Alessandro Gentile

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alessandro Gentile
Alessandro Gentile.jpg
Movistar Estudiantes  – No. 5
Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 12 de novembro de 1992 (26 anos)
Italia Maddaloni
Nacionalidade Italia Italia
Altura 2,00 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 104 kg (229 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2014 / Rolda: 2 / Elección: 53
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2009
Historial de equipos

Italia Benetton Treviso (2009–2011)
Italia Olimpia Milano (2011–2016)
Grecia Panathinaikos (2016–2017)
IsraelHapoel Jerusalem (2017)
Italia Virtus Bologna (2017–2018)
España Estudiantes (2018–)

Alessandro Gentile, nado o 12 de novembro de 1992 en Maddaloni, é un xogador profesional de baloncesto italiano que xoga no Movistar Estudiantes da Liga ACB. Cunha estatura de 2,00 metros pode xogar nas posicións de escolta e ala.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

De 2007 a 2009, Gentile xogou nas categorías inferiores do Pallacanestro Treviso. En 2009 chegou ó primeiro equipo e na tempada 2009-10 xogou 24 partidos, facendo 3.4 puntos e 1.2 rebotes por encontro. En 2011 conseguiu o galardón ó mellor xogador da liga italiana de menos de 22 anos. O 14 de xuño de 2011, renovou o seu contrato co Treviso por tres anos.[1]

En decembro de 2011, Gentile deixou o Treviso e asinou un contrato de tres tempadas co Olimpia Milano.[2] En xuño de 2014, despois de que o Milano conseguira o seu 26º título de liga, Gentile foi elixido o mellor xogador das finais da liga.[3]

O 26 de xuño de 2014, Gentile foi elixido na 53ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Minnesota Timberwolves.[4] Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Houston Rockets.[5]

O 30 de outubro de 2018 anunciouse a fichaxe de Gentile por unha tempada polo CB Estudiantes da Liga ACB.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Benetton Treviso extends with Alessandro Gentile.". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 09 de outubro de 2015. 
  2. EA7 EMPORIO ARMANI signs scorer Gentile.
  3. "Gentile named Serie A Finals MVP, Morey congratulates him on Twitter". Sportando.com. 28 de xuño de 2014. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 28 de xuño de 2014. 
  4. Carbaugh, Dane (27 de xuño de 2014). "Timberwolves select Alessandro Gentile with No. 53 pick in 2014 NBA Draft". SBNation.com. Consultado o 28 de xuño de 2014. 
  5. "Houston Rockets draft Switzerland forward Clint Capela, Arizona guard Nick Johnson". click2houston.com. 6 de agosto de 2014. Consultado o 7 de febreiro de 2015. 
  6. Alessandro Gentile, refuerzo para Movistar Estudiantes

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]