Usuaria:Elvire/archive3 du 22 mars 2008 au 15 juin 2012

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Reino de Galicia[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, coma sempre, estou encantado de lerte e agora poder escribirche a resposta. Aproveito a ocasión da darche a miña noraboa polo teu traballo na wiki francófona e a miña admiración pola traducción do artigo do reino. Ben, entrando en materia primeiro sobre o tema da lingua britónica, ben, actualmente reservase o nome "bretón" para a lingua celta falada na pequena Bretaña mentres que o "britónico" é a lingua predecesora do galés, córnico e bretón, entre outras. O primeiro en falar do "britónico" seica foi Sir John Rhys polo que lin no artigo da wiki en inglés, sería algo asi como falar do "xermánico" un idioma obviamente non unificado nin homoxéneo, pero que resulta obxectivable dende fora e do que máis tarde derivarian o holandés, inglés, alemán, etc.. No caso do reino de Galicia, foron "britóns"(da illa de Britania) e non "bretóns" (a peninsula de Bretaña, Francia) os que fundaron a diócese de Britonia. Para máis info sobre a lingua "britonica" podes consultar a wiki en inglés: [1].

En canto ao resto, Ibn Sahib al-Salah atopeino asi segundo lembro no libro de "O reino de Gallaecia" de Camilo Nogueira, asi que non sei como pode ser o seu nome latinizado, con todo é posible que non fora moi famoso e non atopemos unha forma latinizada. Estou máis que encantado de poder contar contigo, agora mesmo co tempo xusto que teño, estou entre rematar a miña colaboración no artigo do reino -porque queda aínda un pequeno 15% de información na miña opinión-, ou poñerme con outros artigos que entendo que son moi moi importantes, e á vez ir completando todas estas palabras en vermello que ten o artigo do reino de Galicia, a ver que fago. No tocante ao reino de Galicia e a historiografía española, é un tema que aínda teño pendente, e que esta semana avanzará, non será dun día para outro, pero avanzará paseniñamente porque hai moitisima información sobre iso, con citas moi esclarecedoras e que entre todos temos que facer imparciais e rigorosas. O que ti propos, pareceme xenial, e de moita coherencia, tes razón na necesitade de crear un artigo sobre a historia de galicia e a historiografía española e que este sexa unha sección, tereino en conta, e en canto poida pasareiche unha posible folla de seguimento. Facia alguns dias que non miraba o artigo do royaume de galice, e non sabia doutro colaborador no artigo, o cal me enche de ledicia, polo menos que teñas alguén con quen traballar nel, iso vale moito. A concordancia entre os artigos é fundamental, por exemplo cando falamos dun rei chamado "Alphonse III des Asturies", debemos ter en conta que tal denominación pode ser aceptada e é aceptada actualmente pola maioría de historiadores españois, pero non quita que sexa unha titulación creada en época moderna (150 anos aproximadamente), non sei se me explico.

En conxunto, moitismas grazas de novo por estas novas tan importantes, e que me enchen de ledicia, ánimo, e axudareite en todo o que poida, conta ti tamén comigo. Un saúdo.--Alexandre Vigo 23:03, 15 marzo 2009 (UTC)

Categorización[editar | editar a fonte]

Saúdos. Deixei na Taberna unha breve exposición do criterio que emprego para crear novas categorías. Creo que isto era máis ou menos ó que te referías, pero se che parece demasiado esquemático, coméntame unha categoría en concreto e falámolo.

Aprobeitei para poñerme ó día das conversas na Taberna, que, debo admitilo, frecuentoa máis ben pouco, anque a partir dagora intentarei estar máis pendente do que alí se coce. Secundei a túa solicitude sobre os concellos de Francia; a verdade é que non ten sentido chamarlles nesta wiki comunas. Ben, grazas polas esaxeradas palabras de eloxio :), e para o que queiras. Unha forte aperta. --Iago 17:47, 19 marzo 2009 (UTC)

Ola Elvire[editar | editar a fonte]

Colocaches en Wikipedia:Imaxe da Semana/Votacións esta liña Wikipedia:Imaxe da Semana/Propostas/Ficheiro:Castro de BaroNa.Galiza.jpg. A ligazón semella baleira. Rógoche que a cumprimentes ou que borres a liña. Grazas. Por certo, interesantes imaxes as propostas--Saúdos e grazas. Xan de ningures 01:23, 21 marzo 2009 (UTC)

Subín a Commons esta imaxe: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Notre_Dame_la_Major.jpg --Saúdos e grazas. Xan de ningures 01:48, 21 marzo 2009 (UTC)

Piornedo[editar | editar a fonte]

Boa noite, Elvire. Non sei se che entendín moi ben. Con todo, o que fixen foi engadir máis info na descrición da fotografía, tanto en Commons como nas imaxes da Galipedia. Algo tal que así: Palloza en Piornedo, parroqui de Donís, concello de Cervantes, provincia de Lugo, Galiza. Espero que sexa información abonda. Un saúdo.--Atobar 23:51, 21 marzo 2009 (UTC)

Os dous condados[editar | editar a fonte]

Saudos Elvire, escriboche polo tema dos dous condados, é verdade que non queda claro no texto, tedes razón. Os dous condados dos que fala o artigo son: por unha parte o principal condado, o condado de Portucale, e por outro o condado de Coimbra, tamén chamado "condado Conimbricense", espero terche sido de axuda. Un saúdo.--Alexandre Vigo 22:58, 22 marzo 2009 (UTC)

Ben, xa atopei a referencia bibliográfica que asegura "Teresa casará de novo, esta vez co principal nobre galego, o conde Fernán Peres de Trava (...) a historiografía portuguesa tende tamén a cualificar a Fernán de Trava de favorito ou de amante da raíña, sen recoñecer que era posuidor do título máis importante do reino despois do propio rei (de Portugal)", a cita: Camilo Nogueira, A memoria da nación, 2001, p.218.

Espero terche sido de axuda, un pracer unha vez máis.--Alexandre Vigo 14:52, 23 marzo 2009 (UTC)

Conversa ficheiro:WesternEurope BeatusOsma.jpg[editar | editar a fonte]

Sigo editando nesa páxina. Editei varios apartados: foron varias edicións. Sigo pensando que teño razón.

Critiquei o xeito de actuar de Xabier Cid abertamente, dicindo o que penso.

Tamén editei na súa páxina de conversa expresándolle que

...fun moi duro, inda que aínda non todo o duro que podo ser. Quéroche aclarar así e todo que, inda que critico o teu proceder neste caso e critícoo expresamente, non quero facer un xuízo de valor sobre ti nin como persoa, nin como usuario nin como administrador. Eu -xa o sabes- estou encantado con que ti sexas administrador na Galipedia.

.--Xan de ningures 20:07, 3 abril 2009 (UTC)

http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia%3ATaboleiro_dos_administradores%2FProblemas_varios&diff=1130521&oldid=1127332[editar | editar a fonte]

Malia o que dixen nesa páxina, se Estevoaei continúa na Galipedia sen lle eu aceptar as desculpas, cousa que considero imposible, esquecédevos de min. Eu metín a pata, como digo nese fío, rectifiquei -aseguro- en menos dun minuto; pero o que ocorre é que eu non debía aturar o que se me dixo.

Ou Estevoaei ou eu. Vós decidides--Xan de ningures 00:41, 4 abril 2009 (UTC)

Guerras irmandiñas[editar | editar a fonte]

Ola Elvire, unha vez máis darche a miña máis cumprida noraboa co tema do Reino de Galicia, o teu traballo na wiki francofona é inmenso, é xenial, e moi comprometido, traducir todo iso ten tela. Respecto dos irmandiños teño que dicir que este pequeno apartado está totalmente deixado, foi algo que puxen temporalmente, porque estaba nun momento de ampliar por outras partes e vaia, asi quedou polo menos polo de agora, como vin que o artigo dos irmandiños estaba completisimo, xulguei mellor facer un resumo do artigo completo. E si, as segundas frases están repetidas co seguinte, mea culpa!. Agora estou tentando de amañar un pouco o artigo de historia de Galicia, tamén queria rematar co tema dos reis e elaborar un par de mapas máis, e a ver cando poido rematar a miña parte no artigo do reino dunha vez! aff! son moitos frentes! :). Un saudo.--Alexandre Vigo 12:34, 10 abril 2009 (UTC)

Ola Elvire, son eu de novo, estiven lendo o que me escribiches, e finalmente decidín ampliar un pouco o artigo de Historia de Galicia, ao final preferín ampliar xustamente o das guerras irmandiñas, porque se cadra te podia axudar, metin información no artigo de Historia de Galicia, e a mesma tamén no artigo do reino de Galicia, botalle un ollo e a ver que che parece. un saudo, e grazas.--Alexandre Vigo 14:20, 11 abril 2009 (UTC)

Países[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Mira, bótalle un ollo a isto e dime qué opinas. --Iago dime 15:40, 25 abril 2009 (UTC)

Ola. Retirei a mitoloxía, e tamén os periodos históricos. A idea de renomear as 3.026 (e medrando) categorías requiridas paréceme que vai a ser moito máis práctico para abordar esta situación. Teño dúas ideas:
  • 1) Haberá que preguntar na Taberna se algúen pode progamar un bot que se encargue de, nos artigos con categorías que non existen, renomealas para que apareza {:PendenteCategoría:}. Unha vez no mesmo caixón, será moito máis rápido ir distribuíndo.
  • 2) Deberíamos propor que, na barra color salmón onde avisan que "Os seus cambios serán visíbeis inmediatamente'" aparecera un aviso do estilo: Se non sabe en qué categoría das existentes ubicar este artigo, por favor marque coma categoría {:PendenteCategoría:}.

Qué che parece? --Iago dime 18:14, 25 abril 2009 (UTC)

Ola Elvire. Desculpa por non responder antes. Verás, sobre a túa opinión no das categorías, non caera no que dis de que non hai artigos cunha categoría en vermello que non deberían ír ó caixón de Pendente categoría, posto que pode que teñan outra que si exista. Haberá que mirar con calma e atoparlle unha solución, anque a min agora non se me ocorre ningunha. O segundo punto, cando teñamos listo o primeiro, e cuestión de suxerirllo ós administradores e propoñelo logo a votación. Non creo que haxa problema. Ben, durante varias semanas apenas vou a andar por aquí, co que, igual non vexo os recados ata pasado un tempo. Unha aperta. --Iago dime 15:53, 17 maio 2009 (UTC)

Historiografía e Historiografías[editar | editar a fonte]

Saudos Elvire, e sobretodo desculpa pola miña demora, durante este tempo. Sempre é un prazer intercambiar opinións contigo.

Estou dacordo contigo en que a historiografía española orixinaria e contemporánea ben pode dar para un artigo, asi como tamén da galega. Teño que dicir que non lin ningún dos libros que me citas, pero si penso que os nacionalismos periféricos (periféricos respeito a Castela ou Madrid) brotaron por unha conciencia político-lingüística, asi como foi o caso do nacionalismo español, o nacemento dos nacionalismos é case ao mesmo tempo pois é unha corrente europea. O problema da historiografía galega, foi que a histioriografía española tomou a Galicia como parte do seu ente, mentres a historiografía galega a tomou desde un punto de vista central, por isto, ambas acabaron chocando.

O resultado foi unha confrontación, na que o nacionalismo vencedor foi o español principalmente porque tiña o poder e control do goberno, consecuentemente a súa historiografía foi a vencedora, e a que se espallou maiormente.

Penso coma ti, que debe existir un artigo de ambas historiografías, pero non teño claro se desbotar sub-artigos como a do reino de Galicia. É certo que o que hai agora mesmo nese artigo do Reino de Galicia é moi superficial, e non afonda no tema do reino, pidoche que me des un par de días para amosarte un pouco as guias que tiña pensado. Non teño moi claro a miña posición aínda :), asi que é posible que finalmente pense como ti e debamos retirar o sub-artigo, pero iso poderemos velo dentro de estes dous dias.

Bueno, vaia rollo che acabo de soltar... en definitiva:

- Estou dacordo contigo na creación de "Galicia e a historiografía tradicional española e Historiografía tradicional galega". - Aínda non estou seguro se debemos retirar o sub-artigo. - Dame 2 dias para facer un rascuño para que poidas ver como é o que teño pensado. - Despois de que o vexas, podemos falar, é pposible que eu tamén cambie de opinión. :)

No tema castro, coido que podo axudarte, aínda que teño que adiantar que tes toda a razón, hai moito etnocentrisnmo sobre este tema, empezando polo espallado termo "cultura castrexa" ou "cultura dos castros" que nos vindeiros anos deberá ser revisadísimo e posiblemente descartado porque "castros" houboosen media Europa. Prometo botarche unha man, desde xa, para que non desesperes.

Moitas grazas por estar aí, o teu labor é moi importante, e a túa fala non é tan defectuosa.

Unha aperta, e ánimo.--Alexandre Vigo 15:09, 8 xuño 2009 (UTC)

Que alegría Alexandre!

A escape sobre historiografía[editar | editar a fonte]

Ola Elvira, moitisimas grazas pola túa constancia e traballo. No tocante ao reino de Galicia, eu tiña uns rascuños (borradores) por aqui pretiño, onde se explica as razóns ideolóxicas que levaron á historiografia española en gran parte a tentar esacreditar á parte da galega neste tema do reino. Isto xa comeza a ser pouco antes que con Murguía, e incluso o VII Conde de Lemos sei que aludiu á historia de Galicia para facer valer a Galicia no seu tempo.

A ver se aos poucos eses rascuños toman forma e os vou incorporando ao tema.

O tema dos castros é realmente interesante, e si que non nos virá nada mal ver o que fan outras wikis, para sermos máis plurais e incluso aprender cousas, que non sabia que ata habia castros na India! :).

O Tema do león é un tema moi interesante, eu baseei o artigo en un par de libros sobre os símbolos de Galicia. Tradicionalmente pretendeuse ver unha identificación clara entre o simbolo do "león" e o "reino de León", sen embargo isto ben dado xustamente polo que falabamos antes, a historiografía.

Por exemplo, Afonso VII é o primeiro rei que emprega aparentemente o simbolo do león -como un sinal que o simbolizaba a el-, lembremos que Afonso VII se fai titular "imperator", paralelamente o león era tido como o animal máis forte, aquel que sobresaia entre o resto, un paralelismo co poder "imperial". Sen embargo, Afonso VII, paradoxicamente mal chamado "Afonso VII de Castela" pola historiografía castelá, non era rei de Castela unicamente, primeiramente fora rei de Galicia desde 1111, e despois en 1126 chega a ser de León e Castela/Toledo, existia plenamente a diferenciación destes 3 reinos, polo que non podemos dicir que ó león fora simbolo do reino de León. O león era o símbolo dun rei, que gobernaba 3 reinos; Galicia, León e Castela/Toledo. Non podemos estar seguros se foi pola identificación co nome da cidade tamén, ou non, o caso é que é o simbolo do rei, non dun reino (pois existian xa tres).

Cando a Chronica Adefonsi Imperatoris, di o do estandarte do León, están falando como ela mesma dí, das armas do "emperador" o rei Afonso VII. Será o seu fillo Fernando II o que herde ese simbolo, pero de novo son dous reinos -non un- aos que representa o león, do mesmo xeito con Afonso VIII de Galicia e LEón, se te fixas arriba, na miniatura do tumbo pode lerse "legionense et gallecie", de novo o león seguiu sendo o emblema da monarquía galego-leonesa, non dun reino.

Asi cando Fernando III usurpa a corona leonesa ou de Galicia-León, toma o emblema dos seus monarcas, o león. Asi nace o cuartelado de León e Castelo. Cando se aboliron as leis propias de Galicia-León, o emblema do león deixou de ter significado, nada unia historicamente a Galicia e a León. O león perdera o seu simbolo ao non haber unha monarquía propia, e por tanto, o reino de León quedou co simbolo do león (polo nome) e Galicia se acolleu ao Cálice que xa no século XIII a viña representando.

Se cadra aínda liei máis a cousa, espero que non!.:), un saúdo Elvira.--Alexandre Vigo 09:00, 11 xuño 2009 (UTC)

Templo grego[editar | editar a fonte]

Certo, non me dera conta de que categoría era redundante. Saúdos --Iago dime 08:14, 29 xuño 2009 (UTC)

Redireccións??[editar | editar a fonte]

Ola Elvire! Sintoo, mais non entendín o que me dixeches das redireccións :S, cal é o problema?--Hugo22 19:25, 20 xullo 2009 (UTC).

commons[editar | editar a fonte]

boa noite, Elvire. Grazas por arranxar a imaxe de commons. Aínda que hoxe mesmo subín unha alí para poder pasala á wiki en portugués, non me manexo moi ben en commons e preferín pedir axuda. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 01:28, 26 xullo 2009 (UTC)

Ola Elvira! Nunca che agradecín o suficiente o que me subas as imaxes a Commons. Moitas grazas, un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:37, 26 xullo 2009 (UTC)

Categorías requiridas[editar | editar a fonte]

Boas noites, Elvire. ¿Podes encargarte de revisar estas categorías? Trátase de categorías en vermello Especial:Categorías_requiridas que hai que corrixir, borrar ou recategorizar, o que vexas procedente en cada caso. Esta lista son tódalas que conteñen "Francia", "francés" ou "franceses". Grazas e un saúdo. Pedro --Lameiro (conversa) 21:08, 26 xullo 2009 (UTC)

foto de Lovelhe2[editar | editar a fonte]

ola Elvire. Grazas por subir a foto a commons. Efectivamente, eu teño o mesmo problema; Non sei a que se pode deber. Faría "pluf" ao subir, e quedaría partido? Non o sei. Unha mágoa. A ver se outra persoa sabe algo.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 13:24, 27 xullo 2009 (UTC)


Agora vai ben. Un millón. Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:55, 27 xullo 2009 (UTC)

categorías[editar | editar a fonte]

Tes moita razón e o exemplo dos pantalóns sen caixón está moi ben traído. A función das categorías pérdese se alguén clasifica o artigo onde lle cadra, sen pararse un momento a buscar entre as categorías existentes onde cadraría mellor. Noutros casos, por non segui-los criterios previos. Ó final, seguimos cunhas 1.000 páxinas coa categoría en vermello, a maior parte delas facilmente adxudicables a categorías existentes. Hai máis problemas á hora das categorías (como traer directamente as categorías da wiki da que se traduciu o artigo), pero iso é outro problema: o das traducións pouco coidadosas. Ben, que para empezar, deberiamos propoñer como norma non categorizar se a categoría non existe (ou non se vai crear inmediatamente), e aconsellar deixar como "sencat" se un non está seguro de onde cadra. A medida correctora sería borralas por sistema se, nas lecturas de comprobación, atopamos unha categoría en vermello.

Outro problema que atopei nesta campaña de revisión de categorías é a falta de criterio nos países, na árbore de categorías que deberiamos ter para cada país (xeografía, política, personalidades, cultura, patrimonio, etc.) e evitariamos así tratamentos distintos segundo o editor de turno e repeti-lo traballo de categorizar artigo por artigo. Boa idea esta de someter a debate este tema, pero ¿non sería mellor seguir falando no seu sitio Debate das categorías? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:27, 6 agosto 2009 (UTC)

Categorías[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Mira, eu ata finais de setembro, máis ou menos, non vou a andar pola Galipedia, así que neste tema ide avanzando sen comentarmo, e logo eu xa me poño ao día. Sobre a túa proposta, paréceme correcta, sobre todo o de mudar as categorías en vermello por "Pendente categoría", a menos que fosen unha serie de artigos coa mesma temática e compensara creala.

Faríalle unha engádega. Proporía que antes de gardar unha páxina, no espazo en vermello no que indica "Os seus cambios serán visíbeis inmediatamente", apareza un texto que diga: "Se acaba de crear un artigo, adscríbao a unha das categorías existentes. Se non sabe en cal, marque ao final "{::Sencat::}"". Sería máis doado que ir detrás desfacendo as categorías en vermello. Saúdos. --Iago dime 12:12, 7 agosto 2009 (UTC)

Seguindo a suxerencia de Lameiro, reproducín a suxerencia aquí. Se vos parece ben, daquí en diante falamos destas cousas directamente nesa páxina. Saúdos. --Iago dime 12:20, 7 agosto 2009 (UTC)

Maria Pia[editar | editar a fonte]

Muchas gracias por su bravura y atención para ese caso. Por favor, ayudeme a manter imparciales los os otros arículos que yo cité en la votación. Saludos. --Tonyjeff 15:03, 11 agosto 2009 (UTC)

O propio sistema da wikipedia, á vez que pode dar voz a todo tipo de propagandista e difusores de teorías peregrinas ten o seu propio sistema de filtraxe é, tarde ou cedo acábanse eliminando; tal como o vexo eu a wikipedia é en gran parte un sistema a longo prazo, que aínda está moi inmaduro en moitas cousas pero que aprende dos seus erros e mellora.--RNC 15:06, 12 agosto 2009 (UTC)

Por favor, mire lo que escrebí aquí. Prometo responderle mejor después. Muchas gracias por su atención. --Tonyjeff 15:12, 13 agosto 2009 (UTC)

Elvire, lo que puedo dicir de inizio es: no, no desista jamás. Concordo que la campaña para promover esa señora ya está avanzada y conquistó muchos defensores en la Wikipedia (mismo sin malas intenciones). Contudo, la situación ya estubo peor. El usuario Anjo-sozinho había creado una infinidade de artículos en diferentes idiomas con informaciones absurdas (ejemplo: que Maria Pia era DE FACTO hija de Carlos I; que Poidimani era DE FACTO su HIJO, que Maria Pia tenia "Gotha" en su apellido, que fue DE FACTO princesa de Portugal etc.). No entanto, algunos de nosotros reconoceran la farsa e lucharan para impedirla.

Aún que no sea más posible eliminar todos los artículos de ella, como hiciste en la Wikipedia gallega, nosotros podemos dejarlos más imparciales. El documento de Madrid, si por un lado no debería ser llevado a serio, por otro por lo menos impede que sean creados nuevos apellidos para la dicha señora. No es el ideal, pero es mejor que nada. Y así es que, en todas las Wikis, conseguí llamar la atención de los usuarios sérios para apagar los artículos de los hijos de Poidimani, e en algunas el artículo de él mismo.

Ser vigilante, tener flexibilidad para encontrar una alternativa mediana y, principalmente, nunca desistir. Insisto, luche por una Wikipedia más confiable, por una enciclopédia de mejor cualidad. Ni que, por lo menos, cuide de la WP:GL. Ya es una gran ayuda; nosotros cuidamos de la WP:PT y sé que las Wikis EN e FR también estan en buenas manos.

Y desde ya: es una verguenza que no consigamos comunicarmos en portugues ni gallego!!! Afinal, el portugues viene del gallego!! Podríamos tentar, algún día. Por sinal, yo toco gaita gallega (esta es mi gaita) y ya hice el Camino de Compostela (por el Camino Portugués). Su país es simplesmente fantastico; tengo muchas lembranzas buenas de ahí! Un gran saludo. --Tonyjeff 21:48, 13 agosto 2009 (UTC)
Pilláchesme a piques de marchar, Volvín borra-lo artigo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 01:11, 15 agosto 2009 (UTC)
Confeso que eso yo leí en la WP:PT – creo, informaciones colocadas por aquel mismo usuario Anjo-sozinho, embazado en sus fuentes impresas. Según ellas, após el casamiento de María II de Braganza con Fernando de Saxe-Coburgo, la Casa de Braganza pasó a llamarse "Saxe-Coburgo y Braganza" o "Braganza-Wettin". Los "Braganza-Wettin" serían los descendientes de María II.
La Casa de Saxe-Coburgo-Gota es un ramo de la Dinastía Wettin (al paso que la Casa de Braganza es un ramo de la Dinastía Capeto). Los Saxe-Coburgo-Braganza son un ramo de la casa de Saxe-Coburgo-Gotha y, por tanto, de la Dinastía Wettin (también un ramo de la Casa de Braganza). Los Wettin están asociados al Reino Unido de Gran Bretaña porque la Casa de Windsor es, en realidad, un ramo de la Casa de Saxe-Coburgo-Gotha (cuyo nombre fue modificado debido a la II Guerra Mundial).
Nunca cuestioné eso, mas si le parecen erradas, yo puedo tentar verificarlas. Así que posible, le comunico. Saludos. --Tonyjeff 13:12, 15 agosto 2009 (UTC)
Completando: lo más importante es que los últimos reyes de Portugal – bien como la impostora, por lo que allega – no son del ramo principal de la Casa de Braganza, mas sí un ramo distinto, los Saxe-Coburgo-Braganza (o Braganza-Wettin). Duarte Pio, por su vez, es del ramo principal, siendo descendiente de Miguel I de Braganza. Esa distinción es importante, hasta porque los que apoyan la impostora tentan pasar la falsa impresión de que ella es del ramo principal, como Duarte Pio. --Tonyjeff 13:15, 15 agosto 2009 (UTC)
Elivre, por lo que pudo averiguar, pareceme que realmente "Braganza-Wettin" no era utilizado originalmente, probablemente siendo más una creación de los que apoyan de Poidimani. Así, ya empecé a remover eso de la WP:PT. Además, gracias por sus elogios a mi gaita (sí, fue fabricada en Brasil =D ) e conte conmigo para mejorar la cualidad de las Wikis ibericas. Un gran saludo. --Tonyjeff 14:39, 16 agosto 2009 (UTC)

Historia urbana de cidades[editar | editar a fonte]

Ola, Elvira. Pois a verdade é que non teño especial interese na Historia urbana das cidades. O que pasa é que estiven corrixindo unha boa restra de artigos nestes dous últimos días e caeron algúns que tiñan que ver co tema, pero é pura coincidencia. Non obstante, tomo noto do que me dis. Puntualizo as actuacións: no caso primeiro que me dis, o de Historia urbana de Boston, en efecto, arramplei coa cabeceira porque creo que cómpre dar prioridade a un título en negriña, o máis aproximado ao título do propio artigo, se é que non pode ser o exacto, coma é o caso. Igual estou nun erro, ti me dirás, que a min non me importa cambia o protocolo de actuación, de veras. Despois está o segundo caso, o de quitar fotografías externas de páxinas alleas á Wikipedia. Se cadra, podería telas deixado nunha nota a rodapé, pero o certo e que nin se me pasou pola cabeza. O que si non vexo moi claro é deixalas danzando por aí por medio do texto, cun numeriño azulado que queda bastante feo e pouco profesional. En calquera caso, tampouco teña a certeza de estar a facelo ben, e coido que o mellor tería sido mantela no outro lugar do artigo, dun xeito máis coitadiño e recollido. De calquera maneira, insisto, son edicións que fixen co afán de alixeirar o contido e seguramente moi mellorábeis. De feito, se lles das ti un repaso heicho agradecer ben. Un saúdo e aquí me tes para o que queiras. --Atobar (conversa comigo) 21:06, 5 setembro 2009 (UTC)

Pidoche desculpas máis hai veces que non podo rexistrarme, non me deixa.--Chabi 09:56, 10 setembro 2009 (UTC)

Papas[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Vin que comentabas algo sobre as páxinas de papas na taberna, por se che interesa nesta subpáxina teño localizados uns cantos que están baleiros. Hai días que non a actualizo, así que ben puidera ser que algúns deles xa teñan contido. Un cordial saúdo. --Prevertgl 08:32, 22 setembro 2009 (UTC)

Bitinia[editar | editar a fonte]

Hola: M'adreço a tu en català, ja que possiblement el puguis entendre. Si creus que pot servir algun dels altres idiomes en que em puc expressar digue-m'ho. Disculpa'm perquè no sé escriure / parlar el gallec.

En el cas de Bitínia vaig fusionar totes les entrades disponibles a la catalana (La Regió, el regne i la província romana) per dos motius:

  • La majoria d'altres projectes no mantenen tres articles independents.
  • L'extensió dels tres articles era molt poca i les fonts escasses.

Com que va desaparèixer la pàgina de desambiguació per innecessària, també vaig corregir l'interwiki.

Per qualsevol cosa ho podeu modificar sense cap problema. Salut! --Bestiasonica 12:12, 28 setembro 2009 (UTC)

Mapa lingüístico[editar | editar a fonte]

Ola Elvire!, Moitisimas grazas por me escribires, desculpa que non o fixera antes, mais unicamente foi por falta de tempo. Estou moi ledo de que subiras o arquivo ao commons e de que tivese éxito, xa sabes que as miñas colaboracións son moi moi modestas, pero para o pouco que podo colaborar toda crítica é benvida, e se é positiva pois moito mellor. Non te preocupes polo tema da imaxe, recibín aviso dos compañeiros da galipedia e solventaron o tema, sei que o cambio que lle realizarou aquel usuario non foi gran cousa aínda que teria preferido unha petición de cambio por parte dese usuario.., en fin, non pasa nada. Agradezote que a miraras, e espero que che gustara. Leva unha carga pedagódixa para aquelas persoas que queren entender "as presas" a evolución do territorio linguistico galego, e o seu contexto xeográfico -linguas veciñas etc..- e tamén a relación con Portugal. Grazas de novo pola túa inestimable axuda, mirarei o tema do conde de Gondomar.--Alexandre Vigo 19:39, 2 outubro 2009 (UTC)

Voluntarios[editar | editar a fonte]

Síntoo, Elvire, pero non sei que é iso de "caixa de datos". Non sei que datos faltan. Se mo explicas buscarei o que faga falta (no disco duro ou na propia estatua, que a teño moi cerca. Espero as túas indicacións. Pedro --Lameiro (conversa) 23:20, 2 outubro 2009 (UTC)

Bloqueos[editar | editar a fonte]

Querida Elvire, claro que os bloqueos non se poden saltar, pero o bloqueo en si xa non me permite editar nada, cousa que está mal, xa que debería poder responder nas conversas. Eu non saltei ningún bloqueo, entrei sen ser un usuario rexistrado ou como se quisexe entrar con outra IP. Identifiqueime como Wikilandia, porque ese é o meu nome nesta rede, mais non usei o meu usuario. Non fai falla ser un experto na materia para entender que unha vez que caduca o bloqueo do meu ordenador eu estou na disposición de editar o que me dea a gana coa IP, e máis aínda unha CONVERSA.

Repatéame que un usuario como Lameiro con privilexios na Galipedia me bloquee o usuario por terme identificado como a persoa que posúe esa conta. Non sei se se entende o que digo. Eu non usei a conta para seguir contestándolle na súa conversa porque non mo permite a web ao estar bloqueado, simplemente identifiqueime como podería ter dito Pepito García. E iso si está permitido, non hai ningún impedimento para facelo. De tódolos xeitos fareillo saber a LAMEIRO.

Espero que se entenda a miña postura. Un saúdo!

Axuda a un colaborador novato[editar | editar a fonte]

Ola Elvire,

No artigo "Paxina web", hay unha nota de [cómpre referencia] en canto a autor da primeira páxina web en galego

Atopei unha referencia na hemeroteca web da Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/08/19/5036551.shtml), pero ainda non sei como incluir unha referencia dun xeito que cumpra totalmente co formato wikipedia

Pídoche a ti ou a calquera dos que tedes mais experiencia nesto, que engadades dita referencia, e verei con atención no mesmo artigo, como se fai, para que nas seguintes ocasión poida facelo eu mesmo.

Grazas por anticipado--Nilopa 17:09, 15 outubro 2009 (UTC)

O detective Conan: Lista de episodios[editar | editar a fonte]

O que se fixo no artigo da lista de episodios de Conan non foi vandalismo ningún, senón unha mellora da lista. Tal e como estaba era unha trapallada. Por eso, rógoche que devolvas a lista a como se deixou antes de que ti a mudases. Un saúdo, grazas.

Conversa ficheiro:Torre Eiffel.JPG[editar | editar a fonte]

Creei esta conversa, pero falo de memoria, segundo cousas oídas ou lidas, nin sequera sei a orixe do que sei. Se tes ou sabes algún dato agradeceríache que o aportases. Eu desenténdome xa do asunto, se dou en seguilo é por aprender algo máis. Graciñas (sexa como sexa)-- Lmbuga / Conversa comigo  19:40, 12 novembro 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Ruta Liñares de Bidul- Ponte Villabol.JPG[editar | editar a fonte]

Revisa por favor o teu voto pois propuxen unha nova versión da imaxe.

Un cordial saúdo--

Contido Papa[editar | editar a fonte]

Boa tarde, Elvire. Se non estou enganado hai tempo foras ti quen se encargara de meter un mínimo de contido nos artigos dos papas. E coa mesma pídoche que cando teñas un momento mires de facer o mesmo neste. Se che apetece, claro. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 17:26, 29 novembro 2009 (UTC)

Subir unha imaxe a Commons[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Un wikipedista de euskadi pídeme que suba a Commons unha fotografía da Santa Compaña (Ficheiro:Santa_Compaña_Pontevedra_01-01b.jpg). Podes ve-la súa petición na miña páxina de conversa. Ben, o caso é que xa sabes que resúltame complicado de máis o trámite desa subida a commons, polo que, por favor, ¿podías facerlo por min? Como xa tes práctica, abuso da confianza para pasarche o encargo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 00:02, 6 decembro 2009 (UTC)

  • Grazas Elvire. Sabía que podía facerche a encarga con confianza. Moitas grazas, cóidate e un bico. Pedro --Lameiro (conversa) 14:12, 6 decembro 2009 (UTC)

imaxes a commons[editar | editar a fonte]

ola, Elvire!

Poderías subir esta imaxe a Commons, que sempre me armo un lío? Quería subila porque existe o artigo en francés e en inglés.

Un millón! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15:46, 18 decembro 2009 (UTC)

  • Bo día, Elvire;

Estaba buscando información sobre Fernando Venâncio e vin que tiña artigo en inglés; poderías subir tamén a súa imaxe a commons?

Pasa o mesmo con Juan Carlos Moreno Cabrera, que ten artigo en castelán, éuscaro e catalán.

Moitas grazas por colocar a imaxe de Gérald Larose nos artigos en inglés e francés. Por certo, se te animases a traducir os artigos desas personalidades sería fantástico (eu non controlo moito de francés).

Un saúdo, e moitas grazas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:52, 19 decembro 2009 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Mina das Pontes o 13-set-09.JPG[editar | editar a fonte]

Ola Elvira. Canto tempo!

Diríxome a ti para que revises a nova imaxe que propuxen, pois xa votaras. Un cordial saúdo-- Lmbuga / Conversa comigo  22:16, 30 decembro 2009 (UTC)

Estandarización[editar | editar a fonte]

Haberá que esperar a que estea rematado, non sei se o resultado será o que esperas, iso si supoño que me vai levar bastante tempo, pero grazas polo teu voto de confianza.--RNC 11:36, 31 decembro 2009 (UTC)

Cidade difusa[editar | editar a fonte]

Ola, perdoa polo retraso. Boiteille unha ollada hoxe á páxina de discusión do artigo e vexo que chegaron máis ou menos a un acordo. Eu son enxeñeiro, non arquitecto, non tendo moito coñecemento sobre o urbanismo. Así que alégrome que o asunto esté resolto. Un saúdo. --PortoFaládeme aquí 14:36, 22 xaneiro 2010 (UTC)

Asinar[editar | editar a fonte]

Ola Elvire.

Esqueciches asinar aquí.

Saudiños. --HombreDHojalata conversa 22:22, 8 marzo 2010 (UTC).

Discusión[editar | editar a fonte]

Temos unha discusión aberta na que sería interesante que tomaras parte. Saúdos. Xoacas(góstache o pemento?) 19:35, 30 marzo 2010 (UTC)

Wikipedia:Votacións á administración/Revogacións/Solicitudes[editar | editar a fonte]

Ola.

Na páxina do título fixen unha proposta que igual é do teu interese.

Saudiños--. HombreDHojalata.conversa 10:00, 10 de abril de 2010 (UTC)

Non hai porqué dalas[editar | editar a fonte]

E non lle chames corrección, que soa moi mal. Chámalle colaboración, achega ...

Saúdos. --. HombreDHojalata.conversa 18:17, 12 de abril de 2010 (UTC)

Uso das ferramentas de administración por Andre Engels[editar | editar a fonte]

Perdóame, Elvira, pero non dou topado cándo usou Adre as ferramentas de administrador, poderías indicarmo?

Gustaríame comprobar, especialmente, as últimas ocasións en que o fixo.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 07:12, 13 de abril de 2010 (UTC).

Xa o atopei. Andre empregou as ferramentas de administrador un total de 2 veces en sete anos. --. HombreDHojalata.conversa 10:27, 13 de abril de 2010 (UTC)

Revogacións[editar | editar a fonte]

Ola.

Por si fora do teu interese.

Segundo a política oficial en vigor da Galipedia Wikipedia:Elección de administradores#Procedementos, pechouse esta solicitude e pasouse á votación en Votacións á administración/Revogacións/Usuario:Andre Engels.

Saúdos --. HombreDHojalata.conversa 11:21, 25 de abril de 2010 (UTC)

Marabedís[editar | editar a fonte]

  • Ola Elvire, saúdos. Só era para confirmarche que estás corrixindo ben, marabedís está ben. O plural das palabras agudas acabadas en vogal engaden -s, incluídos o -i e o -u: iraquís, israelís, marabedís, xampús, iglús... Saúde. --Xoán Carlos Fraga 12:10, 26 de abril de 2010 (UTC)

Monarcas e reinos[editar | editar a fonte]

Que ben poder lerte de novo Elvire, ver a túa presenza por aqui encheme de ledicia, se ben que fun eu o que facia tempo que non aparecía, sempre é agradable a túa compaña e as túas suxestións. Como ben sabes ti, case mellor que ninguén, levo 2 anos traballando nesta temática afianzando os contidos e normalizandoos como entendo que xa leva tempo encamiñada. Entendo que algúns dos cambios que puiden facer precisarian supoño de consenso, e digo supoño porque moitos artigos similares ou intimamente ligados, foron aceptados e escritos acorde a ese camiño limpo de trampas que cría asentado na galipedia. Con todo, as cousas afortunadamente nunca son como un cre, e pese a sentirme moi contrariado con moitas das mensaxes que tiven que ler, estou aqui para dar a cara e loitar polo que considero correcto. Non conto con moito tempo xa desgraciadamente, por iso tentarei acadar un consenso á maior brevidade posible sen atrancar nada. Polo que entrarei nas conversas daqueles artigos que coido están a facer perigar a saúde ata mental da galipedia. Unha aperta enorme.--Alexandre Vigo 21:29, 29 de abril de 2010 (UTC)

Unha proposta[editar | editar a fonte]

