Estadio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Yankee stadium en Nova York

Un estadio (do grego στάδιον, unha unidade de lonxitude equivalente a 176 metros) é unha infraestrutura que serve para albergar deportes, concertos ou outras actividades. Úsase para varios tipos de deportes ao aire libre que son populares a nivel mundial como o fútbol, o rugby, o béisbol, etc. Os estadios poden influír de maneira moi importante na economía dun país albergando toda clase de eventos deportivos dependendo da capacidade que presentan. Consiste nun campo de grandes dimensións rodeado por unha estrutura deseñada para que os espectadores poidan estar de pé ou sentados vendo o acontecemento. Desde tempos remotos sempre formaron parte da vida cotiá das persoas.

Historia dos estadios[editar | editar a fonte]

O estadio coñecido máis antigo do mundo atópase en Olimpia, no Peloponeso occidental, Grecia, onde os Xogos Olímpicos Antigos tiveron lugar por primeira vez en 776 a. C. Inicialmente foi construído para un só evento, que eran as probas atléticas. Presentaba máis ou menos unha distancia de aproximadamente 190 metros. Roma e Grecia foron as principais civilizacións de Occidente que tivieon noción e coñecemento sobre os estadios.

Aínda que orixinariamente e de forma estrita un estadio debía ter pista de atletismo e ser capaz de albergar competicións dese deporte, na época contemporánea o termo estadio pasou a aplicarse tamén en calquera gran infraestrutura deportiva con graderías e campo central, incluso cubertas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Estadio

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]