Tempada 1908/09 do Deportivo da Sala Calvet
Tempada 1908–09 | |||
Presidente | Laureano Martínez | ||
---|---|---|---|
Estadio | Corralón da Gaiteira Campo de Riazor | ||
|
A tempada 1908/09 foi a terceira tempada de existencia do Deportivo da Sala Calvet.
Resumo da tempada
[editar | editar a fonte]Concurso do María Pita
[editar | editar a fonte]A tempada 1908/09 do Deportivo da Sala Calvet iniciouse en setembro de 1908, coa disputa da segunda edición do concurso de fútbol organizado polo María Pita, e no que tomaron parte o Deportivo, o anfitrión e o Coruña.[1] Saíu vencedor o Deportivo, despois de derrotar aos outros dous equipos, e conquistou así o primeiro trofeo da súa historia, que consistiu nunha placa e once medallas de prata.[2]
A finais de novembro, o Deportivo organizou no Corralón da Gaiteira un festival deportivo benéfico coa fin de recadar diñeiro para as familias dos 11 mariñeiros falecidos no naufraxio do Unión 1ª fronte ao porto da Coruña. O festival consistiu nun partido de fútbol, outro de pushball e unha partida de tiro de corda.[3] No encontro de fútbol enfrontáronse dous equipos do Deportivo, xogando un deles cun equipamento a raias brancas e azuis, sendo esta a primeira vez que o club usaba as cores que serían as distintivas da entidade no futuro.[4]
Título de Real e novo campo
[editar | editar a fonte]O 4 de febreiro de 1909, o club recibiu de Afonso XIII o título de "Real", grazas en boa medida ás xestións do político de Ponteareas, Gabino Bugallal, e pasou a denominarse "Real Club Deportivo da Coruña", ao tempo que o rei se convertía en presidente de honra.[5][6] Foi o terceiro club de España en recibir a distinción de "Real", despois do Real Fortuna e o Real Club Coruña.[4]
Neses momentos, a entidade coruñesa precisaba un campo de fútbol en mellores condicións, e ante a imposibilidade de afrontar os gastos de rehabilitación do Corralón, a xunta directiva aprobou a proposta do fundador, Federico Fernández-Amor Calvet, que adquiriría uns terreos a carón da praia de Riazor e tras realizar as pertinentes obras, alugaría as instalacións ao club por 1500 pesetas ao ano ata a súa amortización.[5] O 16 de maio o Deportivo inaugurou o novo campo de Riazor (tamén chamado Parque de Riazor), só unha semana despois de que o seu máximo rival, o Real Club Coruña, estrease tamén un campo propio en Monelos, no veciño concello de Oza.[7]
O encontro inaugural foi disputado entre o Deportivo e o Real Fortuna, con vitoria para os vigueses por 1-3. O Deportivo formou con Gerardo Martínez na portería, Juan Long e Carlos González de Ancos na defensa, José de Llano, Francisco Martínez e Ramón Blanco-Rajoy no centro do campo, e José Rodríguez, Manuel Álvarez, Virglio, Félix de Paz e Antonio Portela na dianteira.[5] O primeiro gol na historia do campo de Riazor foi anotado por Pancho Estévez, autor dos tres goles vigueses, mentres que Manuel Álvarez marcou o primeiro e único gol local.[7] A estrea do novo campo da un pulo á afección do club, que sube nesa época ata roldar os 800 socios, entre eles destacadas personalidades como Santiago Casares Quiroga, futuro presidente do goberno.[7]
En xuño de 1909 o Deportivo disputou un amigable en Riazor contra o Pontevedra Sporting, que chegou reforzado con xogadores do Vigo FC e o Exiles, sendo practicamente o mesmo equipo que viña de participar na Copa do Rei co nome de Galicia Foot-Ball Club.[8] A vitoria foi para o equipo pontevedrés por 0-3, sendo os tres goles en propia meta do Deportivo.[8]
Copa Gabino Bugallal
[editar | editar a fonte]A finais de xuño deu inicio a primeira edición da Copa Gabino Bugallal, un torneo organizado polo Deportivo da Sala Calvet coa intención de funcionar a modo de campionato provincial. Inscribíronse un total de cinco clubs, todos coruñeses: Real Club Coruña, María Pita, Galicia Foot-ball Club e España, ademais do propio Deportivo. O día 24 disputouse o primeiro encontro, no que o Deportivo asoballou ao Galicia por 13-0, na que foi a maior goleada da historia do club ata hoxe.[9] O Deportivo chegou á terceira e penúltima xornada, ante o Coruña, empatado a puntos con este, ao que derrotou por 2-0 para colocarse líder do torneo.[10] Con todo, a competición nunca chegou a completarse.[11]
Copa Compostelá e Campionato de Galicia e Asturias
