Tártaros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tártaros
(en tártaro Татарлар Tatarlar)
Tatar woman XVIII century.jpg
Dona tártara, s. XVIII
Poboación
Poboación total:
6 755 000 [1]
Rexións principais:
Rusia Rusia 5 310 649 (2010)[2]
Flag of Kyrgyzstan.svg Kirguizistán 28 656 (2012)[3]
Flag of Kazakhstan.svg Casaquistán 203 371 (2012)[4]
Ucraína Ucraína 73 304 [5]
Turquía Turquía n/d
Finlandia Finlandia n/d
Estonia Estonia 2 582 [6]
Polonia Polonia 447 [7]
Bielorrusia Bielorrusia 10 146 [8]
Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán 25 900 [9]
Bulgaria Bulgaria 40000
Romanía Romanía 23 935 [10]
Flag of Canada.svg Canadá 2 300 [11]
Flag of the People's Republic of China.svg China 4 890 [12]
Flag of Tajikistan.svg Taxiquistán 18 939 (2000)[13]
Letonia Letonia 3 235
Flag of Uzbekistan.svg Uzbequistán 275 400
Aspectos culturais
Lingua tártaro, ruso e outras linguas na diáspora
Relixión Islam predominantemente sunnitas, con minorías cristiás
Grupos
relacionados
Outos pobos túrquicos
Tártaro (esq.) loitando a cabalo contra un cosaco.

Os tártaros (en tártaro Татарлар Tatarlar) é un nome colectivo que se aplica mongol que habitaba mo noroeste da actual Mongolia np século V. aos pobos túrquicos da Europa Oriental e Siberia. O nome deriva de Ta-ta ou Dada, unha tribo Utilizose por primeira vez para describir aos pobos que dominaron partes de Asia e Europa baixo o liderado mongol no século XIII. Extendeuse o uso despois para incluír a case cualquera invasor nómade de orixe asiática, tanto de Mongolia como do occidente de Asia.

Antes da década de 1920, os rusos utilizaban a palabra Tatar para designar a numerosos pobos, desde os turcos azeríes ás tribos de Siberia. Na actualidade, a maior parte dos tártaros viven no centro e o sur de Rusia (a maioría en Tartaristán).

A finais do século XX supoñían máis de 10 millóns de individuos. Unha bona parte dos tártaros son musulmáns suníes pero tamén hai moitoss tártaros cristiáns ortodoxos. De feito en Tartaristán e, en especial Kazán, alternan as mesquitas con igrexas ortodoxas. En Tartaristán o 55 % da poboación é musulmá, mentres que o resto corresponde na súa maioría a cristiáns ortodoxos.

O dominio ruso supuxo —en boa parte— a súa asimilación e rusificación.

Un paso importante para restablecer o réxime estatal do polo tártaro foi a proclamación da autonomía en 1920. O 30 de agosto de 1990 foi aprobada a Declaración da soberanía estatal da República de Tataristán.

O nome de tártaros, dado aos invasores, extendeuse posteriormente para ser aplicado a outros membros da mesma rama túrquica en Rusia, incluso até o punto de que a maioría dos habitantes da meseta de Asia quedou definida baixo o nome xenérico de Tartaria. Este nome case desapareceu da literatura xeográfica, pero permanece o nome de tártaros no sentido limitado ao que se aludiu máis arriba.

Distribución actual dos tártaros.

Os actuais habitantes tártaros de Eurasia forman tres grandes grupos:

Debido á magnitude das migracións e mesturas entre diferentes pobos e á laxa utilización do adxectivo "tártaro", na actualidader cóntanse como tártaros xentes que van desde o aspecto mongoloide nun extremo até o caucasoide no outro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Joshua Project – Unreached Peoples of the World : Tatar
  2. Портал "Всероссийская перепись населения 2010 года" - Окончательные итоги Всероссийской переписи населения 2010 года :Национальный состав населения Российской Федерации
  3. Национальный статистический комитет Кыргызской Республики: 5.01.00.03 Национальный состав населения
  4. Агентство Республики Казахстан по статистике: Численность населения Республики Казахстан по отдельным этносам на 1 января 2012 года
  5. Ukrayna Dövlət Statistika Komitəsi : 2001 – ci il siyahıya alması
  6. Estonia Statistics : population census of 2000
  7. Cultural Diversity in Central European Urban Spaces : Issues , Methods , and Outcomes of Etnological Studies on Cultural Diversity in Poland (2002 census)
  8. National Statistical Committee of the Republic of Belarus  : NATIONAL COMPOSITION OF POPULATION OF THE REPUBLIC OF BELARUS
  9. Ethnic composition of Azerbaijan 2009
  10. unstats.un.org : 28.3.2002 census of Romania
  11. Statistics Canada, 2006 Census of Population, Statistics Canada catalogue no. 97-562-XCB2006006.
  12. The Tartar ethnic minority in China by 2000 census
  13. MINORITY.TJ - При финансовой поддержке центра ОБСЕ в Душанбе: Национальные меньшинства Таджикистана :Татары, башкиры Таджикистана

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Tártaros

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]