Joe Harris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joe Harris
Axente libre
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 7 de setembro de 1991 (32 anos)
Washington Chelan, Washington
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 99 kg (219 lb)
Información da carreira
Instituto Chelan (Chelan, Washington)
Universidade Virginia (2010–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 2 / Elección: 33
Por Cleveland Cavaliers
Carreira desde 2014
Historial de equipos
Cleveland Cavaliers (2014–2016)
Canton Charge (2015)
Brooklyn Nets (2016–2023)
Detroit Pistons (2023–2024)

Joe Malcolm Harris, nado o 7 de setembro de 1991 en Chelan, Washington, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2014, Harris foi seleccionado na 33ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Cleveland Cavaliers. O 24 de xullo asinou o seu contrato de rookie cos Cavaliers.[1] Durante as súas dúas tempadas en Cleveland, foi asignado en varias ocasións ós Canton Charge, afiliado dos Cavs na NBA Development League. Na súa tempada coma rookie, os Cavaliers chegaron ás Finais da NBA de 2015, onde perderon contra os Golden State Warriors en seis partidos.

O 19 de xullo de 2016, Harris asinou cos Brooklyn Nets.[2] O 23 de novembro de 2020, Harris asinou un novo contrato cos Nets por catro anos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cavaliers Sign Draft Picks Wiggins, Harris to Contracts". NBA.com. 24 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  2. "Brooklyn Nets Sign Joe Harris". NBA.com. 19 de xullo de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2016. 
  3. Bontemps, Tim. "Agent: Joe Harris agrees to return to Nets on 4-year, $75 million deal". ESPN.com. ESPN. Consultado o 23 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]