Señor, A Baña, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Señor
ParroquiaA Baña
ConcelloA Baña
Coordenadas42°57′05″N 8°45′24″O / 42.9514, -8.7568Coordenadas: 42°57′05″N 8°45′24″O / 42.9514, -8.7568
Poboación60 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

Señor é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Atópase na ladeira dun monte de pendente suave descendente en dirección noroeste. É o núcleo máis ao sur da parroquia.

Demografía[1][editar | editar a fonte]

Tiña 60 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 28 eran homes e 32 eran mulleres. No 2009 eran 66 habitantes: 33 homes e 33 mulleres.

Paisaxe[1][editar | editar a fonte]

Distínguense dúas zonas edificadas, unha concentrada tradicional e outra dispersa non tradicional. Na zona concentrada predomina a casa rural de pedra mais debido ao seu estado a maioría viven en casas novas ou tipo chalé. Na zona dispersa predominan estas últimas.

Existen 14 hórreos catalogados, algúns nun mal estado de conservación.

Nas zonas máis próximas ás vivendas encontranse pequenas hortas, árbores froiteiras e vides, ademais de milleirais e pastos. A maior distancia pódense atopar piñeiros, carballos, castaños e eucaliptos.

Servizos urbanísticos[1][editar | editar a fonte]

Servizo Tipo
Abastecemento de auga Traída e pozo de barrena
Saneamento Pozo negro
Electricidade SI (Cables aéreos)
Iluminación pública SI
Telefonía SI
Recollida lixo SI
Transporte SI (Escolar)

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Baña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña)

A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso

Parroquias da Baña[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

  1. 1,0 1,1 1,2 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).