Saltar ao contido

San Salvador, A Baña, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Salvador
ParroquiaA Baña
ConcelloA Baña
Coordenadas42°58′11″N 8°46′19″O / 42.9696, -8.7719
Poboación9 hab. (2016)
editar datos en Wikidata ]

San Salvador é un lugar da parroquia da Baña no concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2016 tiña nove habitantes (tres homes e seis mulleres), catro menos ca en 2009 (cinco homes e oito mulleres nese ano).

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O topónimo San Salvador (do latín Sanctus Salvator)[1] é un haxiotopónimo referido a Xesús de Nazaret, e débese á presenza no lugar dunha ermida baixo dita advocación. Celébrase a festa do santo o 6 de agosto.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Sitúase na ladeira dun monte de forte pendente descendente en dirección leste. Linda con Liñares ao norte. Trátase dun núcleo non tradicional disperso de vivendas vinculadas a estrada A Baña - Carballeira.[2] Catalogáronse cinco hórreos. Os cultivos presentes son pequenas hortas, froiteiras, vides nas zonas máis próximas ás vivendas e pastos, milleirais, eucaliptos e piñeiros nas máis afastadas.

  1. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4. 
  2. "PXOM A Baña - Estudo medio rural" (PDF). 

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares da Baña

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia da Baña no concello da Baña (A Coruña)

A Cachopiña | Canlís | A Castiñeira | O Castro | Fampousa | Guende | Liñares | Meán | Paredes | Salvande | San Salvador | San Vicenzo | Señor | Vesía | Vilariño | Vilarnovo | Xasoso

Parroquias da Baña

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)