Rakuten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rakuten

Edificio principal da compañía
TipoCompras en liña
Fundación7 de febreiro de 1997
LocalizaciónXapón Toquio, Xapón
FundadorHiroshi Mikitani
Persoas claveHiroshi Mikitani (CEO)
IndustriaInternet
ProdutosComercio electrónico
BeneficioCrecente (crecemento) 5.3 mil millóns USD (2013)[1]
Beneficio netoCrecente (crecemento) 400 millóns USD (2013)[1]
Número de empregados13 762 (setembro de 2016)[2]
Na rede
https://corp.rakuten.co.jp/
Facebook: RakutenIchiba Twitter: RakutenJP Instagram: rakuten_official TikTok: okaimonopanda Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rakuten, Inc.[3], ou simplemente Rakuten, (楽天株式会社, Rakuten Kabushiki-gaisha?) (Jasdaq: 4755) é a tenda online máis grande do Xapón[4] con máis de 50 millóns de usuarios rexistrados. O seu director executivo é Hiroshi Mikitani.

A compañía fundouse en 1997 baixo o nome MDM, Inc. Rakuten Shopping Mall (楽天市場, Rakuten Ichiba?) e comezou as súas operacións en maio dese mesmo ano. En xuño de 1999 MDM, Inc. cambiou o seu nome ao actual Rakuten, Inc. En xuño de 2004 era a segunda web máis popular do Xapón, medindo o seu tráfico de usuarios únicos, só superada por Yahoo! que ten máis visitas mensuais.

Os ingresos de Rakuten en 2005 superaron os 1.100 millóns de dólares estadounidenses cuns beneficios de aproximadamente 320 millóns de dólares. A compañía cotiza na bolsa tecnolóxica do Xapón (JASDAQ: 4755) cunha capitalización de mercado próxima aos 5.000 millóns de dólares e ten máis de 3.700 empregados. Rakuten atópase entre as dez compañías de Internet máis grandes do Mundo (xunto a Amazon.com, InterActive Corporation (IAC), Expedia etc.).

O 16 de novembro de 2016 asinou un acordo para converterse no patrocinador principal do FC Barcelona a partir da tempada 2017-2018 até a 2020-21.[5]

Liñas de negocio[editar | editar a fonte]

O fundador, Hiroshi Mikitani.

O Grupo Rakuten ten servizos moi diversificados con actividades divididas en seis categorías:

  1. Comercio electrónico, controla a tenda online máis grande do Xapón;
  2. Créditos e pagos, ofrece créditos persoais e hipotecas.
  3. Portais e medios, controlando webs tipo portal que teñen como utilidade ser un punto de partida á hora de atopar contidos organizados en Internet.
  4. Viaxes (Rakuten Travel), reservas de hotel e outros servizos turísticos relacionados.
  5. Seguridade, servizos de seguridade online.
  6. Deportes a nivel profesional, administran e patrocinan un dos equipos profesionais da liga de béisbol xaponesa, explotan a súa merchandise e outros eventos relacionados. Desde o ano 2016 é patrocinador oficial da primeira camiseta do primeiro equipo do F. C. Barcelona.[5]

Rakuten ten unha posición moi vantaxosa en cada un deses segmentos (sendo o número 1 ou 2, segundo medicións de cada industria).

O servizo de vendas online de Rakuten, Rakuten Ichiba, é a web de vendas máis grande do Xapón, onde os seus usuarios poden comprar máis de 18 millóns de produtos de 18.000 vendedores. Como parte dos seus esforzos de internacionaliación, Rakuten Ichiba comezou a ofrecer recentemente servizos de envío ao estranxeiro.

Desenvolvementos recentes[editar | editar a fonte]

Rakuten comprou Buy.com por 250 millóns de dólares norteamericanos.[6]

En outubro de 2005, Rakuten sorprendeu a todos adquirindo o 15,46% da famosa canle de TV xaponés Tokyo Broadcasting System, elevando a súa participación nesa empresa ao 19%; chegaron mesmo a expor unha fusión con esta empresa pero finalmente Rakuten decidiu retirar a súa oferta e por agora só teñen plans de formar unha alianza.[Cómpre referencia]

Nos últimos anos, Rakuten ampliou os seus negocios fóra do Xapón. Rakuten é un dos accionistas máis importantes de Ctrip, unha web de viaxes chinesa. En agosto de 2007, Rakuten vendeu a súa participación en Ctrip. Ademais disto, Rakuten comprou Linkshare, unha empresa de Nova York dedicada a vendas e medicións de mercado.

En 2010, Rakuten anunciou a utilización do inglés nas reunións internas, e, en xuño dese mesmo ano, adquire o portal francés de compra-venda garantida PriceMinister que conta tamén cunha páxina española.[7]

O 13 de xuño de 2012, un mes despois de investir en Pinterest, Rakuten anunciou a adquisición da startup española con oficinas en Barcelona, Wuaki.tv, un portal/servizo de vídeo baixo demanda (VOD) con máis de 1,5 millóns de usuarios e 100 empregados. O movemento abriu novas e moitísimas posibilidades de mercado, conseguindo Rakuten competir directamente con Amazon, Netflix e Apple por ser o rei do VOD e os contidos de cine e series por Internet mediante streaming, expondo primeiro a batalla en Europa e con perspectivas de facelo mundialmente nun breve lapso de tempo.[8]

En 2016, Rakuten chegou a un acordo co F. C. Barcelona para ser o seu patrocinador oficial desde a tempada 2017-18 até a 2020-21, por un total de 55 millóns de euros anuais.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Info: Rakuten" - Rakuten Annual Reports for FY 2012
  2. "Gross Merchandise Sales and Number of Employees". Consultado o 24 de novembro de 2016. 
  3. ""Info: Rakuten" - Rakuten Annual Reports for FY 2012". Consultado o 24 de novembro de 2016. 
  4. 京都新聞. "お知らせ : 京都新聞". www.kyoto-np.co.jp (en xaponés). Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2008. Consultado o 2017-05-30. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Salinas, David (2016-11-16). "El FC Barcelona anuncia a Rakuten como nuevo patrocinador". sport (en castelán). Consultado o 2017-05-30. 
  6. Toto, Serkan. "Buy.com Gets Acquired By Japanese E-Commerce Giant Rakuten For $250 Million / TechCrunch". Consultado o 2017-05-30. 
  7. "Rakuten to hold all formal internal meetings in English / The Japan T…". archive.is. 2012-07-14. Archived from the original on 14 de xullo de 2012. Consultado o 2017-05-30. 
  8. "Rakuten adquire Wuaki.tv [Spanish]", Wuaki.tv Blog, 17/6/2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]