Tetronarce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tetronarce é un xénero de peixes elasmobranquios batoideos, un dos dous que integran a familia dos torpedínidos, que son coñecidos vulgarmente como torpedos,[1] estrugas,[2] ortigas,[3] ou raias eléctricas,[4]

Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atordar as súas presas e para defensa.[5]

As especies deste xénero son lentos habitantes dos fondos mariños que, como os seus parentes do xénero Torpedo, poden xerar electricidade como mecanismo de defensa contra os depredadores e para a captura das súas presas. Normalmente alcanzan un tamaño moito maior (até 180 cm) que as especies de Torpedo, que teñen xeralmente un tamaño de pequeno a moderado (entre os 25 e os 80 cm).[6]

A situación taxonómica do xénero Tetronarce é controvertida. Mentres que para a maioría dos autores a familia dos torpedínidos comprende dous xéneros, algúns pensan que as especies deste xénero están integradas en Torpedo. (Véxanse os artigos Torpedínidos e Torpedo).

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

As principais características das especies do xénero Tetronarce son as seguintes:[7]

  • Os torpedos ou raias eléctricas son peixes aplanados, como as outras raias, en forma de disco, coas extremidades caudais de tamaño variábel.
  • A boca e as branquias están situadas na cara inferior do animal.
  • Os machos teñen unha cloaca cerca da base da cola.
  • As femias son ovovivíparas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1862 polo ictiólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill,[8]

Taxonomía controvertida[editar | editar a fonte]

Segundo o ITIS, a familia dos torpedínidos comprende un só xénero, Torpedo, pero a maioría dos autores (WoRMS, FishBase, NCBI e UICN) admiten, ademais, o xénero Tetronarce.[7][8][9][10]

Clasificación[editar | editar a fonte]

O xénero comprende as seguintes nove especies:[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG.
  2. estruga Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 2ª acep., no dicionario da RAG.
  3. ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
  4. Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
  5. Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
  6. Carvalho, M. R. de. (2015): "Torpedinidae". En: Heemstra, P. C., Heemstra, E. & Ebert, D. A. eds., Coastal Fishes of the Western Indian Ocean. Vol. 1. Grahamstown, South Africa: South African Institute for Aquatic Biodiversity.
  7. 7,0 7,1 7,2 Froese, R. & D. Pauly, eds. (2016): FishBase.
  8. 8,0 8,1 8,2 Tetronarce Gill, 1862 no WoRMS.
  9. Torpedinidae no NCBI.
  10. Especies da familia dos torpedínidos na Lista vermella da UICN.
  11. Ebert, D. A., Haas, D. L. & de Carvalho, M. R. (2015): "Tetronarce cowleyi, sp. nov., a new species of electric ray from southern Africa (Chondrichthyes: Torpediniformes: Torpedinidae)". Zootaxa, 3936 (2): 237–250.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Froese, R. & D. Pauly, eds. (2016): FishBase. (Ver en liña en http://www.fishbase.org).
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", in: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-8565-3538-0, pp. 357–374.
  • VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]