Ariamiro

Ariamiro (?-561) foi un rei suevo que ocupou o trono entre o 558-559 e o 561. Sucedeu ao rei Chariarico e durante o seu reinado celebrouse o primeiro concilio de Braga que reorganizou a Igrexa católica do reino tras a conversión dos suevos ao catolicismo, abandonando así o Arrianismo. Á súa morte sucedeulle Teodomiro.
Historia[editar | editar a fonte]
A conversión ao catolicismo dos reis suevos, que se produciu probablemente ao redor do ano 550 —durante o reinado de Teodomiro—, foi obra de Martín de Braga e supuxo o paso definitivo para a integración entre os suevos e a aristocracia galaicorromana, consolidando así plenamente a monarquía.[1]
Baixo a supervisión de Martín, que xa ocupaba a sede metropolitana de Braga, foi transformada a organización eclesiástica tradicional herdada do baixo Imperio Romano coa división do reino en 13 dioceses —algunhas delas novas—, á súa vez agrupadas en dous grandes distritos ou «provincias eclesiásticas»: unha meridional, cuxa sede metropolitana sería Braga, e outra setentrional, con Lugo como nova sede metropolitana.[2]
Na consecución dos obxectivos de Martín de Braga foi fundamental o primeiro concilio de Braga celebrado en maio do 561 baixo os auspicios do rei Ariamiro no que se trataron a cuestión priscilianista e os problemas internos da Igrexa. A este seguiríalle un segundo concilio, celebrado tamén en Braga durante o reinado do rei Miro (570-583), fillo de Teodomiro (561-570), no que se completou a creación da Igrexa «nacional» sueva.[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ García Moreno 1982, p. 303-304.
- ↑ García Moreno 1982, p. 305.
- ↑ García Moreno 1982, pp. 304-305.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- García Moreno, Luis A. (1982). "Las invasiones y la época visigoda. Reinos y condados cristianos". En Juan José Sayas; Luis A. García Moreno. Romanismo y Germanismo. El despertar de los pueblos hispánicos (siglos IV-X). Vol. II de la Historia de España, dirigida por Manuel Tuñón de Lara. Barcelona: Labor. ISBN 84-335-9422-2.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Predecesor: Carriarico |
Rei dos Suevos 558/559 - 561 |
Sucesor: Teodomiro |