Tempada 1907/08 do Deportivo da Sala Calvet
Tempada 1907–08 | |||
Presidente | ![]() ![]() | ||
---|---|---|---|
Estadio | Corralón da Gaiteira | ||
|
A tempada 1907/08 foi a segunda tempada de existencia do Deportivo da Sala Calvet.
Resumo da tempada
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 1908 deu comezo un torneo organizado polo María Pita a modo de cuadrangular, no que participou ese club xunto ao Coruña e dous equipos do Deportivo, sendo esta a primeira competición local de fútbol na historia da Coruña. No seu primeiro partido, o Deportivo conseguiu a vitoria sobre o organizador por 0-4. A continuación viaxou a Vigo para xogar por primeira vez fóra da Coruña, e alí sufriu ante o Fortuna de Vigo unha ampla derrota por 12-0 que segue sendo hoxe en día a segunda peor goleada da historia do club.
Xa en febreiro, o Deportivo sufriu a primeira derrota da súa historia ante o seu máximo rival, o Coruña, por 4-1, e finalmente acabou na segunda posición o torneo local coruñés.[1] En marzo foi elixida unha nova xunta directiva, presidida por Laureano Martínez Brañas, futuro alcalde coruñés e pai dos xogadores do equipo Francisco e Carpio Martínez.[2] Tras varios meses sen xogar, o equipo volveu á acción en maio, baténdose ante a tripulación do barco inglés Albion, que naufragara ao golpear cos baixos do Carromeiro Chico de Corcubión.[2] O Deportivo conseguiu a vitoria, pero sufriu a baixa do seu gardameta, Salvador Fojón, que estivo a piques de perder un ollo neste encontro, incidente que practicamente o retirou da práctica do fútbol.[2]
En xullo disputouse a previa da segunda edición do Campionato de Galicia e Asturias, desta vez con cinco equipos da cidade: Coruña, Deportivo, María Pita, The Widovers e Alltheweek. O Deportivo debía enfrontarse no seu primeiro partido ao María Pita, pero foille concedida a vitoria por incomparecencia do rival, nunha decisión que causou polémica.[3][4] O 19 de xullo o Deportivo asoballou ao Alltheweek por 11-0, nunha das maiores goleadas da historia do club.[2] No partido decisivo, o deportivo goleou ao outro favorito, o Coruña, por 5-1, ante unha gran concorrencia de público no Corralón da Gaiteira, facéndose coa praza para a fase final do torneo, na que participaron tamén o Fortuna de Vigo e o Pontevedra Sporting.[5]
O 13 de agosto o Deportivo xogou no Corralón contra o Fortuna, que defendía título, formando os coruñeses con Argudín; Ancos, Long; Francisco Martínez, White, Llano; Boville, Félix de Paz, Virgilio, Manuel Álvarez e José Rodríguez.[6] O centrocampista inglés Alex H. White converteuse neste encontro no primeiro xogador estranxeiro na historia do club. O Deportivo perdeu os seus dous partidos do triangular, resultando vencedor de novo o Fortuna.[6]
Persoal
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Pos | Nac | Nome |
---|---|---|
POR | ![]() |
Salvador Fojón |
POR | ![]() |
Gerardo Martínez |
POR | ![]() |
Argudín |
DEF | ![]() |
Long |
DEF | ![]() |
Ancos |
DEF | ![]() |
Carpio Martínez |
DEF | ![]() |
Ramón Aguilar |
MED | ![]() |
Ángel Rodríguez |
MED | ![]() |
Francisco Martínez |
MED | ![]() |
Gonzalo Villanueva |
MED | ![]() |
José de Llano |
MED | ![]() |
White |
MED | ![]() |
Roberto Díaz |
DIA | ![]() |
Félix de Paz |
DIA | ![]() |
Virgilio |
DIA | ![]() |
Boville |
DIA | ![]() |
Manuel Álvarez |
DIA | ![]() |
Pedro Urioste |
DIA | ![]() |
José Rodríguez |
DIA | ![]() |
Manuel Collado |
Xunta directiva
[editar | editar a fonte]Ata o 28 de marzo
[editar | editar a fonte]Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | ![]() |
Vicepresidente | ![]() |
Tesoureiro | ![]() |
Contador | ![]() |
Secretario | ![]() |
Dende o 28 de marzo
[editar | editar a fonte]Cargo | Nome |
---|---|
Presidente | ![]() |
Vicepresidente | ![]() |
Tesoureiro | ![]() |
Contador | ![]() |
Secretario | ![]() |
Partidos
[editar | editar a fonte]Vitoria
Empate
Derrota
Amigables
[editar | editar a fonte]Concurso María Pita
[editar | editar a fonte]19 de xaneiro de 1908 | María Pita | 0 – 4 | Deportivo da Sala Calvet | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Corralón da Gaiteira | |||||
16 de febreiro de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | 1 – 4 | Coruña | A Coruña | ||
17:00 | Informe | Estadio: Corralón da Gaiteira | ||||
Campionato de Galicia e Asturias
[editar | editar a fonte]Previa 1 12 de xullo de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | – [n 1] | María Pita | A Coruña | ||
16:00 | Informe | Estadio: Corralón da Gaiteira Árbitro: Chateaubriand | ||||
- ↑ O Deportivo foi declarado vencedor por incomparecencia do María Pita.
Previa 2 19 de xullo de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | 11 – 0 | Alltheweek | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Corralón da Gaiteira | |||||
Previa 3 25 de xullo de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | 5 – 1 | Coruña | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Corralón da Gaiteira | |||||
Previa 4 26 de xullo de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | – [l 1] | The Widovers | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Corralón da Gaiteira | |||||
- ↑ O Deportivo foi declarado vencedor por incomparecencia do The Widovers.
1 13 de agosto de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 5 | Fortuna de Vigo | A Coruña | ||
17:20 | Informe | ? ![]() Posada ![]() Lago ![]() ![]() ? ![]() |
Estadio: Corralón da Gaiteira Árbitro: Vázquez Lescaille | |||
2 14 de agosto de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | 0 – 4 | Pontevedra Sporting | A Coruña | ||
17:00 | Informe | Benito González ![]() Cipriano Prada ![]() ![]() Abalo ![]() |
Estadio: Corralón da Gaiteira | |||
Outros amigables
[editar | editar a fonte]27 de xaneiro de 1908 | Fortuna de Vigo | 12 – 0 | Deportivo da Sala Calvet | Vigo | ||
Estadio: Coia | ||||||
10 de maio de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | – | Tripulación do Albion | A Coruña | ||
16:25 | Informe | Estadio: Corralón da Gaiteira | ||||
22 de xuño de 1908 | Deportivo da Sala Calvet | 2 – 1 | María Pita | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Corralón da Gaiteira | |||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ventureira 2022, p. 76.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Ventureira 2022, p. 78.
- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 1907. p. 1.
- ↑ "Las próximas fiestas". El Noroeste (en castelán) (4693). 14 de xullo de 1908. p. 1. Consultado o 3 de xaneiro de 2025.
- ↑ "De sport". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de xullo de 1908. p. 1.
- ↑ 6,0 6,1 Ventureira 2022, p. 80.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.