Fampousa, A Baña, A Baña
| Fampousa | |
|---|---|
| Parroquia | A Baña |
| Concello | A Baña |
| Coordenadas | 42°57′15″N 8°46′20″O / 42.9542, -8.7722 |
| Poboación | 31 hab. (2016) |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Fampousa é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Sitúase na ladeira dun monte de pendente acusada. Linda ao norte con Vilarnovo e Canlís e ao leste con Salvande.
Demografía
[editar | editar a fonte]Tiña 31 habitantes no ano 2016 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 13 eran homes e 18 eran mulleres. No 2009 eran 45 persoas rexistradas: 24 homes e 21 mulleres.
Paisaxe[1]
[editar | editar a fonte]Núcleo tradicional concentrado, se ben atópanse algunhas vivendas separadas. No núcleo tradicional alternanse vivendas novas con casa rural de pedra bastante deteriorada.
Existen 9 hórreos catalogados, algún nun mal estado de conservación.
Pequenas hortas e froiteiras nas inmediacións das vivendas. É unha zona de gando ovino con parcelas a pastos e tamén a milleiras. Xa máis afastados hai carballos, piñeiros e eucaliptos.
Servizos urbanísticos[1]
[editar | editar a fonte]| Servizos | Tipo |
|---|---|
| Abastecemento auga | Minas e pozo de barrena |
| Saneamento | Pozo negro |
| Electricidade | Si |
| Iluminación pública | Si |
| Telefonía | Si |
| Recollida lixo | Si |
| Transporte | Non |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "PXOM A BAÑA - ESTUDO MEDIO RURAL" (PDF).
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares da Baña
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña) | |
|---|---|
|
A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso |