Saltar ao contido

Tucson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tucson, Arizona»)
Modelo:Xeografía políticaTucson
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°13′18″N 110°55′35″O / 32.2217, -110.9264
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoArizona
County of Arizona (en) TraducirCondado de Pima (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación542.629 (2020) Editar o valor en Wikidata (906,48 hab./km²)
Número de fogares215.943 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaTucson metropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata (Poboación:1.043.433) Editar o valor en Wikidata
Parte de
Superficie598,609855 km² Editar o valor en Wikidata
Auga0,1432 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude728 m Editar o valor en Wikidata
Creación1775 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Tucson, Arizona (en) Traducir Editar o valor en WikidataRegina Romero (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal85701–85775, 85701, 85703, 85707, 85709, 85710, 85711, 85716, 85718, 85721, 85723, 85725, 85727, 85730, 85733, 85736, 85740, 85742, 85745, 85749, 85751, 85754, 85758, 85760, 85762, 85764, 85765, 85768, 85769 e 85774 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico520 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina webtucsonaz.gov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456687

Tucson é unha cidade situada no condado de Pima, no estado estadounidense de Arizona. É unha das principais cidades do corredor do Sol e a máis poboada ao sur de Arizona. Tamén é a segunda cidade en tamaño despois de Phoenix e a principal dentro da área da Mesilla. É a sede da Universidade de Arizona. No Censo de 2012 tiña unha poboación de 524 295 habitantes e unha densidade de poboación de 1078,8 hab./km². A cidade descansa dentro dun val de case 1300 quilómetros cadrados, rodeada por cinco cordilleiras prominentes, tres con cimas que se aproximan ou superan os 2700 metros de altura. O panorama urbano da cidade de Tucson caracterízase polas serras que rodean a cidade. Moi preto da cidade sitúase a serra de Santa Catalina ao norte, a Serra do Rincón ao leste e a serra de Tucson no lado occidental. Un pouco máis afastada encóntrase a serra de Santa Rita, que domina a vista sur da cidade.

En inglés o nome Tucson deriva do nome español de cidade, Tucsón, que foi collido do nome o'odham Cuk Ṣon, que significa ao pé da montaña do manancial negro.

Tucson está situado no medio dun asentamento indíxena de hai 10 000 anos, e distínguese por ser a rexión habitada continuamente máis antiga do hemisferio norte.

O misioneiro xesuíta Eusebio Francisco Kino visitou o val do río Santa Cruz no ano 1692, e fundou a misión de San Xavier do Bac no ano 1700 a uns 12 km río arriba do asentamento actual de Tucson. Un convento separado fundouse río abaixo do río Santa Cruz, cerca da base do que hoxe se coñece como montaña "A". Posteriormente Hugo O'Conor, ao mando de milicias españolas, estableceu unha fortificación que se denominou Presidio Real de San Agustín del Tucsón o 20 de agosto de 1775 (preto da corte de apelacións do condado de Pima). Durante o período do presidio español, Tucson foi atacado polos indios apaches no que se coñeceu como Segunda Batalla de Tucson. Sucesivamente o pobo denominouse Tucson e pasou a formar parte de México a partir da independencia de España no ano 1821.

Tucson no ano 1880.

De 1877 a 1878, a área de Tucson sufriría unha onda de asaltos. Destacarían entre estes dous cometidos polo asaltante de camiños chamado William Whitney Brazelton.

En 1885 foi fundada a Universidade de Arizona. No ano 1890 unha ondada de asiáticos fixeron aumentar a poboación da cidade nun 4,2%. Durante este ano viviron na cidade 5731 persoas, pero a poboación non quedou estancada nesa cifra, senón que aumentou gradualmente a 13 913 persoas no ano 1910. Nesa época a Administración de Veteranos dos Estados Unidos comezou a construción do Hospital de Veteranos, o cal aínda existe hoxe en día. Moitos veteranos que foran gaseados na primeira guerra mundial e tiñan necesidade de terapia respiratoria comezaron a ir a Tucson despois da guerra, debido ao aire seco e limpo. Ao longo dos anos seguintes, a cidade continuou a crecer, e seguiu aumentando a poboación de 20 292 persoas en 1920 a 36 818 persoas en 1940. En 2006, a poboación do Condado de Pima, onde está situado Tucson, pasaba dun millón de habitantes, mentres que na cidade de Tucson a poboación era de 535 000 persoas.

