Tamar Novas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tamar Novas
Nome completo Tamar Novas
Nacemento 3 de outubro de 1986 (31 anos)
Lugar Santiago de Compostela Galicia Galicia
Nacionalidade España
Profesión actor
Coñecido/a por Tamar Novas

Tamar Novas é un actor galego nacido en Santiago de Compostela o 3 de outubro de 1986.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A súa primeira experiencia interpretativa foi no ano 1999, na película A lingua das bolboretas, ás ordes de José Luis Cuerda. Pero o verdadeiro éxito e recoñecemento chegaríalle en 2004, da man de Alejandro Amenábar e a súa película Mar adentro. O seu papel nesta cinta, o de sobriño de Ramón Sampedro, valeulle un Premio Goya ó Mellor Actor Revelación, así coma o premio da Unión de Actores na mesma categoría.

A raíz da popularidade adquirida grazas a Mar adentro fixo un cameo na popular serie Siete Vidas (Telecinco) e máis recentemente fixo outra aparición capitular en Mesa para cinco (La Sexta). Tamén formou parte do elenco principal da primeira temporada da serie da TVG A vida por diante.

En 2008 colaborou nas serie Cuenta Atrás (Cuatro) e La Señora (TVE), participando en varios episodios desta última.

En 2009 rodouse a película Los abrazos rotos, protagonizada por Penélope Cruz e dirixida por Pedro Almodóvar, na que interveu.

En 2010 participou na segunda tempada de Acusados (Telecinco), no papel de Jaime Holgado.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Fixo[editar | editar a fonte]

Episódico[editar | editar a fonte]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2004 Mellor actor revelación Mar adentro Gañador

Premios da Unión de Actores[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2004 Mellor actor revelación Mar adentro Gañador

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2008 Mellor interpretación masculina secundaria ¡Maldito bastardo! Candidato
2007 Mellor interpretación masculina secundaria Unha muller invisible Candidato
2006 Mellor interpretación masculina protagonista A vida por diante Candidato

Festival Internacional de Cine de Venecia[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2004 Copa Volpi ó mellor actor Mar adentro Candidato

Festival Internacional de Cine de Cannes[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Película Resultado
2009 Premio de interpretación masculina ó mellor actor Los abrazos rotos Candidato

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]