La Señora
| La Señora | |||
|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||
|
Xénero
| |||
|
Lingua orixinal
| |||
|
Lingua
| |||
| Autoría | |||
|
Creador/a
| |||
|
Actores
Adriana Ugarte
Ana Turpin Laura Domínguez (pt) Carmen Conesa (pt) Ana Wagener Berta Ojea Raúl Peña (pt) Alberto Ferreiro (pt) Lucía Jiménez Rodolfo Sancho Roberto Enríquez (pt) Carolina Lapausa (pt) | |||
| Publicación | |||
|
Compañía produtora
| |||
|
Emisora orixinal
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Data de comezo
| |||
|
Data de remate
| |||
| Dimensións | |||
|
Número de episodios
| |||
|
Número de tempadas
| |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
|
Páxina WEB
| |||
| Wikidata |
La Señora é unha serie dramática de televisión producida por Diagonal TV para Televisión Española, estreouse o 6 de marzo de 2008 e chegou ao seu fin o 18 de xaneiro de 2010. Emitiuse a razón dun episodio por semana. A serie rodouse en Asturias, Sepúlveda e Navalcarnero. En moi pouco tempo converteuse na serie estrela da noite dos luns, superando sen ningunha dificultade á todopoderosa CSI.
A segunda tempada da serie estreouse o 1 de xuño de 2009 ata o 9 de novembro de 2009 sendo líder indiscutible da noite dos luns.
A terceira tempada estreouse directamente despois do final a segunda, o 16 de novembro de 2009, con excelentes datos de audiencia e convertendo a serie, unha vez máis, na máis seguida do prime-time do luns. Co cesamento da publicidade na cadea pública a principios do 2010, a audiencia da serie non deixou de subir, superando con toda comodidade os catro millóns de telespectadores. A serie despediuse definitivamente da súa audiencia o 18 de xaneiro de 2010, superando os cinco millóns de telespectadores.
Tras o final da serie, realizouse un spin-off chamado 14 de abril. La República no que aparecen algúns personaxes da serie.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Adriana Ugarte, como Victoria Márquez de la Vega, marquesa de Castro.
- Rodolfo Sancho, como Ángel González Ruiz, sacerdote.
- Roberto Enríquez, como Gonzalo López, marqués de Castro.
- Ana Turpin, como Irene de Castro y de la Fuente, filla do anterior marqués de Castro e primeira esposa de Gonzalo.
- Laura Domínguez, como Catalina de Castro y de la Fuente, irmá ilexítima do marqués e criada.
- Alberto Ferreiro, como Pablo Márquez de la Vega, irmán idealista de Victoria.
- Lucía Jiménez, como Encarna Alcántara Prieto, rapaza humilde do pobo.
- Carmen Conesa, como Alicia Santibáñez, dona do maior prostíbulo da comarca.
- Ana Wagener, como Vicenta Ramírez, serventa dos Márquez.
- Berta Ojea, como Adelina, cociñeira dos Márquez.
- Alberto Jiménez, como Ricardo Márquez González, pai de Victoria e Pablo.
- Raúl Prieto, como Salvador González Ruiz, irmán de Ángel.
- Pepa López, como Amalia Ruiz, nai de Ángel.
- Claudia Giráldez, como Conchita, contrapunto de Vicenta.
- Pepo Oliva, como Justo Sanz, coidador dos animais dos Márquez.
- Benito Sagredo, como Alejandro, médico.
- Raúl Peña, como Hugo de Viana, prometido de Victoria.
Premios e candidaturas
[editar | editar a fonte]Fotogramas de Prata 2009
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor actriz de televisión | Adriana Ugarte | Gañadora |
XVIII Edición dos Premios da Unión de Actores
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor actor protagonista de televisión | Roberto Enríquez | Candidato |
| Mellor actriz secundaria de televisión | Ana Wagener | Candidata |
| Mellor actriz secundaria de televisión | Berta Ojea | Gañadora |
XIX Edición dos Premios da Unión de Actores
| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor actriz protagonista de televisión | Adriana Ugarte | Gañadora |
| Mellor actor protagonista de televisión | Roberto Enríquez | Ganador |
| Mellor actriz secundaria de televisión | Carmen Conesa Ana Wagener |
Gañadora Candidata |
| Mellor actor secundario de televisión | Víctor Clavijo Raúl Peña |
Gañador Candidato |
| Mellor actriz secundaria de televisión | Inma Cuevas | Candidata |
| Mellor actor secundario de televisión | Juan Meseguer Alberto Rubio |
Gañador Candidato |
| Mellor actriz revelación | Carolina Lapausa | Candidata |
Outros
- Mención especial TV no Festival Internacional de TV y Cine Histórico Reino de León 2009 para Roberto Enríquez.
- Nomeamento á Mellor actriz protagonista de drama nos I Premios do Público TV para Adriana Ugarte.
- Nomeamento ao Mellor actor español nos Premios CineyMás de TV para Rodolfo Sancho.