry OS, iOS, Series 40, Symbian e Windows Phone
Xénero: Mensaxería instantánea
Licenza: Pechada
En galego: Si
Sitio web: whatsapp.com

WhatsApp (denominación curta do WhatsApp Messenger) é un servizo de mensaxería instantánea de balde dende 2016 (anteriormente tiña unhas pequenas cotas) para dispositivos móbiles mediante internet. Permite a creación de grupos e o envío de texto, imaxe, son e vídeo. A aplicación está dispoñible para diversos sistemas operativos iOS, Android, BlackBerry OS, Windows Phone e algúns dos dispositivos que utilizan Symbian de Nokia.

WhatsApp é un xogo de palabras da expresión inglesa "What's up?" que vén significando "Que pasa?" ou "Como che vai?".

A empresa californiana foi creada no ano 2009 por Brian Acton e Koum Jan, ambos ex traballadores de Yahoo!. En decembro de 2013, a aplicación acadou os 400 millóns de usuarios activos.

WhatsApp Inc., con base en Mountain View, California, foi comprada por Facebook Inc. en febreiro de 2014. por 19.300 millóns de $US [1][2]19.3 billion.[1][2].

Descrición[editar | editar a fonte]

WhatsApp emprega unha versión personalizada do estándar aberto Extensible Messaging and Presence Protocol (XMPP)[3].

Despois da instalación, créase unha conta de usuario mediante o número de teléfono como nome de usuario. Mentres que na versión de Android utiliza un algoritmo hash MD5, empregando a versión do teléfono e o seu IMEI como contrasinal, a versión iOS duplica a tarxeta do teléfono e o enderezo MAC empregando TI-MD5. Para funcionar Whatsapp require que o aparello no que se instale teña unha axenda de números de teléfono asociada, se non se cumpre esta condición aínda sendo o software compatible non funcionará, tendo esta limitación na configuración.

As mensaxes multimedia son enviadas xunto coa imaxe, son ou vídeo a un servidor HTTP que as reenvía como unha ligazón que conten en Base64 a codificación xunto dunha imaxe en miniatura (se é necesario).

WhatsApp sincronízase coa axenda telefónica de xeito que non require engadir contactos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Albergotti, Reed; MacMillan, Douglas; Rusli, Evelyn M. (February 20, 2014). "Facebook's $18 Billion Deal Sets High Bar". The Wall Street Journal. pp. A1, A6. 
  2. 2,0 2,1 "Facebook to Acquire WhatsApp" (Nota de prensa). February 19, 2014. 
  3. WhatsApp? Nicht ohne Risiken. WhatsApp? Not without risks (traducido do alemán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]