Boas Elvire. ¿Por que non nos fas unha páxina para a Categoría:Wikipedia:COMOs explicando como se liga a Commons e en que casos facelo a Commons ou a Commonscat? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 09:45, 23 de abril de 2011 (UTC) [por certo, bota un vistazo á última proposta de Paradanta na Taberna]

  • Grazas, Elvire, pero semella que non me expliquei ben. O outro día, no encontro en Pontevedra, falamos da conveniencia de subi-las imaxes a Galipedia ou a Commons. Furado defendía, con argumentos de peso, que as imaxes deberían estar sempre - e soamente- en Commons, de modo que as fotografías que facemos os galipedistas estivesen ó alcance de tódolos usuarios das distintas wikipedias. Creo que ten razón, pero eu teño o problema (e seguro que non serei o único) de non manexarme co inglés, co que batemos co problema do idioma para categorizar e buscar imaxes en Commons. Aparte de aprender inglés, cousa á que xa renunciei hai anos, non sei se isto ten solución. Antronte xa subín dúas fotos a Commons e vexo que é máis fácil do que era antes.
  • Outro dos temas que falamos foi o de reactiva-la categoría COMOs, co obxectivo de acceder facilmente á información que un necesite para facer unha determinada cousa e como fórmula para responder ás preguntas que calquera usuario poida facer na Taberna ou nunha páxina de conversa, en plan "Aquí te-la resposta". E como vexo que andas corrixindo as miñas ligazóns a Commons nos Véxase tamén, a miña dúbida era cómo facelo correctamente, se a Commons ou a Commonscat; e a diferenza entre unha e outra forma. Búscalle un oco para redactar esa explicación, que o problema de ter algún erro en galego ou un til mal colocado é máis fácil de arranxar que a redacción desa axuda. Un bico, Pedro --Lameiro (conversa) 12:27, 23 de abril de 2011 (UTC)

Miniproxecto "Día das Letras Galegas" 2011[editar | editar a fonte]

Ola, como andamos?

Fixen unha proposta na taberna que igual é do teu interese. Bótalle un ollo.

Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 19:50, 27 de abril de 2011 (UTC)

OK--. HombreDHojalata.conversa 06:29, 3 de maio de 2011 (UTC)

Parabéns! Pero xa sabes que non fai falla que me des explicacións. Bicos--. HombreDHojalata.conversa 05:55, 4 de maio de 2011 (UTC)

Proust[editar | editar a fonte]

Ola, Elvire. Perdoa que che conteste cunha semana de demora pero é que levo uns días desconectado da rede por un tema familiar e de feito estou a teclear dende un hotel de Bordeos e non dende a miña casa. Ao que imos: o de Proust foi un fallo meu que solventei un minuto despois desfacendo a miña propia edición. Repara en que revertín a edición do usuario ás 10.46 e acto seguido a miña propia reversión (para recuperar a do usuario) ás 10.47 [2]. E xusto despois, ás 10.53, optei por axudar cunhas correccións de formato e sobre todo de lingua [3]. Falarmos de traxectoria é unha forma válida e que axuda a unificar o formato dos artigos, algo sobre o cal nesta wiki facemos fincapé para lle darmos ese plus de calidade, posto que en termos de cantidade non podemos competir. Biografía tería o problema de que soamente valería para persoeiros e hai partes que non poderían entrar nela, ou non tan doadamente. En síntese, é moi útil unificar biografía, vida, vida e obra, traxectoria laboral, profesional, carreira etc. no título traxectoria, e xa dentro desta dividir novamente en partes, atendendo á cronoloxía, ámbitos, proxectos ou ao que sexa máis acaído para cada artigo. Con todo e iso, traxectoria tampouco non sempre vale. De feito, mira que moitos artigos levan un apartado historia, ou historia e características. En fin, que non lle vexo o problema, pero está claro que o podemos falar e discutir tranquilamente na taberna para ver se damos definido un formato oficial, como xa fixemos cos cabezallos e coas subseccións dentro dos véxase tamén ou os apartados notas. Aquí me tes para o que queiras, aínda que como che dicía ao principio non me colles no mellor momento para conversar, porque estou no estranxeiro, de feito na túa terra de adopción. Un saúdo e duro con todo ese traballo que fas. --Atobar (conversa comigo) 08:44, 12 de maio de 2011 (UTC)

Acepto, ningún problema. Falarémolo na taberna. Saúdos, Elvire. --Atobar (conversa comigo) 08:11, 13 de maio de 2011 (UTC)

María Tareixa[editar | editar a fonte]

Vaites! Non me decatara. Porén, o motivo real do borrado era que o artigo non cumpría uns mínimos de calidade para permanecer. Saúdos e grazas por andar atenta. --Alberte Si, dígame? 15:41, 15 de maio de 2011 (UTC)

Foto de Baldaio[editar | editar a fonte]

Xa me respondeu o Búho Nº 30 sobre o tema da foto de Commons, ó final a foto é de Carballo como era de esperar. Púxenche en Commons a ligazón á súa resposta na conversa e pedín na taberna axuda para cambiar o nome da foto para que non leve a engano. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 02:28, 24 de maio de 2011 (UTC)

A mandar! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:08, 25 de maio de 2011 (UTC)

Cambios sin discusion[editar | editar a fonte]

Hola elvire. No entiendo porque has deshecho mi ultimo cambio, ya que he aportado datos totalmente ciertos. Si no estas de acuerdo con dichos datos o crees que son inciertos, rogaria te dirigieras a mi pagina de discusion. Un saludo. -Chouciño, 03:28, 1 de xuño de 2011 (UTC)

Luís Tosar[editar | editar a fonte]

Sen problemas. E que vin nun artigo da prensa que se iba a rodar en 2012, así que decidín engadila, e mesmo tiña pensado ir facendo un artigo sobre ela na Galipedia, aínda que non sei se é algo pronto. Un saúdo.--Adorian (fálame) 09:16, 7 de xuño de 2011 (UTC)

Poreime co artigo en canto poida, moitas grazas pola axuda (tamén tentarei mellorar o de Décimo Xunio Bruto na galipedia). O meu nivel de francés é mínimo, pero se podo axudar en calquera cousa conta comigo. Un saúdo!--Adorian (fálame) 09:16, 7 de xuño de 2011 (UTC)

Re:Categoría:Simbolismo[editar | editar a fonte]

Ok. Sen problema. Queda como a puxeras ti--. HombreDHojalata.conversa 07:17, 26 de xuño de 2011 (UTC)

E grazas polos parabéns!--. HombreDHojalata.conversa 07:18, 26 de xuño de 2011 (UTC)

Impulso[editar | editar a fonte]

Moitas grazas, Elvire, por seguir as miñas colabroracións, e polas túas palabras sobre elas, que me parecen un pouco exaxeradas (xenerosidade túa), e que me poñen colorado (elles me font rougir).

Tamén eu, como usuario, necesitaría unha proposta máis concreta para nomear os artigos e poñer ao día as categorías. Pero eu non son responsábel da politica de creación dos nomes dos artigos (que penso que anda un pouco descoidada).

Naturalmente que os contidos da Galipedia deben ser "conformes" á ciencia universal (e non só pola concordancia dos interwikis, senón pola exixencia da propia universalidade da linguaxe científica). Tamén, é certo, deben de ser, ao mesmo tempo "conformes" á linguaxe "común", para que sexa comprensíbel para todos os lectores. Ambas as cousas son compatíbeis.

Con respecto ao que dis sobre novas propostas de discusión para a Taberna, xa ando pensando nunha, referente a unha contradición interna do VOLG na utilización dos elementos ´-fito e -fita, tirados da palabra grega θυτόν (phytón), 'planta', 'vexetal'. Pronto a verás aquí, que xa vexo que eres unha habitual visitante.

Por último, penso que impulso hidrostático e principio de Arquímedes non son o mesmo concepto e, polo tanto, o mesmo artigo, polo que non cómpre a redirección. O impulso hidrostático é unha forza (tamén denominado impulso de Arquímedes, e aí si que hai redirección), mentres que o principio de Arquímedes, como indica o seu nome é un principio (ou lei) físico. De todos os xeitos, desde ambos os artigos pode un navegar ao outro.

