Tapa (peixe)
Tapa, meiga punteada Zeugopterus punctatus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787) [1] | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
A tapa ou meiga punteada,[3] é un peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes e familia dos escoftálmidos, cientificamente Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787).[1][4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita por primeira vez en 1787 polo médico e naturalista alemán Marcus Elieser Bloch, co nome de Pleuronectes punctatus.[1]
Características
[editar | editar a fonte]De até 25 cm de lonxitude,[5][6] ten o corpo moi ancho, ovalado, cuberto de escamas adherentes, ctenoides no lado ocular e cicloides no lado cego.
E cor, no lado ocular, é parda escura con manchas negras.
Os ollos son pequenos, e están afastados dos bordos da cabeza, e ambos os dous cubertos parcialmente por escamas.
A boca é moi protáctil, con dentes pequenos en ambas as mandíbulas.
A aleta dorsal orixínase a nivel do ollo superior, a pectoral do lado ocular é maior que a do cego, as pelvianas, son simétricas e de igual tamaño, cos raios posterioresd firmemente unidos ao primeiro raio da aleta dorsal, e a aleta cualdal é bastante pequena.[6]
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Vive nas costas do Atlántico N, desde de Trondheim (Noruega) até o mar Cantábrico, e en Terra Nova (Canadá).[5]
Normalmente encóntrase sobre fondos areosos, entre os 20 e os 30 m, e baixo as bateas mexilloeiras a uns 10 m de profundidade,[7] ou sobre fondos rochosos con algas, a pouca profundidade, alimentándose de peixes e crustáceos.[6]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Rodrígez Solórzano el al. citan a súa presenza en toda Galicia, especialmente na ría de Arousa e, en xeral, nas rías nas que abundan polígonos de mexilloeiras.[7]
Nomes galegos
[editar | editar a fonte]Tapa é o nome lle dan Rodríguez Villanueva e Vázquez na súa obra Peixes do mar de Galicia (III),[6] que vén sendo un eufemismo (tamén usado polas xentes do mar) de tapaconas, nome que tamén se lle dá a outras varias especies de peixes planos, especialmente a Arnoglossus laterna (Walbaum).
Pola súa parte, para Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario multilingüe, tapa é un sinónimo de meiga punteada, nome que lle adxudican estes autores á especie en cuestión,[3] aínda que as verdadeiras meigas ou rapantes pertencen ao xénero Lepidorhombus, da mesma familia, e de que as Normas para os nomes vulgares ou vulgarizados das especies biolóxicas recomendan, sempre que sexa posíbel, empregar nomes vulgares distintos para especies de diferentes xéneros (e de que, ademais, o epíteto punteada non está recollido no dicionario da RAG).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787) no WoRMS.
- ↑ Zeugopterus punctatus no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 Lahuerta e Vázquez (2000), p. 84.
- ↑ Zeugopterus punctatus en The Taxonomicon (en inglés)
- ↑ 5,0 5,1 Zeugopterus punctatus en FishBase (en inglés).
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Rodríguez Villanueva e Vázquez (1995), p. 292.
- ↑ 7,0 7,1 Rodríguez Solórzano (1988), p. 51.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tapa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
- Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Zeugopterus punctatus Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. na EOL. (en inglés)
- Zeugopterus punctatus (Bloch, 1787), en DORIS (en francés)