[editar | editar a fonte]Coruña e Deportivo víronse as caras de novo só unha semana despois, contendendo por primeira vez no campo de Monelos, nunha eliminatoria da Copa Compostelá. O equipo local conseguiu a vitoria neste partido de ida por 2-0, pero caeu por 4-1 na volta, nun violento partido disputado no campo de Riazor.[12] O encontro, no que Manuel Álvarez anotou un triplete (o primeiro documentado na historia do club) acabou cun expulsado por cada bando e coa rotura de clavícula de Ancos. Ademais producíronse pelexas entre as afeccións, nas que tivo que intervir a policía, que chegou a realizar varias detencións.[13] Dous días despois debía disputarse un partido de desempate, pero o Coruña decidiu non presentarse e non volver a xogar contra o Deportivo ata que se calmasen os ánimos das afeccións rivais.[14]
Na segunda metade de xullo, o Deportivo disputou a eliminatoria previa do Campionato de Galicia e Asturias ante o España, despois de que se retirasen o Coruña e o María Pita, inicialmente inscritos.[15] O conxunto da Sala Calvet logrou o triunfo nos dous partidos, por 6-1 e 3-1, converténdose así no representante coruñés do campionato.[16] A Liga de Amigos, organizadora do torneo, tiña planeado a disputa da fase final no Corralón da Gaiteira, pero non conseguiu preparar o campo a tempo. O Coruña ofreceu o seu campo, pero o Deportivo negouse a xogar en Oza, alegando que estaba fóra dos límites municipais da Coruña,[17] polo que o club da Sala Calvet ofreceu en alugueiro o campo de Riazor por 400 pesetas.[18] Isto provocou o enfado de Federico Fernández-Amor Calvet e do seu fillo, Federico Fernández Sar, pois non deran permiso ao club para alugar o seu campo.[14] O conflito provocou a dimisión de toda a xunta directiva do club.[17]
Finalmente, acabou utilizándose dito campo, no que contenderon só o Deportivo e o Fortuna de Vigo, resultando vencedor o club vigués por 1-9.[18] O terceiro participante no campionato, o Vigo FC, non puido viaxar a tempo, polo que o Fortuna foi declarado vencedor por terceiro ano consecutivo.[19] Só dous días despois, o Deportivo volveu xogar contra o Fortuna en Riazor, para dilucidar cal dos dous clubs se enfrontaría na final da Copa Compostelá ao defensor do título, o Pontevedra Sporting.[20] A pesar da ampla vitoria do Fortuna no partido anterior, neste caso o Deportivo conseguiu adiantarse no marcador con dous goles de Manuel Álvarez e Virgilio, antes de que na segunda metade os vigueses empatasen o partido. Con todo, o club coruñés considerou que o segundo gol do Fortuna fora anotado coas mans, polo que o capitán Long negouse a asinar a acta do encontro.[20] O Club Deportivo de Santiago, organizador do torneo, deu validez á decisión do árbitro Enrique Yerro de conceder o gol, e instou ao Deportivo a viaxar a Vigo para xogar un partido de desempate contra o Fortuna. O club coruñés negouse, sendo así descualificado.[19]
A finais de agosto, o Deportivo organizou un festival benéfico a favor das vítimas da guerra de Melilla, con exhibicións de fútbol, pushball, ximnasia, loita xaponesa, boxeo e tiro de corda.[21] Para os partidos de fútbol, pushball e o tiro de corda, o equipo coruñés convidou como rivais aos traballadores dunha empresa inglesa que se atopaban en Ferrol. O Deportivo presentou unha aliñación na que figuraban por primeira vez xuntos tres irmáns (Antonio, Rogelio e Ramón Portela),[22] rematando cun empate a dous goles.[21]
Persoal
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Pos | Nac | Nome |
---|---|---|
POR | Salvador Fojón | |
POR | Gerardo Martínez | |
DEF | Long | |
DEF | Ancos | |
DEF | Carpio Martínez | |
DEF | Arturo Zato | |
MED | Ángel Rodríguez | |
MED | Francisco Martínez | |
MED | José de Llano | |
MED | Antonio Portela | |
MED | Pedro M. Urioste | |
DIA | Félix de Paz | |
DIA | Virgilio | |
DIA | Ángel Boville | |
DIA | Manuel Álvarez | |
DIA | Pedro Urioste | |
DIA | José Rodríguez | |
DIA | Ramón Blanco-Rajoy | |
DIA | Eduardo Silva | |
DIA | Rogelio Portela | |
DIA | Ramón Portela | |
DIA | Manuel Collado |
Xunta directiva
[editar | editar a fonte]Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | Laureano Martínez |
Vicepresidente | Rogelio Fernández Conde |
Tesoureiro | Gonzalo Villanueva |
Contador | José González March |
Secretario | Ramón Moscoso |
Partidos
[editar | editar a fonte]Vitoria
Empate
Derrota
Amigables
[editar | editar a fonte]Concurso María Pita
[editar | editar a fonte]13 de setembro de 1908 | María Pita | 1 – 5[n 1] | Deportivo da Sala Calvet | A Coruña | ||
16:45 | Informe | Estadio: Corralón da Gaiteira Árbitro: López Varela | ||||
- ↑ A crónica de La Voz de Galicia da como resultado un 1-6.
