Siete Vidas é unha comedia de situación emitida por Telecinco entre xaneiro de 1999 e abril de 2006 cun enorme éxito de audiencia. Superou os 200 episodios emitidos converténdose na serie de ficción española semanal que logrou estar máis tempo en emisión.
O seu elenco inicial estaba formado por cinco actores: Paz Vega (Laura), Javier Cámara (Paco), Blanca Portillo (Carlota), Toni Cantó (David) e Amparo Baró (Sole), sendo está última a única que permaneceu na serie durante tódalas súas temporadas.
A canción da serie estaba interpretada nos seus inicios polo seu autor, Emilio Aragón. Máis tarde pasou a cantala Raimundo Amador, e os encargados de facelo nas últimas temporadas foron o grupo El Canto del Loco.