Dimitar Penev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Penev
Información persoal
Nome Dimitar Penev
Nacemento 12 de xullo de 1945
Lugar de nacemento Mirovyane
Posición defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1962–1964 Lokomotiv Sofia 35 (1)
1964–1977 CSKA Sofia 329 (24)
Total 364 (25)
Selección nacional
1964–1977 Bulgaria 90 (2)
Adestrador
1977–1979 Dimitrovgrad
1983–1985 Al-Yarmouk
1985–1990 CSKA Sofia
1989 Bulgaria
1991–1996 Bulgaria
1997 Al Nassr
1998 Spartak Varna
1998–2000 CSKA Sofia
2003 Liaoning
2007 Bulgaria
2008–2009 CSKA Sofia
2011–2012 CSKA Sofia
Na rede
FIFA: 76175 UEFA: 42410 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Dimitar Dushkov Penev (en búlgaro: Димитър Душков Пенев), nado en Mirovyane, Bulgaria, o 12 de xullo de 1945, é un exfutbolista e exadestrador búlgaro. Considerado como un dos mellores defensas búlgaros da historia, militou durante case toda a súa carreira no CSKA Sofia, co que acadou numerosos títulos. Foi 90 veces internacional coa selección de Bulgaria, coa que disputou tres Copas do Mundo (1966, 1970 e 1974).[1][2] Recibiu dúas veces o premio ao futbolista búlgaro do ano, en 1967 e 1971.

Como adestrador dirixiu en varias ocasións o CSKA Sofia, gañando 12 títulos, e tamén en varias etapas á selección búlgara, coa que alcanzou as semifinais do Mundial de 1994.

É tío do exfutbolista e adestrador Lyuboslav Penev.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou como futbolista no Lokomotiv Sofia, onde militou durante dúas tempadas entre 1962 e 1964, gañando na última delas a liga búlgara. A continuación fichou polo CSKA Sofia, club no que militou durante o resto da súa carreira, ata 1977, acumulando 411 partidos e 30 goles. Gañou sete títulos de liga e cinco Copas de Bulgaria co club durante ese período, no que ademais alcanzou as semifinais da Copa de Europa na edición de 1966/67, caendo contra o Inter de Milán de Helenio Herrera.[3] Foi elixido Futbolista Búlgaro do Ano en 1967 e 1971.

Tras colgar as botas comezou a súa carreira como técnico no Dimitrovgrad. En 1985 comezou un período de cinco anos á fronte do CSKA Sofia, no que gañou tres ligas, tres Copas de Bulgaria e tres Copas do Exército Soviético, ademais da primeira edición da Supecopa de Bulgaria. Os seus logros co club valéronlle o nomeamento como adestrador da selección de Bulgaria, cargo que ocupou brevemente en 1989 e máis tarde dende 1991 ata 1996, clasificando o equipo para a Mundial de 1994. O equipo búlgaro realizou o mellor Mundial da súa historia, alcanzando as semifinais, onde foi eliminado pola Italia de Arrigo Sacchi.

Posteriormente pasou polos bancos do Al Nassr de Arabia Saudita, o Spartak Varna, de novo o CSKA e o Liaoning chinés. En 2007 foi nomeado seleccionador de Bulgaria por segunda vez. O seu balance total como seleccionador búlgaro foi de 55 partidos, con 25 vitorias, 15 empates e 15 derrotas.[4] Máis tarde adestrou durante dúas etapas máis o CSKA, ata 2012.[5]

Como adestrador destacou pola súa confianza nos futbolistas novos, facendo debutar nos seus equipos a numerosos talentos, entre eles Hristo Stoichkov, Emil Kostadinov, Lyuboslav Penev, Martin Petrov, Stiliyan Petrov ou Dimitar Berbatov.

É presidente de honra do CSKA Sofia e do modesto Nottingham United FC.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Lokomotiv Sofia
CSKA Sofia
  • Liga búlgara (7): 1965/66, 1968/69, 1970/71, 1971/72, 1972/73, 1974/75, 1975/76.
  • Copa de Bulgaria (5): 1964/65, 1968/69, 1971/72, 1972/73, 1973/74.
Individual

Como adestrador[editar | editar a fonte]

CSKA Sofia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dimitar Penev - International Appearances". rsssf.com (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  2. "Dimitar PENEV". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de xullo de 2012. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  3. "Inter 1 - 0 CSKA Sofia". besoccer.com (en castelán). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  4. "Това е Димитър Пенев" (en búlgaro). 15 de abril de 2007. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  5. "за главен мениджър" (en búlgaro). 6 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2009. Consultado o 1 de abril de 2022. 
  6. "Penev Becomes Nottingham United President!" (en inglés). Novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2010. Consultado o 1 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]