Wetar
| Tipo | illa | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Parte de | Barat Daya Islands (en) | ||||
| Situado na entidade xeográfica | Barat Daya Islands (en) | ||||
| Localización | |||||
| División administrativa | Maluku Barat Daya, Indonesia | ||||
| Localización | Timor and Wetar deciduous forests (en) | ||||
| |||||
| Bañado por | Mar de Banda e Estreito de Wetar (pt) | ||||
| Características | |||||
| Altitude | 493 m | ||||
| Dimensións | 45 ( | ||||
| Superficie | 2.600 km² 20.609,693 km² | ||||
A illa de Wetar pertence á provincia indonesia de Maluku e é a maior das illas de Barat Daya (literalmente "illas do sueste", xa que están a sueste da capital da provincia, Ambon).
É considerada parte das illas Molucas, Wetar fica ó leste das Pequenas Illas de Sonda, que inclúen tamén as illas de Alor e Timor, esta última separada por apenas 56 km de Wetar polo estreito que leva seu nome (Estreito de Wetar). Ao oeste, xunto ao Estreito de Ombai, fica a illa de Alor. Xa a suroeste o illote de Liran e, mais alén, a pequeniña illa timorense de Ataúro. Ao norte fica o Mar de Banda e ao leste Romang e Damar, as dúas outras principais illas das Illas de Barat Daya.
As principais cidades en Wetar son Lioppa, no noroeste, Ilwaki no sur, Wasiri no norte, Masapun no leste, e Arwala no nordeste, todas conectadas por estradas.