En 1912, cando se creou o Estado de Arizona, o número total de bandeiras que sobrevoaran Tucson eran cinco: estadounidense, española, mexicana, confederada e a do Estado de Arizona.

Tucson, Arizona no 1909.

Durante os primeiros tempos tras a creación do estado, Tucson foi a maior cidade comercial de Arizona, mentres Phoenix foi a sede do goberno do estado (inicio en 1889). Nesa mesma época, o establecemento do aeroporto municipal de Tucson aumentou a súa importancia. Entre 1910 e 1920, Phoenix superou a Tucson na poboación, e continúa a superar a Tucson en crecemento. Nos últimos anos, tanto Tucson como Phoenix experimentaron algunhas das maiores taxas de crecemento nos Estados Unidos.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Tucson, visto desde o espazo. Os catro maiores centros comerciais da cidade están sinalados con catro triángulos azuis.

De acordo co United States Census Bureau a cidade de Tucson ten unha superficie total de 588,02 km², dos cales 587,17 corresponden a terra firme e 0,84 é auga.

A cidade está situada a 806 metros sobre o nivel do mar (medida collida no Aeroporto Internacional de Tucson). Está situada sobre unha chaira aluvial no deserto de Sonora, rodeada por cinco franxas menores de montañas: as montañas de Santa Catalina e as montañas Tortolita polo norte, as montañas de Santa Rita polo sur, as montañas Rincón polo leste, e as montañas Tucson polo oeste. O punto máis alto das montañas de Santa Catalina é o monte Lemmon, o destino de esquí máis austral dos Estados Unidos continentais, mentres as montañas Tucson inclúen o pico Wasson. O punto máis alto da rexión é o monte Wrightson, o cal se atopa nas montañas Santa Rita.

Durante o inverno, a neve pode caer en Tucson en ocasións moi raras.

Tucson é a capital do condado de Pima e está localizada a 118 millas ao sueste de Phoenix e a 60 millas ao norte da fronteira de México. No 2012, segundo o Censo dos Estados Unidos, a poboación da cidade era de 524 295 habitantes, cunha poboación da área metropolitana de 843 168 persoas. En 2009, Tucson foi clasificada como a 32ª cidade cunha maior área metropolitana dos Estados Unidos. Tucson é a maior cidade do sur de Arizona, e a segunda maior no estado logo de Phoenix. É tamén a maior cidade da área Gadsden Purchase.

A cidade está situada na ribeira do río Santa Cruz, anteriormente un río perenne, pero agora co leito seco cara a onde flúen as augas das inundacións durante as choivas estacionais significativas.

Centro da cidade

[editar | editar a fonte]
Casa de adobe do século 19 no barrio Parque Armory.

Semellante a moitas outras cidades do oeste dos EEUU, Tucson foi desenvolvida cun plan de reixa a partir do final do século XIX, co centro da cidade en Stone Avenue e Broadway Boulevard. Mentres este cruzamento estivo inicialmente preto do centro xeográfico de Tucson, este foi cambiando a medida que a cidade medraba ao estenderse esta cara ao leste. A cidade non se puido desenvolver cara ao oeste porque as montañas Tucson lle impedían o avance cara a esta zona. A cidade expandiuse cubrindo unha área substancial e Tucson ten así moitos barrios distintos.