Repito: moitas grazas por todo. --XoioÉche o que hai 14:38, 5 de agosto de 2011 (UTC)

Re: Saúdo de benvida[editar | editar a fonte]

Ola Elvire:

Moitas grazas pola benvida, alédame ter outra vez ocasión de falar contigo. Aprezo moito que te lembres de min. Teño que dicir que aínda que pase de cando en cando para min ten gran valor que o proxecto siga mellorando e que haxa moitas persoas contribuíndo co seu esforzo nese obxectivo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:53, 22 de setembro de 2011 (UTC)

Wikipedia:Wikiproxecto protagonista do Día das Letras Galegas[editar | editar a fonte]

Elvire, anímaste a ir comezando o fr:Valentín Paz-Andrade?--. HombreDHojalata.conversa 19:01, 20 de outubro de 2011 (UTC)

Gregorio Nacianceno[editar | editar a fonte]

Grazas moi de veras polas túas palabras. Aprezo moi sinceramente a túa tolerancia. Levo feito centenares de artigos dende o anonimato, case dende os comezos do proxecto e direiche con mágoa que si que hai wikipedistas que morden. O anonimato axuda a que o teu ego non se sinta ferido, e cando che traban simplemente abandonas por unha tempada ata que os totalitarios acouguen ou simplemente desaparezan. Dalgúns nunca máis se soubo. Levo feito artigos sobre moitos temas, especialmente filosofía, socioloxía(especialmente pensamento marxista) historia e historia das relixións. Fico perplexo que só cando escribo sobre personalidades que son santos é cando me atopo con problemas. Nalgún caso ata ocultei a súa condición de santos para previr ataques. Nos demais casos non pasa nada e mesmo teño recibido parabéns en moitas ocasións. O artigo de Gregorio Nacianceno baséase na bibliográfía que cito, ademais tómome a molestia de recoller citas literais das súas obras explicitando cal delas é. Polo que non hai subxectividade nin falta de neutralidade ou referencia. Podería caer no ridículo de poñer o ISBN dunha obra do século IV, como nalgunha vez con ameazas se me esixiu, pero creo que sería un desprestixio para a galipedia por absurdo. Este sobreesforzo fágoo unicamente cos santos, pois nos demais casos ninguén cuestiona a neutralide nin o fundamento do que escribo. Este artigo está moi por riba da media en canto a referencias se refire. Gracias unha vez máis pola túa comprensión.(mensaxe :[index.php?title=Conversa_usuaria:Elvire&oldid=2124759 16:57, 1 de novembro de 2011]‎ 178.60.241.80 (Conversa)‎)que non asinou --Elvira (fálame) 00:02, 3 de novembro de 2011 (UTC)

Conflito do sur de Serbia[editar | editar a fonte]

Moitas grazas, Elvire, pola túa rápida corrección. Xa me dera de conta do esquecemento das wikis e, cando ía amañalo, xa o fixeras ti. Que rapida! --XoioÉche o que hai 15:04, 8 de xaneiro de 2012 (UTC)

Votación aberta[editar | editar a fonte]

Grazas. Pois cando queiras podes votar en Wikipedia:Votacións á administración#Elección de novos administradores (se non ves a votación aberta pulsa en Limpar a caché). --. HombreDHojalata.conversa 22:11, 20 de xaneiro de 2012 (UTC)

Grazas[editar | editar a fonte]

) :) Só o humano se trabuca dúas veces na mesma pedra. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 08:05, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Ti nunca molestas[editar | editar a fonte]

Ti nunca molestas.

Así e todo, o que me dis déixame un pouco descolocado: Eu estaba intentando seguir un criterio próximo ó teu. Ben sabes que para min as imaxes da semana teñen que ser imaxes de excelsa calidade e que, de non as haber na Galipedia, habería que procuralas en commons sendo o de menos o motivo e o autor.

Non estou a proceder así: Procuro propoñer imaxes (propoñelas para imaxe da semana) co criterio de que queden bonitas, independentemente da súa calidade e valorando que se refiran a Galiza, inda que non son quen de non facer comentario sobre as imaxes.

Propuxen e votei malas imaxes, pero bonitas. Agora ben, o historial de imaxes da semana está cheo de fotos pésimas. Mesmo a min, que non me sinto moi dentro -máis ben fóra- da Galipedia, dáme vergonza a calidade das imaxes que na Galipedia aparecen como imaxe da semana (con desculpas para o autor, véxase a actual).

Por desgraza eu non son un profesional e non podo ter ascendencia como para facer recomendacións ós usuarios, pero estanse confundindo ó non intentar avanzar no dominio da fotografía, pois eu non obsevo grande avance nos últimos dous anos: Todo vale.

Eu estou no extremo contrario: para min case nada vale para imaxe da semana, pero acomódome ó que á comunidade considere oportuno e propoño desde aí.

Agora que me dis que as imaxes da portada teñen que ter bastante calidade técnica, pregúntome ¿que pinto eu?

Se falamos de calidade técnica eu só me podo remitir a aquelas imaxes que en Commons son imaxes de calidade inda que para min algunhas (como a da miña araña negra) non debesen selo.

Ti eras a miña referencia. Agora que dubidas, non podo volver propoñer sen ser eu a miña propia referencia.

Revisei moitas veces imaxes de Commons e da Galipedia en busca dunha imaxe de calidade que propoñer, pero non hai case imaxes de calidade, non hai (agás algunhas miñas, por desgraza, pois non podo propoñelas).

O que me queda é deixar de colaborar o pouquísimo que colaboro neste espazo, o único en que colaboro. Dígoo porque, de aqui en diante, só proporei imaxes das que estea convencido da súa calidade e, ou melloran moito as imaxes e as competencias dos usuarios da Galipedia, ou propor imaxes das que eu estea convencido será cousa imposible, pois non é aeptable que se aprobe unha imaxe da semana que non siga as normas de imaxe de calidade.

Pero tes razón, xa vai ben de fotos ananas, torcidas, queimadas, con aberracións cromáticas brutais...

Planto.

Bicos-- Lmbuga / Conversa comigo  04:32, 22 de febreiro de 2012 (UTC)

Dictionnaire raisonné de l’architecture française du XIe au XVIe siècle - Tome 6, Hôtel-de-Ville[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Creei unha páxina sobre as casas do concello e quería engadir algún dato sobre a historia deste tipo de edificacións. Atopei no Wikisource en francés un documento que citan noutro que lin: Dictionnaire raisonné de l’architecture française du XIe au XVIe siècle - Index Tome 6. Resúltame difícil lelo en francés, podes botarlle unha ollada para confirmar se se pode sacar algo de aí? (se tes tempo e sempre que non supoña unha complicación ter que facelo). Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 00:14, 29 de febreiro de 2012 (UTC)

Grazas Elvire por revisar esa páxina. Son eu o que me alegro de que poidamos colaborar. Revisei os artigos sobre as casas do concello nas distintas Wikipedias e semella que non son de moita axuda. Por iso pensei que se podía escribir algo sobre a historia destes edificios baseandome nun PDF que atopei, ao principio ten este texto "Los antecedentes hay que buscarlos en los palacios públicos del siglo XII en la Italia septentrional, y algo más tarde en los Países Bajos, Francia, y Alemania" (noutra fonte vin que nisto hai xermanistas e romanistas segundo a importancia que lle dan a uns ou a outros, pero iso polo de agora é outro tema). Nun artigo sobre a arquitectura románica en inglés en:Romanesque_secular_and_domestic_architecture#Civic_buildings poden verse algúns dos antecedentes en Italia, entre eles o it:Broletto_di_Como unha desas primeiras casas comunais (tamén citada no PDF). O Dictionnaire raisonné de l’architecture française du XIe au XVIe siècle talvez podería servir para obter un parágrafo ou dous falando deses antecedentes en Francia e quizais para poñer un exemplo da arquitectura deses edificios usar esta imaxe. Se iso é posible e se non é demasiado traballo podiamos intentalo (se ti puideras localizar algo no texto nesa liña logo xa veriamos como redactalo). Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:45, 29 de febreiro de 2012 (UTC)

