Campo Municipal de Fútbol Alcalde Manuel Candocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°32′02.2″N 7°56′28.2″O / 43.533944, -7.941167

Campo Municipal de Fútbol Alcalde Manuel Candocia
Datos
LocalizaciónLugar da Igrexa 15565 Somozas, Galicia
Estadio
SuperficieHerba natural
Dimensións104 x 64
Capacidade1.000 (200 sentados)
PropietarioConcello das Somozas
LocalíaUD Somozas

O Campo Municipal de Fútbol Alcalde Manuel Candocia ou Campo de Pardiñas é unha instalación destinada á práctica do fútbol situada no lugar da Igrexa. O Concello das Somozas é o seu propietario e nel xoga os seus partidos como local a Unión Deportiva Somozas.

O seu terreo de xogo é de herba natural, cunhas medidas de 104×64 metros e conta cunha bancada cuberta con capacidade para 200 persoas[1] e unha capacidade total de 1.000 persoas.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi inaugurado o 22 de agosto de 2010 cun partido entre a UD Somozas e o RC Deportivo da Coruña B[2]. Catro anos máis tarde sería rebautizado co nome do alcalde Manuel Candocia após o pasamento deste no mesmo campo de fútbol, cando estaba a presenciar un partido entre a UD Somozas (presidida tamén naquel momento polo finado) e o Centro Cultural e Deportivo Cerceda, o 19 de xaneiro de 2014[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Somozas – Campo Municipal de Pardiñas". Estadios de España (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-08. 
  2. Depor Sport (17 de agosto de 2010). "El Fabril se medirá al Somozas el próximo domingo en Pardiñas". Consultado o 08-04-2016. 
  3. Ramón Loureiro. La Voz de Galicia (19 de xaneiro de 2014). "Fallece el alcalde de As Somozas, Manuel Candocia, mientras presenciaba un partido de fútbol". Consultado o 08-04-2016.