27 de setembro de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | 3 – 1 | Coruña | A Coruña | ||
17:00 | Virgilio 25?' Manuel Álvarez 60?' (p.) ? 80?' |
Informe | Julián López 50?' (p.) | Estadio: Corralón da Gaiteira Árbitro: Manuel Insua | ||
Copa Gabino Bugallal
[editar | editar a fonte]1 24 de xuño de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 13 – 0 | Galicia Foot-ball Club | A Coruña | ||
16:30 | Informe | Estadio: Riazor | ||||
2 29 de xuño de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | –[i 1] | María Pita | A Coruña | ||
16:00 | Informe | Estadio: Riazor | ||||
- ↑ Foille concedida a vitoria ao Deportivo por incomparecencia do María Pita.
3 4 de xullo de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 2 – 0 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
18:15 | Manuel Álvarez 40?' Virgilio 80?' |
Informe | Estadio: Riazor | |||
Copa Compostelá
[editar | editar a fonte]Previa (ida) 11 de xullo de 1909 | Real Club Coruña | 2 – 0 | Deportivo da Sala Calvet | A Coruña | ||
17:30 | ? 50?' Caruncho 65?' |
Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Joaquín Pérez | |||
Previa (volta) 13 de xullo de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 4 – 1 | Real Club Coruña | A Coruña | ||
18:00 | Manuel Álvarez 10?' 20?' (p.) 40?' (p.) Virgilio 60?' |
Informe | Estadio: Riazor | |||
Semifinal 10 de agosto de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 2 – 2 | Real Fortuna de Vigo | A Coruña | ||
18:00 | Manuel Álvarez 25?' Virgilio 30?' |
Informe | Pancho Estévez 60?' Manuel Lago 80?' |
Estadio: Riazor Árbitro: Enrique Yerro | ||
Campionato de Galicia e Asturias
[editar | editar a fonte]Previa (ida) 18 de xullo de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 6 – 1 | España | A Coruña | ||
17:30 | Informe | Estadio: Riazor | ||||
Previa (volta) 25 de xullo de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 3 – 1 | España | A Coruña | ||
18:00 | Informe | Estadio: Riazor | ||||
Final 8 de agosto de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 1 – 9 | Real Fortuna de Vigo | A Coruña | ||
17:00 | Informe | Estadio: Riazor | ||||
Outros amigables
[editar | editar a fonte]16 de maio de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 1 – 3 | Real Fortuna | A Coruña | ||
17:00 | Manuel Álvarez 80?' (p.) | Informe | Pancho Estévez 20?' (p.) ?' 60?' (p.) | Estadio: Riazor Árbitro: López Varela | ||
13 de xuño de 1909 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 3 | Pontevedra Sporting[l 1] | A Coruña | ||
17:00 | Informe | Félix de Paz 20?' Francisco Martínez 40?' Llano 70?' |
Estadio: Riazor Árbitro: Fojón | |||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ventureira 2022, p. 80.
- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de setembro de 1908. p. 1.
- ↑ "El Club Deportivo Calvet". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de novembro de 1908. p. 1.
- ↑ 4,0 4,1 Ventureira 2022, p. 81.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Ventureira 2022, p. 86.
- ↑ Migués, Vítor Manuel (4 de febreiro de 2009). "EL CENTENARIO DE LA CONDICIÓN ?REAL? DEL CLUB DEPORTIVO DE LA SALA CALVET". Deportivo da Coruña (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 Ventureira 2022, p. 87.
- ↑ 8,0 8,1 "De sport". El Noroeste (en castelán) (4981). 15 de xuño de 1909. p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Notas de Sport". El Eco de Galicia (en castelán) (860). 25 de xuño de 1909. p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Notas de Sport". El Eco de Galicia (en castelán) (869). 6 de xullo de 1909. p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, pp. 89-90.
- ↑ Ventureira 2022, p. 91.
- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de xullo de 1909. p. 1.
- ↑ 14,0 14,1 Ventureira 2022, p. 90.
- ↑ "Notas de Sport". El Eco de Galicia (en castelán) (880). 18 de xullo de 1909. p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ Gonzalito (20 de xullo de 1909). "De sport". El Noroeste (en castelán) (4999). p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ 17,0 17,1 "Campeonato de foot-ball". El Noroeste (en castelán) (5928). 8 de agosto de 1909. p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ 18,0 18,1 "Campeonato de foot-ball". El Eco de Galicia (en castelán) (899). 10 de agosto de 1909. p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ 19,0 19,1 Ventureira 2022, p. 92.
- ↑ 20,0 20,1 "El partido de ayer". El Noroeste (en castelán) (5030). 11 de agosto de 1909. p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ 21,0 21,1 "La fiesta del domingo". El Noroeste (en castelán) (5047). 31 de agosto de 1909. p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
- ↑ "La fiesta de hoy". El Noroeste (en castelán) (5046). 29 de agosto de 1909. p. 1. Consultado o 4 de xaneiro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.