Saltar ao contido

Pezuño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pezuño
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Oposto a
Características
 Atopado no taxon
Identificadores
Freebase/m/025t0pf Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777652987 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 167218
Wikidata C:Commons

Un pezuño[1] é unha unlla moi desenvolvida, composta por queratina, que cobre as dedas dos animais ungulados. Os animais que teñen pezuños camiñan apoiando o seu peso nestes, de aí que sexan denominados dixitígrados, a diferenza dos primates ou os osos, que camiñan sobre a planta do pé, sendo polo tanto plantígrados.

Os membros dos Artiodactyla, como a ovella, a cabra, o veado, o camelo, o gando vacún e o porco, teñen un número par de pezuños, con dous deles moito máis desenvolvidos, polo que se lles chama de pezuño fendido ou partido.

Os Perissodactyla, que inclúen os cabalos ou os rinocerontes, teñen un número impar de pezuños en cada pé. No caso dos équidos soamante conservan un, o pezuño do terceiro dedo.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pezuño.