Saltar ao contido

Jairo Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJairo Iglesias
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1986 Editar o valor en Wikidata (38 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2505262 BNE: XX5465346 Editar o valor en Wikidata

Jairo Iglesias, nado en Santiago de Compostela o 8 de xullo de 1986, é un director de cine galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Realiza a súa primeira montaxe dixital no colexio de La Salle, en 2001, a partir da cal interésase polo cine. Tres anos máis tarde ingresa na Escola de Imaxe e Son da Coruña onde realiza os estudos de imaxe (2004-2006) e realización audiovisual e espectáculos (2006 - ).

En 2005, roda, xunto co actor Tamar Novas, a curtametraxe Retrato; reunindo no equipo a outros actores de prestixio coma María Castro, Sara Casasnovas, César Goldi, Estíbaliz Veiga e Sergio Suárez. A partir da experiencia, funda, xunto con Sara Horta unha pequena produtora homónima á súa primeira curtametraxe.

En 2006, estrea Cicatrices, a súa segunda curtametraxe, onde toca a temática social con nomes no elenco como Isabel Blanco, Estíbaliz Veiga e Xabier Deive. A curta gañou o galardón a Mellor Curtametraxe de Ficción na 5ª edición dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

En maio de 2007 estreou unha nova curta, esta vez rodada integramente en galego, Rosa dos ventos. En 2010 dirixiu o videoclip do tema "Buratos" de Ruxe Ruxe, protagonizado polos membros do grupo así como por Markinhos Drinkin, de Medomedá.[1]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Rosa dos ventos. Director, guionista (2007)
  • Cicatrices. Director, guionista (2006)
  • Retrato. Director, guionista (2005)
  • CICATRICES. Mellor curtametraxe de ficción Mestre Mateo 2006 (2007)
  • Claustrofilia. Premio AVID non te curtes. Curtocircuíto (2006)
  • Llámame. Premio Acción Boiro (2006)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Os Ruxe-Ruxe adiantan o seu disco na web e presentan vídeo". Vieiros. 3 de febreiro de 2010. Consultado o 20 de febreiro de 2020.