Torpedínidos
Torpedínidos Torpedos, estrugas, ortigas, raias eléctricas Rango fósil: eoceno - actualidade [1][2] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Torpedo marmorata | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
A dos torpedínidos (Torpedinidae) é unha familia de peixes elasmobranquios batoideos coñecidos vulgarmente como torpedos,[3] estrugas,[4] ortigas,[5] ou raias eléctricas,[6]
Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.[7]
Segundo a maioría dos autores a familia conta con dous xéneros, Torpedo e Tetronarce, aínda que o ITIS só recoñece o primeiro deles.
A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.[8]
Características[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e1/Atlantic_torpedo_noaa.jpg/200px-Atlantic_torpedo_noaa.jpg)
Morfoloxía[editar | editar a fonte]
As principais características dos torpedínidos son:[9]
- Os torpedos ou raias eléctricas son peixes aplanados, como as outras raias, en forma de disco, coas aletas caudais de tamaño variábel, segundo as especies.
- A boca e es branquias están situadas na cara inferior do animal.
- Os machos teñen unha cloaca cerca da base da cola.
- As femias son ovovivíparas.
- A especie máis grande é Tetronarce nobiliana (= Torpedo nobiliana auct.), coñecida na bibliografía internacional cono torpedo negro, que pode pesar até os 90 kg, e producir descargas eléctricas de 60 a 230 volts e superar intensidades de 30 ampères.
O órgano eléctrico[editar | editar a fonte]
As raias eléctricas producen bioelectricidade grazas ao seu órgano eléctrico (que é común en todos os chamados peixes eléctricos).
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/38/Elektroplax_Rochen.png/210px-Elektroplax_Rochen.png)
Este órgano, que nas raias eléctricas está hipertrofiado, está composto por células derivadas de nervios ou de miocitos, denominadas electroplacas ou electrocitos, que estes peixes utilizan para a creación de campos eléctricos.[10]
As descargas eléctricas deste órgano son utilizadas por estes peixes para a natación, a comunicación, a defensa e tamén ás veces para a incapacitación das súas presas.[11]
As electroplacas son capaces de produciren un potencial electroquímico de membrana do mesmo tipo que o que produce calquera célula, pero neste caso é amplificado pola gran concentración dos canais iónicos.
O órgano eléctrico é como unha batería que pode descargar choques eléctricos en forma de impulsos. As descargas eléctricas que produce poden ser enviadas ao corpo dunha presa, que queda atordada, permitíndolle á raia capturala e comela máis facilmente; ou tamén ao corpo dun depredador, para protexerse del.
Taxonomía[editar | editar a fonte]
Descrición[editar | editar a fonte]
A familia foi descrita en 1838 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte,[12] no tomo III, dedicado aos peixes, da súa obra Iconografia della Fauna Italica: per le quattro classi degli animali vertebrati (ler en liña), publicada en Roma entre os anos 1832 e 1841.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
O nome da familia, Torpedinidae, está construído sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Torpedo, coa adición da desinencia do latín científico -idae 'en forma de', propia dos nomes das familias dos animais.
En canto o nome do xénero, Torpedo, vén do latín torpere 'agarrotarse, quedar paralizado', referíndose ao efecto en alguén que manipula ou pisa unha destas raias viva.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Segundo o ITIS, a familia comprende un só xénero, Torpedo, pero a maioría dos autores (WoRMS, FishBase, NCBI e UICN) admiten, ademais, outro máis, Tetronarce.[13][14][15][16]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
Tetronarce californica (=Torpedo californica)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ FishBase. Torpediniformes (en inglés) Consultada o 7/11/2012.
- ↑ Order Torpediniformes (electric ray) Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks. Consultada o 12/12/2016.
- ↑ torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ estruga Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 2ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
- ↑ Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
- ↑ Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
- ↑ Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8, p. 112.
- ↑ Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2015): Torpedinidae en FishBase.
- ↑ Kramer, Bernd (1996). "Electroreception and communication in fishes" (PDF). Progress in Zoology 42.
- ↑ Castello, M. E., A. Rodriguez-Cattaneo, P. A. Aguilera, L. Iribarne, A. C. Pereira, and A. A. Caputi (2009). "Waveform generation in the weakly electric fish Gymnotus coropinae (Hoedeman): the electric organ and the electric organ discharge". Journal of Experimental Biology 212 (9): 1351–1364. doi:10.1242/jeb.022566.
- ↑ Torpedinidae Bonaparte, 1838 no ITIS.
- ↑ Tetronarce Gill, 1862 no WoRMS.
- ↑ Especies recoñecidas na familia dos Torpedinidae en FishBase.
- ↑ Torpedinidae no NCBI.
- ↑ Especies da familia dos torpedínidos na Lista vermella da UICN.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torpedínidos ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Torpedínidos |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
- VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Torpedinidae na FishBase. Consultada o 17/12/2016.