Torpedínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torpedínidos
Torpedos, estrugas, ortigas, raias eléctricas

Rango fósil: eoceno - actualidade [1][2]

Torpedo marmorata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Batoidea
Orde: Torpediniformes
Familia: Torpedinidae
Bonaparte, 1838
Xéneros

A dos torpedínidos (Torpedinidae) é unha familia de peixes elasmobranquios batoideos coñecidos vulgarmente como torpedos,[3] estrugas,[4] ortigas,[5] ou raias eléctricas,[6]

Son raias moi coñecidas por seren capaces de producir descargas eléctricas de 8 até 220 voltios, dependendo da especie, que usan para atodar ás súas presas e para defensa.[7]

Segundo a maioría dos autores a familia conta con dous xéneros, Torpedo e Tetronarce, aínda que o ITIS só recoñece o primeiro deles.

A especie máis común en Galicia é Torpedo marmorata.[8]

Características[editar | editar a fonte]

Tetronarce nobiliana (= Torpedo nobiliana auct.), a especie máis grande da familia.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

As principais características dos torpedínidos son:[9]

  • Os torpedos ou raias eléctricas son peixes aplanados, como as outras raias, en forma de disco, coas aletas caudais de tamaño variábel, segundo as especies.
  • A boca e es branquias están situadas na cara inferior do animal.
  • Os machos teñen unha cloaca cerca da base da cola.
  • As femias son ovovivíparas.
  • A especie máis grande é Tetronarce nobiliana (= Torpedo nobiliana auct.), coñecida na bibliografía internacional cono torpedo negro, que pode pesar até os 90 kg, e producir descargas eléctricas de 60 a 230 volts e superar intensidades de 30 ampères.

O órgano eléctrico[editar | editar a fonte]

As raias eléctricas producen bioelectricidade grazas ao seu órgano eléctrico (que é común en todos os chamados peixes eléctricos).

Situación e estrutura das electroplacas dun torpedo.

Este órgano, que nas raias eléctricas está hipertrofiado, está composto por células derivadas de nervios ou de miocitos, denominadas electroplacas ou electrocitos, que estes peixes utilizan para a creación de campos eléctricos.[10]

As descargas eléctricas deste órgano son utilizadas por estes peixes para a natación, a comunicación, a defensa e tamén ás veces para a incapacitación das súas presas.[11]

As electroplacas son capaces de produciren un potencial electroquímico de membrana do mesmo tipo que o que produce calquera célula, pero neste caso é amplificado pola gran concentración dos canais iónicos.

O órgano eléctrico é como unha batería que pode descargar choques eléctricos en forma de impulsos. As descargas eléctricas que produce poden ser enviadas ao corpo dunha presa, que queda atordada, permitíndolle á raia capturala e comela máis facilmente; ou tamén ao corpo dun depredador, para protexerse del.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita en 1838 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte,[12] no tomo III, dedicado aos peixes, da súa obra Iconografia della Fauna Italica: per le quattro classi degli animali vertebrati (ler en liña), publicada en Roma entre os anos 1832 e 1841.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome da familia, Torpedinidae, está construído sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Torpedo, coa adición da desinencia do latín científico -idae 'en forma de', propia dos nomes das familias dos animais.

En canto o nome do xénero, Torpedo, vén do latín torpere 'agarrotarse, quedar paralizado', referíndose ao efecto en alguén que manipula ou pisa unha destas raias viva.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo o ITIS, a familia comprende un só xénero, Torpedo, pero a maioría dos autores (WoRMS, FishBase, NCBI e UICN) admiten, ademais, outro máis, Tetronarce.[13][14][15][16]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. FishBase. Torpediniformes (en inglés) Consultada o 7/11/2012.
  2. Order Torpediniformes (electric ray) Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks. Consultada o 12/12/2016.
  3. torpedo, 1ª acep., no dicionario da RAG.
  4. estruga Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine., 2ª acep., no dicionario da RAG.
  5. ortiga, 2ª acep., no dicionario da RAG.
  6. Raia eléctrica, no Gran dicionario Xerais da lingua, volume II. Vigo, Xerais, 2009. ISBN 978-84-9914-072-8.
  7. Martin, R. Aidan. Electric Rays. ReefQuest Centre for Shark Research.
  8. Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8, p. 112.
  9. Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2015): Torpedinidae en FishBase.
  10. Kramer, Bernd (1996). "Electroreception and communication in fishes" (PDF). Progress in Zoology 42. 
  11. Castello, M. E., A. Rodriguez-Cattaneo, P. A. Aguilera, L. Iribarne, A. C. Pereira, and A. A. Caputi (2009). "Waveform generation in the weakly electric fish Gymnotus coropinae (Hoedeman): the electric organ and the electric organ discharge". Journal of Experimental Biology 212 (9): 1351–1364. doi:10.1242/jeb.022566. 
  12. Torpedinidae Bonaparte, 1838 no ITIS.
  13. Tetronarce Gill, 1862 no WoRMS.
  14. Especies recoñecidas na familia dos Torpedinidae en FishBase.
  15. Torpedinidae no NCBI.
  16. Especies da familia dos torpedínidos na Lista vermella da UICN.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (I). Lampreas, raias e tiburóns. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-654-8.
  • VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-205-3616-4.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]