Saltar ao contido

Jabari Parker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJabari Parker

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de marzo de 1995 Editar o valor en Wikidata (30 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Duke (2013–2014)
Simeon Career Academy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Peso116 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2014 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Ala-pivote Editar o valor en Wikidata
Número deportivo12 Editar o valor en Wikidata
Convocado porMilwaukee Bucks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2013–2014 Duke Blue Devils
2014–2018 Milwaukee Bucks
2018–2019 Chicago Bulls
2019–2019 Washington Wizards
2019–2020 Atlanta Hawks
2020–2021 Sacramento Kings
2021–2022 Boston Celtics
2023– FC Barcelona Bàsquet
Familia
PaiSonny Parker Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: JabariParker Editar o valor en Wikidata

Jabari Ali Parker, nado o 23 de febreiro de 1995 en Chicago, Illinois, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2014, Parker foi seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Milwaukee Bucks.[1] O 9 de xullo de 2014, Parker asinou o seu contrato cos Bucks e uniuse ó equipo para a Liga de Verán da NBA de 2014. O 29 de outubro de 2014, fixo o seu debut na NBA no primeiro partido da tempada para os Bucks, contra os Charlotte Hornets. Xogou 37 minutos comezando de titular, e fixo 8 puntos, 4 rebotes, 1 asistencia e 1 roubo de balón na derrota de Milwaukee por 106-108 na prórroga.[2] Parker foi elixido coma o mellor rookie de outubro/novembro da Conferencia Leste.[3] O 15 de decembro de 2014, Parker sufriu unha lesión no ligamento cruzado anterior que lle apartou das pistas durante gran parte da tempada.[4]

O 14 de xullo de 2018, Parker asinou un contrato de dous anos e 40 millóns de dólares cos Chicago Bulls.[5]

O 6 de febreiro de 2019, Parker foi traspasado xunto a Bobby Portis e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Washington Wizards a cambio de Otto Porter Jr..[6]

O 11 de xullo de 2019, Parker asinou cos Atlanta Hawks.[7]

O 6 de febreiro de 2020, Parker foi traspasado ós Sacramento Kings.[8] O 25 de marzo de 2021, foi cortado polos Kings tras xogar tan só 27 minutos en 3 partidos.[9]

O 16 de abril de 2021, Parker asinou cos Boston Celtics.[10]

O 7 de agosto de 2023, Parker asinou un contrato dun ano co FC Barcelona da Liga ACB.[11]

  1. "Cavs take Wiggins with No. 1 pick in NBA draft". NBA.com. 2014-06-26. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2015. Consultado o 2014-06-27. 
  2. "Walker lifts Hornets over Bucks in OT, 108-106". NBA.com. 2014-10-29. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2014. Consultado o 2014-10-30. 
  3. "Parker, Wiggins named Kia Rookies of the Month". NBA.com. 2014-12-03. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2015. Consultado o 2014-12-04. 
  4. Stein, Marc (2014-12-16). "Bucks' Jabari Parker has torn ACL". ESPN. Consultado o 2014-12-17. 
  5. "Bulls sign Jabari Parker". NBA.com. 14 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2018. 
  6. "Bulls complete trade with Wizards". NBA.com. 6 de febreiro de 2019. Consultado o 6 de febreiro de 2019. 
  7. "Atlanta Hawks Sign Free Agent Jabari Parker". NBA.com. 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  8. "Kings Acquire Alex Len and Jabari Parker". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. 
  9. "Kings Acquire Maurice Harkless And Chris Silva". NBA.com. 25 de marzo de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  10. "Celtics Sign Jabari Parker". NBA.com. 16 de abril de 2021. Consultado o 17 de abril de 2021. 
  11. "Agreement in principle between FC Barcelona and Jabari Parker". FCBarcelona.com. 7 de agosto de 2023. Consultado o 7 de agosto de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]