Illa de Flores, Indonesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa de Flores
Pulau Flores
Flores map.png
Localización da illa
Flores Topography.png
Situación
País Flag of Indonesia.svg Indonesia
Arquipélago Illas da Sonda
Mar Mar de Flores, Océano Pacífico
Coordenadas 8°37′S 121°08′L / -8.617, -121.133
Xeografía
Superficie 13.540 km²
Longura máxima 354 km.
Largura máxima 66 km.
Punto máis alto 2.370 m. Poco Mandasawu
Demografía
Capital Maumere (pob. 70.000)
Poboación 1.831.000 (2010)
Densidade 135 hab./km²
Lingua propia Linguas malaio-polinesias


Kelimutu, Flores
Vila de Bena, en Flores

A Illa de Flores é unha das illas menores da Sonda, un arquipélago que se estende deste a oeste desde a illa de Xava en Indonesia. Atópase ao leste de Sumbawa e Komodo e ao oeste de Lomblen e do arquipélago de Alor. Ao sueste atópase Timor. Ao sur, máis aló do estreito de Sumba, está Sumba e ao norte, máis aló do Mar de Flores, Célebes.

Administración[editar | editar a fonte]

A Illa de Flores é parte da provincia de East Nusa Tenggara. Divídese en cinco distritos coñecidos como "rexencias"; deste a oeste son Manggarai, Ngada, Ende, Sikka e Flores Timur.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

A costa oeste da Illa de Flores é un dos poucos lugares, xunto coa illa de Komodo, onde se pode atopar o Dragón de Komodo en estado natural. Antigamente, este gran lagarto alimentábase de elefantes ananos do xénero Stegodon e ratas xigantes que se extinguiron pouco logo da chegada do home á illa. Este introduciu búfalos, cervos, xabaril e monos que se asilvestraron e son cazados polos dragones de Komodo. Abundan tamén as aves, os morcegos, as serpes e os anfibios.

En setembro de 2003 atopouse unha especie de homínido na cova de Liang Bua ao oeste da illa. Desde entón coñeceuse o achado como ¨"Home de Flores" (Homo floresiensis). Parece ser unha versión menor de Homo erectus de ao redor de 100–110 cm de estatura. Parece ser que existiu ata hai uns 18.000 anos ou ata menos.

Cultura[editar | editar a fonte]

A illa é principalmente católica, e isto constitúe o resto máis importante da colonización portuguesa.

As linguas faladas en Flores pertencen ao subgrupo chamado "bima-sumba" da póla malaio-polinesia das linguas austronesias.

Nos distritos de Ngada et Ende no centro da illa, atópase a cadea dialectal de Flores Centro. Nesta zona, existen unhas lixeiras variacións lingüísticas dunha vila a outra. En total identifícanse seis linguas diferentes. Do oeste cara o este son o ngadha ou ngada, o naxe, o keo, o ende, o lio et o palu'e que se fala na illa do mesmo nome ao norte de Flores. Pódese tamén engadi-lo so'a et o bajawa, mais os antropólogos considéranos ngada.

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Dende o punto de vista da xeodinámica, esta illa, bordeada ao norte pola conca de Flores et, ao Sur, pola conca de Savu, é volcanicamente activa con polo menos 13 volcáns en funcionamento. Por isto é unha zona onde se rexistra unha forte actividade sísmica, por exemplo co sismo do 12 decembro de 1992 de magnitude 7,5.

A análise estratigráfica e magmática (xeocronoloxía e xeoquímica) demostra que Florès é unha illa « nova », aparecendo probablemente no oligoceno superior mais seguramente no mioceno mediano.

Turismo[editar | editar a fonte]

Vila de Bena
Porto de Labuhan Bajo na costa oeste

A principal atracción turística en Flores é o volcán Kelimutu (1.639 m.) que contén tres lagoas de vivas cores, situado no distrito de Ende cerca da cidade de Moni, tamén se pode visitar o volcán Inierie preto da cidade de Bajawa. Estes lagos atópanse na caldeira do volcán, e alimentados por unha fonte de gas volcánico, o que resulta en auga altamente aceda. Os lagos coloreados cambian de cor sobre unha base irregular, dependendo do estado de oxidación do lago.[1] Desde o vermello brillante ao verde e azul.

Hai lugares para practicar esnórquel e mergullo ao longo da costa norte de Flores, especialmente Maumere e Riung. Con todo, debido á práctica destrutiva dos pescadores locais que utilizan bombas para pescar, e os locais que venden conchas aos turistas, xunto cos efectos posteriores dun devastador tsunami en 1992, os arrecifes foron destruídos lentamente.

Labuan Bajo a cidade situada na punta occidental é a miúdo utilizada polos turistas como base para visitar as illas de Komodo e Rinca. Labuan Bajo tamén atrae a mergulladores, xa que os tiburóns balea habitan as augas ao redor de Labuan Bajo.

Os pobos de Luba e Bena inclúen casas tradicionais de Flores, Bena tamén é coñecida pola súa Idade de Pedra (megalitos).

Larantuka, no extremo oriental da illa, é coñecido polos seus festivais Semana Santa.

Nos últimos anos, as empresas turísticas locais en torno a Kelimutu comezaron a promover percorridos en bicicleta por Flores, algunhas das cales tardan ata cinco ou seis días dependendo do programa en particular.[2]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pasternack. Keli Mutu Volcanic Lakes, University of California Davis.
  2. Markus Makur, 'Bycycle tours of Kelimutu boost local economy', The Jakarta Post, 13 de marzo de 2016.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]