Os primeiros barrios de Tucson, algúns dos cales están agora cubertos polo Tucson Convention Center ou TCC, inclúen:

  • O Presidio, o seu barrio máis antigo.
  • Barrio Histórico, tamén coñecido como Barrio Libre.
  • Barrio Anita.
  • Barrio Tiburón, agora coñecido como a Cuarta Avenida.
  • Barrio El Jardín, nomeado por ter un dos primeiros lugares de lecer.
  • Barrio El Hoyo, nomeado por un lago que formaba parte dos xardíns.
  • Barrio Santa Rosa, data de 1890, agora listado como un barrio histórico no Rexistro Nacional de Lugares Históricos

Tucson ten veráns quentes e invernos temperados. Tucson é case sempre máis fría e máis húmida ca Phoenix por mor da maior elevación.

A cidade ten un clima desértico, con dúas estacións principais, de verán e inverno, ademais de tres estacións menores: outono, primavera e o monzón. Aínda así Tucson ten máis precipitacións que a maioría dos outros lugares con climas desérticos, aínda que aquí se evapora máis auga que nos outros lugares desérticos ao experimentar unha elevada perda neta de auga. Un escenario semellante pode verse en Alice Springs, Australia.

A diferenza máis obvia do clima da maioría das outras rexións habitadas é o clima quente e solleiro. Esta diferenza é un factor importante que contribúe a unha taxa de cancro de pel que é polo menos tres veces maior que en rexións máis ao norte.

O verán caracterízase por temperaturas diúrnas superiores aos 100 °F (37 °C) e durante a noite as temperaturas oscilan entre os 66 °F (19 °C) e os 85 °F (29 °C). O inicio do verán caracterízase pola baixa humidade e o ceo claro; os mediados e os finais do verán caracterízanse pola maior humidade, ceo nubrado e choiva frecuente.

O monzón pode comezar en calquera momento a partir de mediados de xuño ata finais de xullo, cunha data de inicio media en torno ao 3 de xullo. Esta época normalmente continúa ata agosto e, ás veces, ata setembro. Durante o monzón, a humidade é moito máis elevada que o resto do ano. Esta época comeza con nubes do sur durante o inicio da tarde, seguidas de tormentas intensas e choivas, que poden causar inundacións. O ceo da noite nesta época do ano está moitas veces acompañado de lóstregos. En grandes áreas da cidade non hai galerías de augas pluviais para as choivas de monzóns que inundan as rúas principais.

O clima no outono é semellante ao da primavera: seco, con noites frías ou quentes e días quentes. A principios do outono adoita haber temperaturas por enriba de 38 °C. A media diúrna é de 28 °C, con baixadas durante a noite de ata 13 °C típicas nesa época do ano, con medias de temperaturas diúrnas que caen máis rápido a partir de outubro e ata decembro.

Economía

[editar | editar a fonte]

Moito do desenvolvemento económico de Tucson está centrado no desenvolvemento da Universidade de Arizona, que actualmente é a segunda empresa con máis traballadores en nómina da cidade. A base da forza aérea de Davis-Monthan, situada no extremo sueste da cidade, tamén ofrece moitos empregos para os veciños de Tucson. A súa presenza, como tamén a presenza da intelixencia dos EEUU, levou ao desenvolvemento dun número significativo de industrias de alta tecnoloxía, incluíndo os provedores do goberno, na área. A cidade de Tucson é tamén un importante centro para a Ruta da Unión Ferroviaria Pacífica que une os portos dos Ánxeles coas rexións sur/sueste do país.

A cidade de Tucson, o condado de Pima, o estado de Arizona, e o sector privado comprometéronse a crear unha economía crecente e saneada, con base no sector da industria tecnolóxica. Raytheon Missile Systems, Texas Instruments, IBM, Intuit Inc., Universal Avionics, Sunquest Information Systems, Sanofi-Aventis, Ventana Medical Systems Inc., e Bombardier Aerospace teñen todas unha presenza significativa en Tucson. Preto de 150 empresas de Tucson están implicadas no proxecto de fabricación de sistemas de óptica e optoelectrónica, o que fai que Tucson gañe o alcume de "Optics Valley".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]