Rapapelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Arnoglossus laterna")
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Arnoglossus laterna
Rapapelos, rapapelos do Mediterráneo
Arnoglossus laterna 2.jpg
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Bothidae
Xénero: Arnoglossus
Especie: A. laterna
Nome binomial
Arnoglossus laterna
(Walbaum, 1792) [1]

Rapapelos[2] ou rapapelos do Mediterráneo[3] (Arnoglossus laterna), é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos bótidos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por primeira vez en 1792 polo médico, naturalista e taxónomo alemán Johann Julius Walbaum, baixo o nome de Pleuronectes laterna.[1]

Ademais de por este nome orixinario, e do actualmente válido, ao longo da historia foi coñecido polos seguintes sinónimos:[1]

  • Arnoglossus laterna microstoma Kyle, 1913
  • Arnoglossus macrostoma Kyle, 1913
  • Pleuronectes arnoglossus Bloch & Schneider, 1801
  • Pleuronectes conspersus Canestrini, 1861
  • Pleuronectes diaphanus Shaw, 1803
  • Pleuronectes leotardi Risso, 1810
  • Pleuronectes pellucidus Nardo, 1824
  • Rhombus soleaeformis Malm, 1865

Características[editar | editar a fonte]

As principais características morfolóxicas desta especie son:[2][4]

Arnoglossus laterna pescado no sur do mar do Norte.
  • Corpo ovalado, esvelto, deprimido e moi delgado, translúcido, de até os 25 cm de lonxitude como máximo, aínda que os que de poden ver nos mercados rondan os 10–12 cm.
  • Ollos situados no lado esquerdo da cabeza, separados por unha crista ósea moi aparente. O ollo inferior está un pouco adiantado con respecto ao superior.
  • Boca armada con dentes pequenos.
  • Liña lateral cunha marcada curva sobre a aleta pectoral.
  • Aleta dorsal con de 82 a 98 raios (brandos), e a anal con de 63 a 74 raios (igualmente brandos).
  • Os cinco ou seis primeiros raios da aleta dorsal sobresaen fóra da membrana da aleta, xa que esta é moi baixa no seu comezo, non alcanzando a súa altura normal ata o sexto ou sétimo raio.
  • O segundo raio da aleta dorsal non destaca sobre os demais raios.
  • O pedúnculo caudal é case inexistente, e a aleta caudal é arredondada.
  • Coloración, no lado pigmentado, parda clara con numerosas pequenas manchas máis escuras (negras).

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat

É unha especie mariña, demersal, que vive a profundidades de entre os 10 e os 200 m, usualmente entre os 10 e os 100 m1, sobre fondos areosos e lamacentos.[2][4]

Distribución

Distribúese polas costas do Atlántico oriental entre os 62° N e os 17° S, e entre os 18° W e os 34°, desde Noruega até Angola, e tamén habita no mar Mediterráneo até o mar Negro, sendo especialmente abundante no mar do Norte.[4]

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Forma larvaria de Arnoglossus laterna.
Nutrición

Aliméntase de pequenos peixes e invertebrados bentónicos.[2][4]

Reprodución

Reprodúcese en primavera e verán, entre os meses de abril e agosto.[2]

Pesca[editar | editar a fonte]

O rapapelos do Cabo é un peixe comestíbel, pescándose activamente nas zonas onde vive.[3]

Galicia[editar | editar a fonte]

O primeiro rexistro desta especie en Galicia fíxoo De Buen en 1935, no seu traballo "Fauna ictiológica. Catálogo de los peces ibéricos de la planicie continental, aguas dulces, pelágicos y de los abismos próximos, I parte", Not. y Res. Inst. Esp. Ocean. 82: 89-148. Posteriormente foi rexistrado en numerosas ocasións.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Arnoglossus laterna (Walbaum, 1792) no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Rodríguez Villanueva, X. L.; Xavier Vázquez e Henrique Álvarez Escudero (1995): Peixes do mar de Galicia (III). Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2, pp. 296-297.
  3. 3,0 3,1 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 79.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Froese, R. & D. Pauly, editors (2015): Arnoglossus laterna (Walbaum, 1792) en FishBase.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Aldebert, Y.; M. Desoutter & J.-C. Quéro (1990): "Bothidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds. Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, Paris; e UNESCO, Paris. Vol. 2. pp. 1027-1036.
  • Fenner, Robert M. (2001): The Conscientious Marine Aquarist. Neptune City, New Jersey, USA: T.F.H. Publications.
  • Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4ª edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]