Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Allí abajo
Instancia de
Título
Allí abajo (es)
Xénero artístico
Ambientado en
Lingua
Lingua orixinal
Creador/a
Director/a
Compositor/a
Guionista
Compañía produtora
Emisora orixinal
Data de comezo
7 de abril de 2015
Data de remate
11 de xuño de 2019
Nº de episodios 28 Nº de tempadas 2
Localización
País de orixe
Wikidata
Allí abajo é unha serie de televisión española de comedia producida por Plano a plano para a canle Antena 3 . A súa estrea foi o 7 de abril de 2015 . Aínda que á temática da serie é similar á da exitosa película Ocho apellidos vascos , a idea orixinal da serie é anterior á película, tendo máis puntos en común coa francesa Bienvenue chez les Ch'tis .
A serie xira en torno a Iñaki, un vasco de trinta anos que nunca saíu de Euskadi . Vive coa súa nai, Maritxu, a clásica matriarca vasca, absorbente e dominante, que ve a Iñaki como un neno eterno incapaz de funcionar pola súa conta na vida. O único intercambio afectivo que mantén Iñaki é cos seus amigos de toda a vida. No bar que rexenta Iñaki, herdado do seu defunto pai, traballa Nekane, unha camareira que está tolamente namorada del, pero que nunca llo dixo.
E mentres a vida de Iñaki transcorre pracidamente, un día vese obrigada a acompañar a súa nai a Sevilla nunha viaxe do Imserso, unha viaxe para a que non está preparado. Para Iñaki, nada volverá ser o mesmo unha vez estea atrapado... alí abaixo.
Jon Plazaola é Iñaki Irazabalbeitia, fillo de Maritxu.
Ane Gabarain é María "Maritxu" Galarza, nai de Iñaki.
María León é Carmen Almonte, enfermeiro xefe da Clínica Híspalis.
Mariano Peña é Benito Benjumea, ancián que vive na Clínica Híspalis.
Gorka Aguinagalde é Koldo Intxaustegi, médico e amigo vasco de Iñaki.
Iker Galartza é Peio, amigo vasco de Iñaki.
Óscar Terol é Antxon Oleaga, amigo vasco de Iñaki.
Maribel Salas é Begoña "Bego" Galarza, irmá de Maritxu e tía de Iñaki.
Santi Ugalde é Sabino Goikolea, cuñado de Maritxu e tío de Iñaki.
Beatriz Cotobal é Isabelita, cuñada de Carmen e cociñeira do bar de la Clínica Híspalis.
Alazne Etxeberria é Nekane, camareira do bar que rexenta Iñaki en Euskadi.
Alfonso Sánchez é Roberto "Rober" Almenar, médico da Clínica Híspalis.
Rocío García Molina é Irene Escobar, enfermeira da Clínica Híspalis.
Mari Paz Sayago é Dolores Ocaña, recepcionista da Clínica Híspalis.
Noemí Ruíz é Trinidad "Trini" Lozano, directora da Clínica Híspalis.
Salva Reina é José Gregorio Narváez "Jozé", celador da Clínica Híspalis.
Teresa Quintero é Ángela Parrón, enfermeira da Clínica Híspalis.
Alberto López é Rafael "Rafi" Almonte Morales, irmán de Carmen e propietario do bar da Clínica Híspalis.
Paula Rodríguez é Rosa "Rosita" Almonte, filla de Isabelita e Rafi.
Carmen Frigolet é Merche, veciña laretas de Carmen.
Antonia Gómez é Piedad, veciña laretas de Carmen.
Carmina Barrios é Lucía "Luci", veciña laretas de Carmen.
Lucía Hoyos é Eugenia Benjumea, filla de Benito.
Paula Hidalgo é Azucena Benjumea, neta de Benito.
Joseba Apaolaza é Mikel Irazabalbeitia.
Beatriz Berciano é Alicia "Ali" Medina.
Octavi Pujades é Xavier.
José María del Castillo é Walter, guía turístico venezolano.