Grazas pola imaxe[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Moitas grazas por cargar a imaxe ‎ViolletleDucTorre1.png. Un cordial saúdo. --Prevertgl 14:55, 3 de marzo de 2012 (UTC) Engadido: e polo texto que aínda non o vira. --Prevertgl 14:57, 3 de marzo de 2012 (UTC)

Xa supuxen que se subiches a imaxe aquí foi porque non estaba en Commons. Debín facelo eu mesmo e non pasarche ese traballo a ti pero como ando no dos concellos non o fixen. Por outra banda o texto que engadiches en Casa do concello gústame moitísimo porque son ese tipo de edicións as máis difíciles. Neses parágrafos explícase moi ben a orixe das casas comunais e o contexto no que surxiron. En canto ao dos concellos penso que pode ser un dos puntos fortes da Galipedia e a túa axuda sumada a de todos os compañeiros que están traballando neles de seguro que vai permitir melloralos. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:31, 3 de marzo de 2012 (UTC)

RE: proposta para imaxe da semana[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Deixei pasar tempo para contestar, pero non por lacazanería ou vagancia. Non dixen nada porque non sabía dicir nada máis.

Hoxe relín as túas palabras e vin que podía comentar algo.

Síntoo, a Galipedia é demasiado grande para min. Disme que eu son -quizais máis ben fun- importante en algo. Seríao, pero dáme igual. O problema son eu. Eu non nacín para estar só e a Galipedia quédame grande.

Non todos somos igual de fortes. Cada un é como é e hai que respectalo. Eu non son forte, pois preciso unha estreita compañía. Recoñezo que non é doado acompañarme, pero o que é... é xustamente o que é.

Así e todo, escribo esta mensaxe para dicirche que estou encantado de que te sintas satisfeita no proxecto. Eu non poderia estar satisfeito, non o estou, por iso non estou. É así de simple: Non me sinto acompañado-- Lmbuga / Conversa comigo  03:52, 17 de marzo de 2012 (UTC)

Les Mains sales[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Grazas polo teu comentario. É unha información moi útil, ademais acabo de aprender algo que podo aplicar noutra ocasión. Tamén serve para comprender porque nalgunhas ocasións aparece escrito en maiúscula e noutras non. Como foi Xas quen fixo esa redirección deixo nas súas mans a decisión final. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:41, 22 de marzo de 2012 (UTC)

Feísmo[editar | editar a fonte]

Ola Elvire. Eliminei da páxina de Xabier Paz a referencia da obra colectiva Feísmo? Destruír un país porque hai unha confusión: O coordinador do I Foro do Feísmo e tamén coordinador do apartado fotográfico do libro correspondente non é este Xabier Paz, senón Xavier Paz (con v), de Ourense, director editorial de Difusora de Letras, artes e ideas (www.difusora.org). Sinto non ter explicado debidamente as razóns desta corrección, son nova nisto. Un saúdo.--Nicole (conversa) 08:54, 24 de abril de 2012 (UTC)

François Hollande[editar | editar a fonte]

Ola, Elvire!

Teño que pedirche 1000 desculpas, porque vou editar o artigo de François Hollande, a pesar de que o tes marcado como {enuso}. Como xa comentei na taberna, esta tarde vou falar en Ourense sobre a wiki no contexto da construción presente da historia, e quería presentar ese artigo como exemplo de contexto histórico recente.

De todos modos, 1000 grazas por iniciares o artigo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:12, 8 de maio de 2012 (UTC)

Fixen unha edición para axeitar un pouco o artigo; pídoche desculpas de novo, e anímote a seguires traballando no artigo do novo président. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 07:24, 8 de maio de 2012 (UTC)
Ola, Elvire; concordo na necesidade de chegar a un acordo sobre a organización dos artigos sobre persoas, pero non teño moi claro cal sería o método correcto. Co artigo de Hollande, simplemente quería aquelalo para que esta tarde estea xeitosiño e visible para o público. Non fai falta que estea perfecto, de feito é ideal que apareza como 'en uso'.
Seguimos en contacto; un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:25, 8 de maio de 2012 (UTC)
Edita libremente, non te preocupes; prefiro mostrar a páxina tal e como estea no momento. De todos xeitos, tampouco me vou deter moito nela. Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:40, 8 de maio de 2012 (UTC)

Propor imaxes propias[editar | editar a fonte]

Ola Elvira. Non dou durmido máis e acabei aquí, na túa páxina de conversa.

Acabo de facer unha reflexión en Wikipedia:A Taberna (políticas)#Propor imaxes propias. Pídoche desculpas se a argumentación che resulta demasiado vehemente. Recoñezo que fun un pouco brusco, pero tiven que selo para dicir tanto con tan poucas palabras.

Bicos-- Lmbuga / Conversa comigo  04:54, 26 de maio de 2012 (UTC)

Non nos entendemos. Certamente non nos entendemos. Fálasme de propostas. Eu non fixen nigunha proposta, fixen un comentario argumentado segundo o meu criterio, perdoa pero é así. Eu non estou implicado na Galipedia. Non me sinto implicado. Como usuario que aparece por aquí de cando en cando, propoño algunha imaxe para imaxe da semana, coloco unha foto, corrixo algún erro de lingua e fago -como fixen agora- algunha crítica. O que non vou facer xamais é unha proposta. Paso, paso, paso, non me interesa ter unha colaboración asidua neste proxecto, tela puntual non me importa sempre que non chame en exceso a atención e sempre que poida ter unha sensación de tranquilidade. Colaborar na Galipedia supón para min non durmir e dígoo por experiencia.
Facer unha proposta supón crear unha páxina para votación. Eu non fixen tal. Eu só fixen unha crítica. Parece que non se pode criticar, polo que dis. Parece que para criticar hai que atender ós diferentes momentos do proxecto. Síntoo, non estou de acordo. Teño liberdade de expresión e critico cando me dea a gaña. Como non estou atento á evolución da Galipedia, critico ademais cando me apetece facelo.
Por certo, se non se fan críticas, non se anima un debate. Se non hai críticas, non procede un debate. Prtetendo unicamente que se debata.
Confundinme dirixíndome a ti para comunicarche as miñas palabras na Taberna, perdoa. Un bico.
PD. Cada vez que digo algo quéimome-- Lmbuga / Conversa comigo  12:00, 26 de maio de 2012 (UTC)
Arrepíntome de ter feito esa colaboración crítica cando eu sinto -pois non traballo aquí, non estou a facer nada- que paso deste proxecto-- Lmbuga / Conversa comigo  12:10, 26 de maio de 2012 (UTC)
Vou limitar máis a miña colaboración: Non volverei pasar pola páxina de propostas á imaxe da semana ata que se acepte que os usuarios propoñan as súas propias imaxes-- Lmbuga / Conversa comigo  12:14, 26 de maio de 2012 (UTC)

Desculpa as miñas palabras anteriores. Os problemas de saúde estanme amargando. Non mereces que sexa duro contigo-- Lmbuga / Conversa comigo  00:28, 27 de maio de 2012 (UTC)


Empresarios galegos[editar | editar a fonte]

Faiseme un pouco rara a xerarquía que propós para Categoría:Empresarios galegos. Segundo as túas últimas modificacións Categoría:Empresarios galegos e subcategoría de Categoría:Personalidades da empresa de Galicia. Para o meu entender soamente algúns empresarios son personalidades, e haberá empresarios que non son personalidades. Segundo a túa tódolos empresarios son personalidades.

--Stoni (conversa) 17:29, 30 de maio de 2012 (UTC)