Valparaíso
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Chile | |||
Rexión | Rexión de Valparaíso | |||
Provincia | Provincia de Valparaíso | |||
Comuna | Valparaíso (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 296.655 (2017) (6.182,89 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 47,98 km² | |||
Altitude | 21 m | |||
Creación | 1536 | |||
Organización política | ||||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 2340000 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 32 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Oviedo Malaca Bat Yam (pt) San Francisco Córdoba Busan Barcelona Callao Salvador Provincia de Cantón Long Beach Badalona Santa Fe (1991–) Malaca (pt) (1991–) Novorossiisk (1996–) Rosario (1997–) Shanghai (2001–) Guanajuato (2002–) Odesa (2004–) | |||
Páxina web | municipalidaddevalparaiso.cl | |||
Valparaíso é unha cidade, porto e comuna de Chile, capital da provincia e rexión de Valparaíso. Sitúase uns 117 km da capital do país, Santiago de Chile. É o centro histórico, administrativo, universitario e principal núcleo urbano da Área Metropolitana de Valparaíso, que forma xunto ás comunas de Viña del Mar, Quilpué, Villa Alemana e Concón. Segundo o censo 2012 conta cunha poboación estimada de 300.000 persoas, que ascende a 1.040.000 habitantes se incluímos a súa conurbación, sendo a terceira cidade e área metropolitana máis poboada de Chile, por detrás da de Santiago e Concepción.
Valparaíso é sede do Congreso Nacional, da Comandancia da Armada de Chile e doutras institucións do Estado de carácter nacional como o Consello Nacional da Cultura e as Artes, a Subsecretaría de Pesca, os servizos de Aduanas e de Pesca e Acuicultura. É o principal porto de Chile e un dos máis importantes do Pacífico Sur.[1] Ademais a cidade é sede dalgunhas das universidades máis prestixiosas do país como a Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Universidade de Praia Ancha, Universidade de Valparaíso e Universidade Técnica Federico Santa María.
Geograficamente, a cidade preséntase en forma dun grande anfiteatro natural, na baía homónima e rodeada de cerros, nos cales vive a maior parte da poboación.[2] Entre o pé dos cerros e o mar fórmase o Plan, centro administrativo, comercial e financeiro da cidade; mentres o bordemar é ocupado polo porto.
Debido á súa riqueza arquitectónica desenvolvida principalmente a fins do século XIX,[3] en 2003 o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, converténdose no terceiro sitio chileno protexido polo organismo internacional, tralo Parque nacional Rapa Nui e 16 igrexas de Chiloé.[3]
O poeta chileno Pablo Neruda tiña unha casa na cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ranking Portos 2015". AméricaEconomía. Consultado o 3 de agosto de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ Cidade de Valparaíso. "Cerros de Valparaíso, o paréntesis visual da cidade". Archived from the original on 20 de setembro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 "Barrio histórico da cidade portuaria de Valparaíso". Consultado o 2 de novembro de 2014.[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valparaíso |