Selección de fútbol de Bulgaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bulgaria
Actual campión da Copa do Mundo
Actual campión da Eurocopa
Actual campión da Copa de África
Actual campión da Copa América
Actual campión da Copa Ouro
Actual campión da Copa Asiática
Actual campión da Copa das Nacións da OFC
Na casa
Fóra
Asociación Balgarski Futbolen Sayuz
Confederación UEFA (Europa)
Código FIFA BUL
Alcume Лъвовете (Leóns)
Clasificación FIFA 59 (11 de xuño de 2020)
Clasificación ConIFA {{{Ranking ConIFA}}}
Seleccionador Bulgaria Yasen Petrov
Máis encontros Stiliyan Petrov (105)
Máximo goleador Dimitar Berbatov
Hristo Bonev (48)
Estrea internacional
Austria Austria 6 – 0 Bulgaria Bulgaria
Viena, Austria; 21 de maio de 1924
Maior vitoria
Bulgaria Bulgaria 10 − 0 Ghana
León, México; 14 de outubro de 1968
Maior derrota
España Segunda República Española 0 – 13 Bulgaria Bulgaria
Madrid, España; 21 de maio de 1933
Copa do Mundo
Participacións 7 (primeira en 1962)
Mellor resultado Cuarto lugar (1994)
Eurocopa
Participacións 2 (primeira en 1996)
Mellor resultado Fase de grupos (1996, 2004)

A selección de fútbol de Bulgaria (en búlgaro: Национален отбор по футбол на България, Natsionalen otbor po futbol na Bŭlgariya) é o equipo representativo do país nas competicións oficiais internacionais deste deporte. A súa organización está a cargo da Unión de Fútbol de Bulgaria (Български Футболен Съюз, Balgarski Futbolen Sayuz), pertencente á UEFA. O seu maior éxito é o cuarto lugar conseguido no Mundial de Fútbol de 1994 nos Estados Unidos.

Historia[editar | editar a fonte]

A selección búlgara rexistrou sete participacións na Copa do Mundo. Debutou no Mundial de 1962 en Chile, onde foi eliminada en primeira rolda, situación que se repetiu en 1966, 1970 e 1974.

No edición de 1986 logrou por primeira vez superar a primeira fase, ao clasificarse como terceira no seu grupo, tras empatar con Italia e Corea do Sur, e caer derrotada fronte á Arxentina. En oitavos de final quedou eliminada ante México, o equipo anfitrión.

No Mundial de 1994, con Dimitar Penev como seleccionador, o equipo realizou a mellor actuación da súa historia nun Mundial, conseguindo alcanzar as semifinais do certame disputado nos Estados Unidos. Cun equipo no que destacaban futbolistas como Hristo Stoichkov, Yordan Lechkov, Krasimir Balakov ou Emil Kostadinov, o equipo venceu na primeira fase a Grecia e á Arxentina, e perdeu contra Nixeria, producíndose un triplo empate no Grupo B. Nos oitavos de final derrotou a México e nos cuartos de final á Alemaña capitaneada por Lothar Matthäus, que era a vixente campioa nese entón. O equipo búlgaro perdeu finalmente en semifinais ante Italia por un marcador de 2 a 1 nun partido con polémica.

Ademais participou en dúas Eurocopas, nos anos 1996 e 2004, sen conseguir pasar da primeira fase en ningunha delas.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Rolda Posición PJ PG PE PP GF GC
Uruguai 1930 Sen participación
Italia 1934
Francia 1938
1950 Non se clasificou
Suíza 1954
1958
Chile 1962 Primeira rolda 15° 3 0 1 2 1 7
Inglaterra 1966 Primeira rolda 15° 3 0 0 3 1 8
1970 Primeira rolda 13° 3 0 1 2 5 9
Alemaña 1974 Primeira rolda 12° 3 0 2 1 2 5
1978 Non se clasificou
España 1982
1986 Oitavos de final 15° 4 0 2 2 2 6
Italia 1990 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
1994 Semifinals 7 3 1 3 10 11
Francia 1998 Primeira rolda 29° 3 0 1 2 1 7
2002 Non se clasificou
Alemaña 2006
2010
2014
2018
Qatar 2022 Por disputarse
Total 7/22 33° 26 3 8 15 22 53

Eurocopa[editar | editar a fonte]

Ano Rolda Posición PJ PG PE PP GF GC
Francia 1960 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
España 1964 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Italia 1968 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Bélxica 1972 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Iugoslavia 1976 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Italia 1980 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Francia 1984 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Francia 1988 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
1992 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Inglaterra 1996 Primeira rolda 11° 3 1 1 1 3 4
BélxicaPaíses Baixos 2000 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Portugal 2004 Primeira rolda 16° 3 0 0 3 1 9
AustriaSuíza 2008 Non se clasificoi 0 0 0 0 0 0
PoloniaUcraína 2012 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Francia 2016 Non se clasificou 0 0 0 0 0 0
Unión Europea 2020 Por Disputarse 0 0 0 0 0 0
Total 2/16 20° 6 1 1 4 4 13

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]