Acción narrativa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A acción narrativa é a sucesión de acontecementos que constitúen o argumento dunha obra de literatura ou dun filme.

Variantes[editar | editar a fonte]

A acción narrativa presenta as seguintes variantes:

  • Acción ascendente / acción descendente: ata a crise e a súa resolución en catástrofe, a acción é ascendente; a cadea de acontecementos faise máis rápida. Mais a acción da obra pode ser descendente, cando se ralentiza, habitualmente ó nos achegarmos a unha solución.
  • Acción representada / acción narrada: a acción ofrécese: acción representada. Acción narrada: modalizada pola acción dun narrador.
  • Acción interior / acción exterior: a acción é mediatizada e interiorizada polo personaxe ou, en cambio, experimentada por este desde o exterior.
  • Acción principal / acción secundaria: a primeira céntrase na progresión do/dos protagonistas; a segunda insírese na primeira como intriga complementaria sen ter importancia xeral.
  • Acción colectiva / acción individual: o texto presenta a miúdo, paralelamente, sobre todo nos dramas históricos, o destino de heroes e o destino xeral ou simbólico dun grupo ou pobo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]