Torpedo (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Torpedo
Torpedos, estrugas, ortigas, raias eléctricas

Rango fósil: eoceno temperán - actualidade [1]

Torpedo marmorata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Orde: Torpediniformes
Familia: Torpedinidae
Xénero: Torpedo
Houttuyn, 1764
Especies
  • Véxase o texto

Torpedo é un xénero de peixes elasmobranquios batoideos, o tipo da familia dos torpedínidos, que son coñecidos vulgarmente como torpedos,[2] estrugas,[3] ortigas,[4] ou raias eléctricas,[5]

Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.[6]

A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.[7]

A situación taxonómica do xénero Torpedo é controvertida. Para algúns autores sería o único da familia dos torpedínidos, mentres que a maioría consideran que esta comprende, además de Torpedo, o xénero Tetronarce. (Véxanse os artigos Torpedínidos e Tetronarce).

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

As principais características das especies do xénero Torpedo son as seguintes:[1]

  • Os torpedos ou raias eléctricas son peixes aplanados, como as outras raias, en forma de disco, coas extremidades caudais de tamaño variábel.
  • A boca e es branquias están situadas na cara inferior do animal.
  • Os machos teñen unha cloaca cerca da base da cola.
  • As femias son ovovivíparas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1764 polo médico e naturalista neerlandés Maarten Houttuyn,[8] na súa monumental obra Natuurlyke Historie of uitvoerige Beschrÿving der Dieren, Planten en Mineraalen, volgens het Samenstel van der Heer Linnaeus ("Historia Natuural completa dos animais, plantas e minerais, segundo o sistema do señor Linneo"), publicada en 37 volumes en Ámsterdam entre 1761 e 1785.

Porén, algúns autores atribúenlle a súa descrición, en 1806, ao zoólogo francés André Marie Constant Duméril.[9]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome do xénero, Torpedo, deriva do verbo latino torpere , 'agarrotarse', 'quedar paralizado', facendo referencia ao efecto que producen estes animais en alguén que os manipula ou os pisa cando están vivos.

Sinonimia[editar | editar a fonte]

O xénero coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:

  • Segundo o ITIS:[8]
    • Eunarce Fowler, 1910
    • Fimbriotorpedo Fritsch, 1884
  • Segundo o WoRMS:[10]
    • Narcacion Gill (ex Klein), 1861
    • Narcacion Klein, 1776
    • Narcacion Bleeker (ex Klein), 1865
    • Narcobatus Blainville, 1816
    • Notastrape Whitley, 1932
    • Tetronarcine Tanaka, 1908
    • Torpedo Duméril, 1806

Clasificación[editar | editar a fonte]

Algúns autores consideran que este xénero comprende dous subxéneros:[10]

  • Torpedo (Tetronarce), coa especie:
    • Torpedo (Tetronarce) nobiliana Bonaparte, 1835, representada como Torpedo nobiliana Bonaparte, 1835, e aceptada actualmente como Tetronarce nobiliana (Bonaparte, 1835).
  • Torpedo (Torpedo), coas especies:
    • Torpedo (Torpedo) marmorata Risso, 1810, aceptada como Torpedo marmorata Risso, 1810.
    • Torpedo (Torpedo) torpedo (Linnaeus, 1758), aceptada como Torpedo torpedo (Linnaeus, 1758).

Porén, na actualidade, a maioría dos autores consideran o subxénero Tetronarce como un xénero independente.

Especies[editar | editar a fonte]

En canto ás especies, segundo o WoRMS,[10] e a FishBase,[1] o xénero comprende as seguintes especies:

Segundo o ITIS:[8]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2015): Familia Torpedinidae en FishBase.
  2. torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG.
  3. estruga Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 2ª acep., no dicionario da RAG.
  4. ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
  5. Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
  6. Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
  7. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8, p. 112.
  8. 8,0 8,1 8,2 Torpedo Houttuyn, 1764 no ITIS.
  9. Torpedo Duméril, 1806 no WoRMS.
  10. 10,0 10,1 10,2 Torpedo no WoRMS.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", in: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Paris: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374.
  • VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]